IES Isidro Parga Pondal

Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

O 14 de xuño, no Pazo da Cultura de Carballo, celebrouse a cerimonia de graduación de 2º de Bacharelato. Foi un acto cheo de emoción, con discursos, música, baile e unha sala ateigada de xente. Noraboa a todo o alumnado que se graduou!

 

 

O departamento de mediación organizou hoxe unha viaxe como premio pola labor realizada durante todo o curso ao alumnado integrante da mesma.

Así, entre outras actividades irán ao Urban Planet en Oleiros (A Coruña), comerán pola cidade e terán tempo de lecer ata ás 18:00 que retornarán ao centro.

 

O pasado venres 7 de Xuño un dos grupos do obradoiro de radio do IES Parga Pondal achegouse ao IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela para a entrega dos VI Premios de podcast escolar O Vello dos Contos.

O grupo, formado polas alumnas de 1º da ESO Adela Baldomir, Dafne Cantelar, Nerea Collazo, Carla Picos, Celtia Vázquez e Laura Villares, resultou finalista e recolleu o seu premio de mans do Secretario Xeral de Política Lingüística e do Presidente da RAG.

O podcast presentado trata da relación de Luisa Villalta coa música a través da súa obra literaria. En menos de cinco minutos, fai unha revisión dos diferentes xéneros que traballou a escritora homenaxada no Día das Letras Galegas e descobre como a música é o fío condutor de todos eles

Ligazón para escoitar: https://go.ivoox.com/rf/130248417

O pasado mes de maio parte do alumnado de 4°ESO realizou a súa viaxe de fin de estudos á Barcelona.
Foron uns días moi intensos, cargados de risas e momentos únicos que quedarán gravados en todos eles.
Así, durante 4 días, despois dunha longa viaxe en bus, fixeron actividades náuticas na praia ademais de visitar os sitios máis turísticos de Barcelona (praia da Barceloneta, parque Güell, Sagrada Familia, La pedrera, Casa Batlló, praza de Cataluña, Mercado la Boquería, Basílica santa maría del mar, estatua de Colón, praza De España, Zona olímpica e Tibidabo). Por suposto, foron un día enteiro ao parque de atraccións de PortAventura e para rematar a viaxe, desfrutaron dun día libre en Pineda do Mar (onde estabamos aloxados).
Desexámosvos toda a sorte do mundo na vosa nova andaina que estades a piques de comezar.

O alumnado de sexto de primaria dos centros adscritos ao IES Isidro Parga Pondal visitaron o centro os días 6,7 de Maio. Foron recibidos e acompañados polo departamento de orientación, dirección, profesorado e alumnado axudante de mediación de primeiro da ESO para coñecer as instalacións e funcionamento do centro. Benvido/as a toda/os.

Ven de rematar nestes días a liga que se disputou durante os últimos meses dende marzo.
Organizada polo departamento de Educación Física e coa colaboración da dirección do centro desenrolouse una liga de baloncesto 3 vs 3 cunha ampla participación por parte do alumnado cun total de 11 equipos inscritos e máis de 50 alumnas e alumnos participantes.
E o segundo ano que se celebra este evento e seguro que continuaremos máis cursos pola boa aceptación entre o alumnado, que demostra implicarse nas actividades complementarias participando con esforzo e respecto.
Moitas grazas tamén a o profesorado pola súa colaboración axudando na supervisión.

A continuación tedes as datas e horario dos exames finais extraordinarios do Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede. Podedes contactar co profesor de cada materia para recibir detalles sobre a organización de cada unha das probas, sexa persoalmente ou a través do aula virtual.

1º Ciclo

Día Hora Materia
Venres 14 8:30 Implantación de Sistemas Operativos
Luns 17 8:30 Planificación e Administración de Redes
Martes 18 8:30 Xestión de Bases de Datos
Mércores 19 8:30 Linguaxes de Marcas e Sistemas de Xestión da Información
Xoves 20 8:30 Fundamentos de Hardware

2º Ciclo

Día Hora Materia
Venres 14 8:30 Administración de sistemas operativos
Luns 17 8:30 Seguridade e alta dispoñibilidade
Martes 18 8:30 Implantación de aplicacións web
Mércores 19 8:30 Administración de sistemas xestores de bases de datos

Alumnado de 2º con materias pendentes de 1º

Día Hora Materia
Luns 17 8:30 Planificación e Administración de Redes + Implantación de Sistemas Operativos

O pasado día 23 de maio, tivo lugar unha actividade de formación de radio onde o alumnado puido aprender: como funcionan os equipos, como trasladalos, o software (edición con Audacity) como elaborar un podcast e todas as posibilidades que ofrece.

Os relatores foron Tomi Legido e Mariano Fernández, da empresa 10d10, que levan máis de 20 anos dando formación nos centros de ensino e son dous dos fundadores de CUAC Fm

Esta formación está englobada dentro do programa Radio na Biblio

O 3 de xuño, terá lugar un roteiro literario organizado pola Concello de Carballo para o alumnado de 1º ESO, 3ºPDC, 4ºPDC.

Neste roteiro, segundo indica a propia páxina do concello, recóllese o patrimonio que é espazo e é memoria. retratando a vila con citas, viñetas e mesmo audios para propoñer unha andada polas rúas cartografadas nas letras, ou a bordo dun trole imaxinario que fai 24 paradas, repartidas en 2 liñas urbanas, que levan os nomes dos escritores e escritoras, xornalistas, debuxantes, urbanistas, historiadores, mestres e contadores para os que Carballo foi escenario das súas historias.

O alumnado de 3° da ESO de Cultura Clásica e 4° da ESO de Latín adentrouse no mundo mitolóxico expoñendo os mitos dos deuses do Olimpo e deseñando maquetas representativas destes