Hoxe,17 de maio, celébrase o “Día das Letras Galegas”, recordando que Rosalía de Castro publicou nesa data no ano 1863 a súa obra Cantares Gallegos.
Para celebrar esta conmemoración, no noso instituto quixemos facer algo diferente implicando a alumnado de diferentes niveis e por suposto a diferentes departamentos.
Nunha serie de tres vídeos presentámosvos a distintos personaxes galegos todos eles relacionados coa nosa cultura: cantantes, músicos, escritores, loitadoras, empresarios, pintoras, intelectuais, deportistas, actrices, heroínas…en definitiva ilustres personalidades…
Os compañeiros de diúrno e nocturno caracterizáronse destes misteriosos personaxes e deron unha serie de datos e pistas sobre eles. É aí onde comeza o voso traballo, ser quen de adiviñar cada un deles.
Grazas a todo o alumnado participante así como a cada un dos membros da Comunidade Educativa que colaboraron neste traballo. Un recoñecemento especial a todos os profesores que cederon o seu tempo de clase para as gravacións.