Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

O pasado venres 7 de Xuño un dos grupos do obradoiro de radio do IES Parga Pondal achegouse ao IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela para a entrega dos VI Premios de podcast escolar O Vello dos Contos.

O grupo, formado polas alumnas de 1º da ESO Adela Baldomir, Dafne Cantelar, Nerea Collazo, Carla Picos, Celtia Vázquez e Laura Villares, resultou finalista e recolleu o seu premio de mans do Secretario Xeral de Política Lingüística e do Presidente da RAG.

O podcast presentado trata da relación de Luisa Villalta coa música a través da súa obra literaria. En menos de cinco minutos, fai unha revisión dos diferentes xéneros que traballou a escritora homenaxada no Día das Letras Galegas e descobre como a música é o fío condutor de todos eles

Ligazón para escoitar: https://go.ivoox.com/rf/130248417