Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Xa escolliches optativas para o próximo curso?
MÉTODOS ESTATÍSTICOS E NUMÉRICOS
Xa escolliches optativas para o próximo curso?
Desde o Departamento de Matemáticas poñémonos en contacto contigo para informarche das vantaxes de cursar a materia de Métodos Estatísticos e Numéricos en 2º de Bacharelato
Departamento de Matemáticas
Que son os Métodos Estatísticos? 

Con Métodos Estatísticos aprenderás técnicas de recolección, reconto, presentación, descrición e análise de datos. Tamén a comprobar a validez de certas hipóteses ou investigar relacións de causalidade entre determinados fenómenos. Por este motivo o 100% das carreiras científicas inclúen unha ou varias materias relacionadas con esta optativa: Bioloxía, Física, Química. Ao igual que moitas outras da área da saúde coma Medicina ou Psicoloxía.

E os Métodos Numéricos? 

Os Métodos Numéricos ofreceranche unha nova visión de cómo resolver ecuacións ou como buscar a solución óptima a determinados problemas. A vantaxe destes métodos é que son facilmente implementables nun computador, polo que é habitual que se traten en graos relacionadas coas TIC coma Informática, Economía, Administración y dirección de empresas, e todas as enxeñerías.

Para que me pode servir esta materia? 

Verás un enfoque práctico a moitos dos contidos vistos na materia de Matemáticas o cal servirá de apoio e complemento, axudándoche ademais a mellorar a nota de dita materia.

E cando remate o Bacharelato?

Adquirirás novos coñecementos moi útiles para comezar a estudar moitos graos universitarios. Non só os de tipo científico, técnico ou da saúde senón outros coma Antropoloxía, Criminoloxía, Turismo, ...

Tes pensado matricularte en Matemáticas II?

Cursar esta optativa, ademais de axudarche a preparar Matemáticas II, completará o temario dunha nova materia de modalidade máis: Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II, á que te poderás presentar nas probas de acceso á Universidade, na parte voluntaria, podendo subir así a nota de acceso ata 2 puntos.

E se quero facer un ciclo formativo?

Tamén pode resultar moi útil se pensas facer un ciclo nas ramas de Administración e xestión, Informática e Comunicacións, Química, Sanidade, ...

Se che queda algunha dúbida contacta coa túa profesora ou profesor.

 
image.jpg IES ISIDRO PARGA PONDAL
 DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS