Desde el año 1963, a instancias del profesor Abuin de Tembra, se celebra anualmente el certamen de Premios Literarios Minerva cuyo ámbito es toda Galicia.
Teñen dúas categorías: poesía e narrativa con 3 premios en metálico en cada categoría (800€, 400€ e 250€), entrega de medalla conmemorativa e publicación das obras galardoadas.
A data límite para anotarse é antes do 15 de xaneiro de 2025.
Tedes toda a información e as bases na seguinte ligazón: https://peleteiro.com/actualidad/premios-literarios-minerva
Desde o EDLG coa colaboración do Departamento de Artes Plásticas e da Biblioteca convocamos por sexto ano consecutivo o Concurso de postais de Nadal.
Gustaríanos que o alumnado do IES Parga Pondal demostrase as súas habilidades artísticas participando neste concurso. Podes consultar as bases aquí
Anímate e participa!
Logo de seren seleccionadas polo xurado entre os seis finalistas, o pasado xoves 24 de outubro, Xulia, Kiara, Raquel e Helena, alumnas de 2° de Bacharelato, pasaron polos estudos de Radio Nordés para gravar a súa versión teatral de Memorias dun Neno Labrego dentro do concurso de Teatro lido do Fiot.
Parabéns polo traballo!!
Informamos das bases doutro concurso, neste caso do IV Coreografíate organizado e xestionado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega nun apoio á música realizada en galego como forma de comunicación e divulgación da lingua e música galega.
Neste caso, a temática é a creación de coreografías con acompañamento de música en galego.
A data límite para anotarse é antes do 15 de novembro de 2024
Tedes más información e as bases na seguinte ligazón: https://bitaculas.as-pg.gal/blog/2024/07/12/iv-coreografiate/
Achegamos as bases do XIV certame "Curtas das AS-PG" que convocan para dúas categorías, público xeral e tamén para os centros de ensino.
Este certame de Curtas é un evento organizado e xestionado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega nun apoio ao audiovisual como forma de comunicación e divulgación da lingua e literatura galega.
No caso da categoría para centros de Ensino, os premios teñen unha dotación económica de:
A data límite para anotarse é antes das 14 horas do 8 de novembro de 2024
Podedes consultar máis información e as bases na seguinte ligazón: https://bitaculas.as-pg.gal/blog/2024/07/05/xiv-certame-de-curtas-da-as-pg/
Dende o EDLG, a Biblioteca e o Departamento de Galego organizamos un concurso literario para conmemorar o vindeiro Día das Letras Galegas.
Neste concurso literário o alumnado do IES Parga Pondal poderá demostrar a súa capacidade para redactar en lingua galega e exercitar a súa imaxinación para crear historias.
Animádevos a participar!
Un xurado, formado por membros do Equipo da Biblioteca, decidiu o alumnado premiado no Concurso de cantigas de Entroido.
CATEGORÍA A:
1º premio: NURIA PENA TRIGO. 2º ESO C.
2º premio: SARAI FRANCO ROJO. 2º ESO D.
3º premio: HUGO NEGREIRA GARCÍA. 2º ESO A.
CATEGORÍA B:
1º premio: DELIA ANTELO SIMÓN. 4º ESO A.
2º premio: CELIA QUEIJO CAMBÓN. 4º ESO A.
3º premio: JULIA GARCÍA VILAR. 4º ESO A.
Parabéns aos gañadores e graciñas a todo o alumnado que participou e que demostrou a súa creatividade e enxeño escribindo cantigas relacionadas co Entroido e coplas satíricas sobre personaxes e temas actuais. Podedes ver unha selección das mellores cantigas nun taboleiro na entrada do instituto.
Tedes acceso ás cantigas gañadoradas na montaxe.
Xa temos o alumnado premiado no Concurso de cartas de amor convocado polo EDLG en colaboración coa Biblioteca e co Departamento de Lingua Galega.
CATEGORÍA A:
1º premio: MARÍA LOBERA LISTA. 2º ESO D.
2º premio: HUGO BARDANCA VILLAVERDE. 2º ESO D.
3º premio: ARANCHA COTELO MUÍÑO. 2º ESO C.
CATEGORÍA B:
1º premio: NOA FRAGA SANDE. 4º ESO A.
2º premio: JULIA GARCÍA VILAR. 4º ESO A.
3º premio: CELIA QUEIJO CAMBÓN. 4º ESO A.
Parabéns aos gañadores!
Graciñas a todo o alumnado que participou e un agradecemento especial ao xurado que tivo unha ardua tarefa na lectura das numerosas cartas e na decisión dos gañadores.
Podedes ler aquí as cartas gañadoras:
Desde o EDLG, o Departamento de Galego e a Biblioteca convocamos por cuarto ano consecutivo o Concurso de cantigas de Entroido.
Gustaríanos que o alumnado do IES Parga Pondal demostrase a súa creatividade e enxeño escribindo cantigas relacionadas co Entroido e coplas satíricas sobre personaxes e temas actuais.
Anímate e participa!
Podes consultar as bases do concurso na imaxe
Dende o EDLG, a Biblioteca e o Departamento de Galego xa estamos pensando nas próximas celebracións. Así que aí vai un concurso de cartas de amor para festexar a Candeloria (o día no que casan os paxariños) e o Día dos namorados.
Animádevos a participar! Esperamos as vosas cartas!
Podedes consultar as bases do concurso na imaxe