Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Deportes

O pasado mércores día 25 de setembro, o alumnado de 3º ESO acudiu a Razo para practicar surf dentro dunha actividade promovida polo departamento de educación física do noso centro.
Esta actividade está apoiada polo Concello de Carballo (@carballomola), coordinada pola Federación Galega de Surf (@fgsurf), impartida por Art Surfcamp (@artsurfcamp) e se enmarca dentro do proxecto "Rede de pobos do surf".
Case 40 alumnas e alumnos do centro ocuparon a mañá gozando do mar, as ondas e tamén tomando conciencia do coidado da contorna. Foi unha xornada de convivencia acompañada dunhas condicións ideais para iniciarse nesta disciplina.
Queremos dar un agradecemento especial aos monitores da escola Art Surf Camp que nos brindaron un trato espléndido e deixáronnos con ganas de repetir experiencia

 

Queremos informar que o departamento de educación física, organiza de novo, o torneo de fútbol sala. O prazo de inscrición está xa aberto así que podedes anotarvos na conserxería.

Tedes as bases tanto na páxina web do centro como nesta publicación