Achégase a relación de alumnado para a proba libre ESO convocatoria de setembro 2018, e a relación do alumnado con exención de lingua galega e con idioma francés.
Achégase como adxunto a listaxe dos admitidos na 1ª adxudicación ordinaria no ciclo superior "Administración de Sistemas Informáticos en Rede"
Máis información en: http://www.edu.xunta.es/fp/node/13647
As probas celebraranse en sesión de mañá e tarde o 7 de setembro.
Das 9.30 ás 12.00 - ámbito científico-tecnolóxico
Das 12.15 ás 13.15 - ámbito social
Das 16.00 ás 19.00 - ámbito de comunicación
O chamamento comenzará 30 minutos antes.
Os noso alumnado de diúrno obtivo un 100% de aprobados na ABAU 2018, cunha nota media no bacharelato de 7,67 e na ABAU de 6,264; destacando nas modalidades de ciencias e das humanidades.
Anímate a facer un Ciclo Superior de éxito no IES Isidro Parga Pondal.
O CS Administración de Sistemas Informáticos en Rede impártese no Centro con moito éxito desde fai 18 anos.
+ INFO sobre o Ciclo: http://www.edu.xunta.es/fp/ciclo%252FSIFC01
+ INFO sobre o proceso de admisión: http://www.edu.xunta.es/fp/node/13647
O prazo de presentación de solicitudes - no periodo ordinario - empeza o 28 de xuño e remata o 3 de xullo.
ANIMATE!
Achégase listaxe de admitidos para o curso 2018/2019.
Hoxe no IES Isidro Parga Pondal ás 17.30h e ás 19.00h, na aula multimedia.
CONTIDO DO KEYNOTE:
Achégase
En atención á lexislación reguladora do proceso de admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos (Decreto 254/2012 do 13 de decembro e Orde do 12 de marzo de 2013 modificada por Orde do 25 de xaneiro do 2017) comunicamos que:
Ao ser a demanda de prazas inferior á oferta existente, todos os solicitantes dos niveis educativos quedan admitidos e antes do 25 de abril procederase, sen máis trámites, a publicarse a listaxe pública provisional de todos eles.
Lembramos, en calquera caso, que os solicitantes admitidos deberán formalizar a matrícula no centro educativo entre o 25 de xuño e o 10 de xullo (ESO e Bacharelato).
RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2018 (DOG Nº 16 do 23 de xaneiro de 2018)
Prazos de matrícula:
Convocatoria de maio: do 12 ao 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.
Convocatoria de setembro: do 2 ao 9 de xullo de 2018, ambos os dous incluídos. As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.
As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos que se especifican no punto 3 ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado (código de procedemento ED540A)que figura como anexo I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.