Do 9 ao 19 de xaneiro permanecerá aberto o prazo de matrícula para cursar os módulos 2 e 4 da ESPA ( Ensino secundario de persoas adultas). As clases deste 2º cuadrimestre comezarán o luns 5 de febreiro de 2024.
Visita do musicólogo e compositor Abraham Cupeiro á IV Semana da Música
A nosa exalumna Ana Cambón, controladora da Axencia Espacial Europea, impartiu unha charla aos alumnos de bacharelato o pasado mércores 6 de abril.
Ana Cambón: «Na Axencia Espacial Europea nada temos que envexarlle aos americanos»
Os Ciclos Formativos de Formación Profesional impartense en tres modalidades:
1. Réxime ordinario
Este réxime está organizado en dous cursos en quendas de mañá e tarde, segundo o horario establecido polo centro educativo
A asistencia ás clases é obrigatoria.
2. Réxime para as persoas adultas na modalidade presencial
Este réxime está organizado en módulos que se imparten ao longo dos tres trimestres do curso.
A xornada lectiva desenvólvese polo xeral en quenda de tarde-noite.
A asistencia ás clases é obrigatoria.
3. Réxime para as persoas adultas na modalidade semipresencial ou a distancia
Este réxime está organizado en módulos que se imparten ao longo dos tres trimestres do curso.
A asistencia ás titorías e outros eventos formativos presenciais é recomendable, pero non obrigatoria. Si é obrigatoria a asistencia as actividades de avaliación de cada trimestre. Para a realización das actividades a distancia seguiranse as instrucións do titor/a do curso.
Ciclos en Galicia: http://www.edu.xunta.es/fp/folletos-informativos-fp
Tamén podes estudar e traballar ao mesmo tempo coa FP Dual: http://www.edu.xunta.es/fp/formacion-profesional-dual-en-galicia
Atención aos prazos para presentar as solicitudes: http://www.edu.xunta.es/fp/informacion-xeral
Oferta de Formación Profesional en España: http://www.todofp.es/que-como-y-donde-estudiar/donde-estudiar.html
A Consellería de Educación convoca prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2018/19.
Requisitos:
Alumnado que no curso académico 2018/19 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados, situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo.
A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha concreta modalidade dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que:
a) Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade de residencia habitual da unidade familiar á cal pertenza.
b) Tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.
Excepcionalmente, poderán ser eximidos deste requisito os solicitantes nos cales concorran circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas.
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca o programa Iniciativa Xove que consiste en axudas económicas para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, entendidas estas como proxectos liderados pola mocidade de Galicia, que se desenvolvan durante o ano 2018.
A finalidade das subvencións é fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural.
Interrail é un pase que permite viaxar nas compañías participantes de 30 países europeos e tránsito marítimo entre Italia e Grecia, segundo as características da modalidade escollida.
Podedes acceder a páxina mediante este enlace: