Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Información

As familias do alumnado que solicite transporte escolar gratuíto para o próximo curso ten toda a información ao respecto na Instrución conxunta 1/2024 sobre a xestión do servizo de transporte de escolares. O documento é extenso, pero posiblemente a maioría das dúbidas que teñan as familias pódense resolver lendo as seguintes partes:

-Usuario/a con dereito ao servizo: páxina 2, párrafo 4.

-Perda da condición de persoa usuaria con dereito: páxina 3, párrafo 3.

-Usuario excepcional (por exemplo, alumnado que vive a menos de 2 Km do centro): páxina 5, párrafo 5 e páxina 6 párrafo 6.

-Peticións de modificacións dos itinerarios e de introducións de novas paradas: páxina 8.

-Utilización excepcional de dúas paradas por un/ha mesmo/a usuario/a: páxina 17, párrafo 5 e seguintes.

LIBROS DE TEXTO

No seguinte documento adxunto pódense consultar os libros de texto e outro material curricular para o curso 2024-2025 para cada un dos niveis educativos: LIBROS DE TEXTO 2024-2025

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

A publicación de listaxes provisionais farase o 12 de xullo. A información colocarase no taboleiro da entrada do instituto.

As listaxes definitivas publicaranse o 26 de xullo da mesma maneira.

Os libros do fondo solidario serán entregados ao alumnado durante a primeira ou a segunda semana de clase (o inicio das clases é o 11 de setembro).

 

Xa se poden presentar as solicitudes para o fondo de libros e o cheque para material escolar. O prazo é desde 21 de maio ata o 21 de xuño.

Información

Documentos para a solicitude (anexos I e II) -tamén se poden recoller impresos no centro-

Os documentos pódense entregar no centro ou mediante a sede electrónica

 

Documentación a presentar:

-Anexos I e II cubertos.

-Fotocopias de todas as páxinas cubertas do libro de familia e orixinal.

 

O alumando de 2ºESO A/B vai hoxe, 24 novembro, a ver a obra de teatro “Golpes” na Biblioteca Rego da Balsa, dentro do plan Proxecta+.
O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixo do currículo e os elementos transversais, nos que se inclúe a educación en valores.
Golpes é unha peza teatral contra a violencia machista a cargo da compañía de teatro Aantena protagonizada por Estíbaliz Veiga. Esta obra busca que os espectadores identifiquen os índices sociais de desigualdade latente entre homes e mulleres así como as diferentes formas e caras da violencia de xénero.
#proxecta+ #stopviolenciamachista

Para a conmemoración do 25 N, o día para a ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, o alumnado da materia Proxecto Competencial dos cursos 1º, 2º e 3º ESO, traballaron durante varias sesións, na análise e reflexión sobre aquela música na que claramente non había, nin hai, unha perspectiva feminista.
E por iso, van ler hoxe aos seus compañeiros un manifesto ademais de ensinarlles os traballos que estiveron a facer na que podedes consultar aquí un fragmento.
#proyectocompetencial #25n #stopbulling #noalaviolencia

O martes 12 de decembro de 18:00 a 20:00 terá lugar no noso centro escolar un obradoiro presencial gratuíto sobre TECNOLOXÍA, SAÚDE E CONVIVENCIA para familias e docentes a cargo de Antonio Rial Boubeta, Doutor en Psicoloxía Social e Profesor da USC e investigador.

O uso das TRIC (Tecnoloxías das Relacións, a Información e a Comunicación), adoita traer consigo serios problemas a nivel emocional e de convivencia, especialmente nun período vital tan crítico como é a adolescencia. A tiranía do selfie e o imperio de Instagram, o boom dos gamers, youtubers e influencers amósanos unha nova xeración de mozas e mozos sorpresivamente menos felices, con máis dificultades para relacionarse, para aceptarse a sí mesmas ou para adquirir valores e competencias básicas no seu desenvolvemento como persoas.

Neste obradorio o profesor Antonio Rial, exporá datos reveladores a este respecto e convidaranos a reflexionar como comunidade, proporcionando pautas realmente útiles para o día a día.

#obradorio #educacion #tecnologia

portada presentación

Este mércores 15 de novembro, ás 19:00h, o Pazo da Cultura de Carballo acolle unha xornada formativa para familias e profesionais do mundo do ensino sobre como as pantallas afectan ao cerebro d@s nosas crianzas. Organizada polo Centro de Formación e Recursos do Profesorado de A Coruña (CFR @cfracoruna), e coa colaboración da Asociación Vieiro (@vieiroasociacion) e o Concello carballés (@carballomola), María Couso (licenciada en Pedagoxía, analiza as consecuencias cognitivas do uso das pantallas (tv, teléfonos, tabletas…) nos primeiros anos de vida.

Couso é a creadora do Playfun Learning (@play.funlearning) e é autora do libro “Cerebro, Infancia e xogo”.

Estades todos convidados. Non se require reserva previa e é gratuíto.

formación

O alumnado de 4ºESO interesado en cursar ciclos medios de formación profesional, vai acudir hoxe ao Recinto Feria Internacional Abanca de Silleda para ver o Galicia Skills 2023.

Organizado pola Dirección Xeral de Formación Profesional, Galiciaskills 2023 pretende darlle unha maior proxección e difusión á formación profesional que se imparte en Galicia.

Así, este ano celebran o 7º Campionato Galego de Formación Profesional que é un campionato eminentemente práctico, consistente no desenvolvemento de 27 competicións relacionadas coas especialidades de formación profesional, nas que o alumnado participante porá a proba as súas destrezas a través da realización de diversas probas de habilidades e coñecementos vinculadas a súa área de formación.

Ademais das competicións oficiais, desenvolveranse simultaneamente 8 competicións en formato exhibición para alumnado de ciclos formativos e 4 competicións destinadas a alumnado de programas formativos básicos.

No noso caso acudimos participando có alumno Gonzalo Cancela Mariño de 2º do Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede, acompañado do seu profesor Diego Terrón na competición de “TI Administración de sistemas en rede”. Participarán todo o mércores e o xoves pola mañá sendo o venres a entrega de premios. Queremos desexarlle desde aquí moita sorte!!

#galiciaskills #fp #formacionprofesional #asir

Gonzalo

Gonzalo participando