Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía coa colaboración de profesores do Departamento de Galego e do Departamento de Xeografía e Historia organiza nesta primeira semana de abril, desde a partida na madrugada deste 1 de abril ata o regreso na mañá do domingo 7 de abril, unha saída con marcado carácter medioambiental para que o alumnado poida coñecer de primeira man dúas xoias emblemáticas do conservacionismo ibérico, como son o Parque Nacional de Monfragüe (Cáceres) e o Parque Nacional de Doñana (Huelva). Teremos a sorte de pernoctar nunha “Casa Rociera” na propia aldea do Rocío, moi preto da marisma, rodeados de natureza nunha contorna privilexiada que amosa un mosaico de ecosistemas (dunas, praia, marisma…) cunha biodiversidade única en Europa. Estaremos, para facernos unha idea, no hábitat natural do lince ibérico e da águia imperial, dúas especies en serio perigo de extinción, e nunha zona que recolle 1300 especies de plantas, algunhas delas endémicas e tamén ameazadas.

Desde o punto de vista xeolóxico ollaremos o impresionante modelado cárstico característico da “Gruta das Marabillas” de Aracena e as espectaculares minas de Ríotinto que nos transportarán ás paisaxes vermellas típicas de Marte sen saír da provincia de Huelva.

Á volta faremos parada con visita guiada en Sevilla, unha cidade con un incuestionable valor histórico-monumental que posúe o casco antigo máis extenso de España e que alberga lugares tan especiais como a “Torre del Oro”, a catedral, que inclúe a Xiralda, e os alcázares. E remataremos a visita á cidade hispalense achegándonos a “Isla Mágica”, un parque de ocio e temático, como broche final a esta experiencia inmersiva que pon en valor o goce e respecto polo do medio natural e o legado monumental, sen deixar de lado o fomento da autonomía e a convivencia por parte do noso alumando. Esperamos pasalo pipa, así que xa vos contaremos!

fda