Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

O  xoves 20 de xuño celebrarase o “1º Festival Xuventude” do IES Parga Pondal que poderá desfrutar todo o alumnado de 1º ESO.
A organización deste evento, forma parte dun proxecto de clase dentro da materia Proxecto Competencial nos cursos 1º, 2º e 3º ESO. Para a creación de dito festival, o alumnado encargouse de toda a organización, loxística e promoción. Dende o deseño e creación do cartel, a promoción en redes sociais e radio ou a presentación das actuacións e exposicións musicais, ata a creación de diversos obradoiros e stands de ocio ou xogos deportivos. Nesta zona podemos atopar postos de pulseiras, trenzas, tatuaxes, xogos, retos deportivos... e proxectos realizados por outros estudantes como os cubos de realidade aumentada. Ademais, algúns estudantes tiveron que liderar postos de vixilancia ou seguridade, facer de guías para os asistentes ou mesmo repartir e validar os tíckets de acceso.
O festival comezará ás 9h e rematará arredor das 13h coas actuacións dos grupos de Baile galego e Pandeireta que ensaian nos recreos, actividades que se enmarcan dentro dos patios inclusivos que organiza o instituto ao longo de todo o curso. Tamén haberá unha pequena actuación do Coro do profesorado do propio centro e actuacións musicais por parte do alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato da materia de Música.
Tedes na imaxe un pequeno esquema de como van ser as diferentes estacións.