A matrícula de ESA e bacharelato de adultos será do 1 ao 15 de setembro.
Poden consultar a información desas ensinanzas e da Aula Mentor no seguinte arquivo.
Proceso de matrícula
O proceso para para realizar a matrícula consiste en:
1º Contactar co administrador para consultar a dispoñibilidade de prazas no curso elixido.
2º Realizar un ingreso inicial de 48€ (válido para dous meses de curso*) no nº de conta:
ES63 2080 0019 5231 1000 0224 de ABANCA a nome da AULA MENTOR CARBALLO (Antes de realizar ningún pago é necesario contactar co administrador)
3º Entregar na aula Mentor o formulario de matrícula (pdf) xunto co recibo de pagamento emitido polo banco e unha fotocopia do DNI.
Para facer a matrícula non é necesario desprazarse ó centro. Basta con enviar a documentación escaneada por correo electrónico a carballo@aulamentor.es, pero é importante consultar antes a dispoñibilidade do curso co administrador.
Unha vez enviada a documentación, o alumno recibirá un correo con todo o necesario para comezar o curso.
Período de matrícula
Na aula Mentor non existe período de matrícula. É posible matricularse en calquera momento do ano (salvo o mes de agosto).
Prezos
O prezo mensual de cada curso é de 24€, con todo, ao comezar un curso é necesario matricularse como mínimo de dous meses. Non hai límite de tempo para finalizar o curso, e o alumno pode prorrogar o período inicial de matrícula até cando desexe a un prezo de 24€ mensual. A cota mensual inclúe o dereito de atención tutorial (independentemente de que o alumno realice o curso no centro ou no seu domicilio), unha conta de correo electrónico e a utilización da aula para a realización do curso.
O alumno non debe pagar máis taxas: Nin por dereitos de exame nin de ningún outro tipo, salvo os derivados dos materiais necesarios para o seguimento dalgúns dos cursos.
(*) Nos cursos de 30 horas ou menos está permitido facer matrículas dun único mes.