Do 9 ao 19 de xaneiro permanecerá aberto o prazo de matrícula para cursar os módulos 2 e 4 da ESPA ( Ensino secundario de persoas adultas). As clases deste 2º cuadrimestre comezarán o luns 5 de febreiro de 2024.
Educación para adultos
Avalación extraordinaria
xuño 2022-2023
Calendario de exames
|
ESA (Módulos 2 e 4)
|
||
|
LUNS 19 |
MARTES 20 |
MÉRCORES 21 |
16:00-18:00 |
|
|
|
18:00-20:00 |
Ámb.Com. (Galego e Castelá) |
Ámb.C/T |
|
20:00-22:00 |
Ámb.Com. (Inglés) |
Ámb.Social |
|
|
BACHARELATO ADULTOS (1º e 2º)
|
||
|
LUNS 19 |
MARTES 20 |
MÉRCORES 21 |
16:00-18:00 |
|
Ling. Galega I e II |
Filosofía |
18:00-20:00 |
Ling. Castelá I e II |
Física
|
Mate. Aplicadas I e II |
20:00-22:00 |
Inglés I e II |
TIC I e II |
|
Visita do musicólogo e compositor Abraham Cupeiro á IV Semana da Música
A nosa exalumna Ana Cambón, controladora da Axencia Espacial Europea, impartiu unha charla aos alumnos de bacharelato o pasado mércores 6 de abril.
Ana Cambón: «Na Axencia Espacial Europea nada temos que envexarlle aos americanos»
A Biblioteca Rebolo organiza un concurso co motivo da celebración do Día Internacional do Libro (23 de Abril)
O Bookface é a arte de fundirse coa portada dun libro.
Trátase de dar a coñecer o teu libro favorito, tratando de encaixar a túa cara con mais ou menos técnica, graza e imaxinación. Pódense empregar tamén outras partes do corpo: mans, pernas, ombros.
QUE PRECISAS? O teu libro favorito e un teléfono móbil
DATOS: Nome e apelidos
ENTREGA: A fotografías deberán ser enviadas por correo electrónico a bibliotecarebolo@gmail.com
DATA LÍMITE: 19 de abril.
Serán publicadas nas redes sociais da Bilioteca e haberá unha exposición no hall do noso centro.
HABERÁ UN PREMIAZO!!!
CATEGORÍA A: Alumnado do Centro dende 1ºESO a 2º Bac, Adultos e Ciclos Formativos
CATEGORÍA B: Resto da Comunidade Educativa do Centro
PREMIOS CATEGORÍA A:
1° premio: libro + cheque regalo de 30 euros
2º premio: libro + cheque regalo de 20 euros
3⁰ premio: libro + cheque regalo de 10 euros
PREMIOS CATEGORÍA B:
1º premio: libro + cheque regalo "relax"
Mais información:
O pasado 10 de maio visitounos Víctor Tilve nunha actividade organizada polo departamento de Matemáticas.
Víctor estudou matemáticas na USC e foi, xustamente durante a carreira, cando se atopou coa Astronomía ao realizar un traballo sobre astrofotografía. Tras esta experiencia, o noso poñente mudou os seus intereses cara a contaminación luminosa, ao comprobar que na súa cidade, Vigo, as estrelas non eran visibles pese a ter unhas condicións climáticas favorables.
A afición de Víctor pola Astronomía foi medrando ata o punto de convertirse tamén na súa profesión. Na actualidade traballa como operador de telescopios no observatorio de Javalambre (Teruel), traballo que combina coa divulgación científica e coa investigación.
Na súa visita Víctor fíxonos unha breve introdución á Astronomía, falounos dos telescopios que emprega no seu traballo (os cales sorprendentemente empregan logaritmos no seu funcionamento) e fíxonos partícipes da problemática que amosa a contaminación luminosa.
Sen dúbida foi unha charla entretida, con imaxes impactantes das estrelas e do universo que nos rodea que nos motivaron para saír nas noites de verán a observar o fermoso ceo que temo sen Carballo.