O próximo 26 de abril de 2018 é o Día Internacional das rapazas nas TIC. O Centro de Supercomputación de Galicia súmase ao Día co programa que atoparedes na seguinte páxina.
Para participar: FORMULARIO
Os obradoiros teran lugar na Casa da Xuventude: R/. Valle Inclán, 24. Poden apuntarse todos os xóvenes que estén interesados/as. Con enviar un email a espazoxovecarballo.xuventude@xunta.es co nome, apelidos, idade e un email ou teléfono de contacto xa quedas anotado/a.
Ofertanse os seguintes obradoiros:
OBRADOIRO MURALISTA
Técnicas de muralismo para xovenes. Elaboración de un mural en instalación do Espazo Xove. Tódolos lúns de Abril a Maio de 2018. De 17,30 horas a 19,30 horas.Comezo LUNS 9 DE ABRIL
OBRADOIRO MÚSICAS URBANAS
O alumnado aprenderá a traballar de forma creativa con ferramentas de son, programas de composición dixitais e instrumentos DJ. Enfocado dende as bases das músicas urbanas (Rap, Dubstep, Funky e Reggae). Imparte Dj Jas Processor. Tódolos luns de Abril, Maio e Xuño. De 17,30 h. a 19,30 h. Comezo LUNS 9 DE ABRIL
OBRADOIRO DE TEATRO
Técnicas de mimo e clown. Expresividade, improvisación, traballo de elenco, creación individual e grupal. Tódolos mércores de Abril. De 18,00 horas a 20,00 horas. Comezo MÉRCORES 18 DE ABRIL
OBRADOIRO DE ORATORIA E TÉCNICAS PARA FALAR EN PÚBLICO
Perda do medo a falar en público. Expresión verbal. Manexo da voz. Presentación de temas, exposición e linguaxe corporal. Tódolos xoves de Abril. De 17,30 horas a 19,30 horas. Comezo XOVES 12 DE ABRIL
A Fundación Montemadrid presenta as bases para a nova edición da convocatoria "Generaciones", un proxecto que desde o ano 2000 mostra as diferentes canles de creación nos que traballan os novos artistas residentes no noso país.
A DOCE é un espazo para a arte situada en Boiro (A Coruña) beneficiario das Axudas Injuve á Creación 2017 na modalidade de emprendemento. Ten unha programación estable de actividades, como talleres para nenos e adultos, ademais de ser un espazo de coworking, tenda e galería.
Co obxectivo de dar apoio á creación emerxente, A DOCE abre convocatoria para o programa Residencias na DOCE 2018 tanto na modalidade de investigación como de produción de obra.
A Consellería de Educación convoca os premios extraordinarios de bacharelato para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2017-2018 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia.
A Universidade de Santiago organiza o concurso Explícoche Matemáticas 2.0 a través da Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas, cuxo obxectivo é promover a utilización do galego como medio de transmisión das matemáticas e estimular a creatividade do alumnado cos medios audiovisuais.
Neste curso impartense clases de inglés, que permitirán seguir un curso de inmersión lingüística en inglés organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo.