Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Lingua Galega

O 15 e o 22 de novembro teremos 3 obradoiros de regueifas organizados polo EDLG do noso centro e o Departamento de Galego en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo.

Estes obradoiros forman parte do Proxecto Enreguéifate (https://enregueifate.gal/) co que se procura impulsar a improvisación oral en verso e contribuír a través dela á promoción da lingua galega

 

Achegamos as bases do XIV certame "Curtas das AS-PG" que convocan para dúas categorías, público xeral e tamén para os centros de ensino.

Este certame de Curtas é un evento organizado e xestionado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega nun apoio ao audiovisual como forma de comunicación e divulgación da lingua e literatura galega.

No caso da categoría para centros de Ensino, os premios teñen unha dotación económica de:

  • 1º Premio: dotado con 900 €
  • 2º Premio: dotado con 400 €
  • 3º Premio: dotado con 200 €

A data límite para anotarse é antes das 14 horas do 8 de novembro de 2024

Podedes consultar máis información e as bases na seguinte ligazón: https://bitaculas.as-pg.gal/blog/2024/07/05/xiv-certame-de-curtas-da-as-pg/

Dende o EDLG, a Biblioteca e o Departamento de Galego organizamos un concurso literario para conmemorar o vindeiro Día das Letras Galegas.
Neste concurso literário o alumnado do IES Parga Pondal poderá demostrar a súa capacidade para redactar en lingua galega e exercitar a súa imaxinación para crear historias.
Animádevos a participar!

Dende o EDLG, a Biblioteca e o Departamento de Galego xa estamos pensando nas próximas celebracións. Así que aí vai un concurso de lapbooks para conmemorar o vindeiro Día do Libro.
Animádevos a participar! Esperamos os vosos lapbooks!

cartel

bases

Un xurado, formado por membros do Equipo da Biblioteca, decidiu o alumnado premiado no Concurso de cantigas de Entroido.

CATEGORÍA A:

1º premio: NURIA PENA TRIGO. 2º ESO C.

2º premio: SARAI FRANCO ROJO. 2º ESO D.

3º premio: HUGO NEGREIRA GARCÍA. 2º ESO A.

gañadores

 

CATEGORÍA B:

1º premio: DELIA ANTELO SIMÓN. 4º ESO A.

2º premio: CELIA QUEIJO CAMBÓN. 4º ESO A.

3º premio: JULIA GARCÍA VILAR. 4º ESO A.

gañadores

 

Parabéns aos gañadores e graciñas a todo o alumnado que participou e que demostrou a súa creatividade e enxeño escribindo cantigas relacionadas co Entroido e coplas satíricas sobre personaxes e temas actuais. Podedes ver unha selección das mellores cantigas nun taboleiro na entrada do instituto.

Tedes acceso ás cantigas gañadoradas na montaxe.

Desde o EDLG, o Departamento de Galego e a Biblioteca convocamos por cuarto ano consecutivo o Concurso de cantigas de Entroido.
Gustaríanos que o alumnado do IES Parga Pondal demostrase a súa creatividade e enxeño escribindo cantigas relacionadas co Entroido e coplas satíricas sobre personaxes e temas actuais.
Anímate e participa!
Podes consultar as bases do concurso na imaxe

 

cartelbases concurso

Dende o EDLG, a Biblioteca e o Departamento de Galego xa estamos pensando nas próximas celebracións. Así que aí vai un concurso de cartas de amor para festexar a Candeloria (o día no que casan os paxariños) e o Día dos namorados.
Animádevos a participar! Esperamos as vosas cartas!

Podedes consultar as bases do concurso na imaxe

cartel

bases concurso

Desde o EDLG coa colaboración do Departamento de Artes Plásticas e da Biblioteca convocamos por quinto ano consecutivo o Concurso de postais de Nadal.

Gustaríanos que o alumnado do IES Parga Pondal demostrase as súas habilidades artísticas participando neste concurso. Podes consultar as bases aquí

bases concurso

 

Anímate e participa!

Os nosos parabéns á alumna Lola Collazo de 3º ESO A por ter acadado un premio accésit no XVI Concurso Literario Rita Suárez Amado (Nivel II de Relato curto), organizado polo IES Eusebio da Guarda da Coruña. 

Animamos a todo o alumnado que teña inquietudes literarias a participar nas próximas edicións.

Deixámosvos unha imaxe da entrega do premio á nosa alumna Lola, celebrada o venres, 18 de xuño no IES Eusebio da Guarda.

Máis información pulsando aquí

Hoxe,17 de maio, celébrase o “Día das Letras Galegas”, recordando que Rosalía de Castro publicou nesa data no ano 1863 a súa obra Cantares Gallegos.

Para celebrar esta conmemoración, no noso instituto quixemos  facer algo diferente implicando a alumnado de diferentes niveis e por suposto a diferentes departamentos.

Nunha serie de tres vídeos presentámosvos a distintos personaxes galegos todos eles relacionados coa nosa  cultura: cantantes, músicos, escritores, loitadoras, empresarios, pintoras, intelectuais, deportistas, actrices, heroínas…en definitiva ilustres personalidades… 

 

 

Os compañeiros  de diúrno e  nocturno caracterizáronse destes misteriosos personaxes e deron  unha serie de datos e pistas  sobre eles. É aí onde comeza o voso traballo, ser quen de adiviñar cada un deles.

Grazas a todo o alumnado participante así como a cada un dos membros da Comunidade Educativa que colaboraron neste traballo. Un recoñecemento especial a todos os profesores que cederon o seu tempo de clase para as gravacións.