Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Bioloxía e Xeoloxía

O 30 de outubro, o alumnado de 4ºESO PDC e de 1 de bacharelato (das materias de bioloxía e anatomía), acudiu a visitar o museo Domus de A coruña, nunha excursión programada polo departamento de bioloxía

Nesa visita, puideron facer unha disección dun corazón de porco guiados en todo momento por unha das monitoras do museo (agradecerlle a Sandra o traballo feito) onde puideron comprender o seu funcionamento e ver as súas partes

Asemade, tiveron tempo para visitar o resto das salas e divertirse aprendendo e incluso viron un documental sobre a posibilidade da vida noutros planetas.

En definitiva, una excursión do máis produtiva.

 

 

O 30 de outubro, o alumnado de 4ºESO PDC e de 1 de bacharelato (das materias de bioloxía e anatomía), acudiu a visitar o museo Domus de A coruña, nunha excursión programada polo departamento de bioloxía

Nesa visita, puideron facer unha disección dun corazón de porco guiados en todo momento por unha das monitoras do museo (agradecerlle a Sandra o traballo feito) onde puideron comprender o seu funcionamento e ver as súas partes

Asemade, tiveron tempo para visitar o resto das salas e divertirse aprendendo e incluso viron un documental sobre a posibilidade da vida noutros planetas.

En definitiva, una excursión do máis produtiva

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo resumo da excursión feita polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía coa colaboración de profesores do Departamento de Galego e do Departamento de Xeografía e Historia feito durante a semana do 1 ao 7 de abril.

Nesta viaxe visitaron o Parque Nacional de Monfragüe (Cáceres) e o Parque Nacional de Doñana (Huelva), pernoctaron nunha “Casa Rociera” na propia aldea do Rocío, ollaron a “Gruta das Marabillas” de Aracena e as espectaculares minas de Ríotinto e por último, tiveron unha visita guiada en Sevilla e acudiron a “Isla Mágica”, un parque de ocio e temático.

Unha viaxe para o recordo

Os días 29 de abril e 3 de maio, o departamento de Bioloxía organiza un obradoiro en colaboración coa asociación Amabul sobre especies invasoras.

Amabul é unha Asociación medioambiental que procura mellorar a contorna coa axuda da pedagoxía ambiental.

Así, o alumnado de 4ºA-B-C de Bioloxía, 4ºESO de Proxecto competencial, 1ºBAC A-B de Bioloxía, 1ºESO B-D e 3ºPDC axudarán a montar unha exposición na entrada do centro chamada “Unha ameaza chegada dun espazo exterior”, que é unha exposición itinerante, creada coa financiación da Deputación da Coruña, que trata a problemática da flora exótica invasora no curso medio dos ríos galegos, procurando sensibilizar, educar e motivar cara a acción ambiental responsable no eido das invasións biolóxicas provocadas pola flora alóctona.

A continuación, despois terán unha serie de charlas con eles.

Aquí vos deixamos un pequeno resumo, da charla que tivo lugar o pasado 15 de abril, a cargo de o estudante de TFG Javier Carballeira da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña sobre pradeiras mariñas, a súa importancia ecosistémica e socioeconómica, as súas ameazas e algunhas posibles solucións.

Tamén vos deixamos unha ligazón ao periódico La Voz de Galicia que se fixo eco da nosa charla https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/carballo/2024/04/16/espina-bifida-lucho-formarse-ansia-docente/0003_202404C16C4995.htm

#voznatura #udc #biología

Hoxe, luns 15 de abril, o estudante de TFG Javier Carballeira da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña dará unha charla de 9:20 a 11 horas no noso centro sobre pradeiras mariñas, a súa importancia ecosistémica e socioeconómica, as súas ameazas e algunhas posibles solucións.

Esta actividade forma parte do TFG divulgativo que está a preparar Javier e irá dirixida a todo o alumnado de Proxecto Competencial de 4° de ESO, alumnado que forma parte do Proxecto "Natureza Conectada" que levamos dentro do Programa Voz Natura.

#voznatura #udc #biología

 

O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía coa colaboración de profesores do Departamento de Galego e do Departamento de Xeografía e Historia organiza nesta primeira semana de abril, desde a partida na madrugada deste 1 de abril ata o regreso na mañá do domingo 7 de abril, unha saída con marcado carácter medioambiental para que o alumnado poida coñecer de primeira man dúas xoias emblemáticas do conservacionismo ibérico, como son o Parque Nacional de Monfragüe (Cáceres) e o Parque Nacional de Doñana (Huelva). Teremos a sorte de pernoctar nunha “Casa Rociera” na propia aldea do Rocío, moi preto da marisma, rodeados de natureza nunha contorna privilexiada que amosa un mosaico de ecosistemas (dunas, praia, marisma…) cunha biodiversidade única en Europa. Estaremos, para facernos unha idea, no hábitat natural do lince ibérico e da águia imperial, dúas especies en serio perigo de extinción, e nunha zona que recolle 1300 especies de plantas, algunhas delas endémicas e tamén ameazadas.

Desde o punto de vista xeolóxico ollaremos o impresionante modelado cárstico característico da “Gruta das Marabillas” de Aracena e as espectaculares minas de Ríotinto que nos transportarán ás paisaxes vermellas típicas de Marte sen saír da provincia de Huelva.

Á volta faremos parada con visita guiada en Sevilla, unha cidade con un incuestionable valor histórico-monumental que posúe o casco antigo máis extenso de España e que alberga lugares tan especiais como a “Torre del Oro”, a catedral, que inclúe a Xiralda, e os alcázares. E remataremos a visita á cidade hispalense achegándonos a “Isla Mágica”, un parque de ocio e temático, como broche final a esta experiencia inmersiva que pon en valor o goce e respecto polo do medio natural e o legado monumental, sen deixar de lado o fomento da autonomía e a convivencia por parte do noso alumando. Esperamos pasalo pipa, así que xa vos contaremos!

fda

Novembro é tempo de preparalo todo e poñelo a punto para comezar de novo.
Pero é tamén momento de INVESTIGAR, de coñecer como son as plantas e as súas flores cando as observamos na lupa binocular, de saber que moitos polinizadores ven en ultravioleta, e que favorecer a fauna útil non só axuda na polinización senón que tamén permite o control das pragas.
Saber para conservar toda a nosa biodiversidade.
#RetoInvestigamos  #novembro  #voznatura #accionVozNatura #iesisidropargapondal #youtubeiras

Música de fondo libre de dereitos (CC) extraída de:
https://pixabay.com/users/the_mountain-3616498/
Tema: Emotional piano
Autor: Dmitrii Kolesnikov

 

O próximo mércores 13 de decembro ás 11:40 horas na sala multiusos do noso centro contaremos coa presenza de Martiño Cabana Otero, un recoñecido biólogo e membro da Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT), unha organización sen ánimo de lucro que basea a súa actividade na conservación do patrimonio natural e cultural a través dunha xestión do territorio responsable e sustentable.

A charla, organizada polo departamento de bioloxía, vai dirixida ao alumnado de 4º de ESO que cursa Bioloxía-Xeoloxía e o Proxecto Competencial de 4º, moitos deles colaboradores habituais do Proxecto "Natureza Conectada" que levamos a cabo no centro baixo o Programa de Voz Natura.

Na actualidade, esta asociación realiza e colabora en importantes proxectos como o das microrreservas da flora do Courel, que teñen unha importancia esencial na conservación das orquídeas deste espazo natural, ou o da flora melidense asociada aos solos serpentínicos da zona de Melide. Tamén levan a cabo programas para a protección das colonias de morcegos galegos e colaboran no proxecto Life Oso do Courel.

Se queredes saber máis sobre esta organización premede na seguinte ligazón: https://www.custodiadoterritorio.org/

charla agct