1º Bacharelato

Charla conmemorativa día da muller e da nena na ciencia

O luns 11 de febreiro, no día Internacional da muller e da nena na ciencia: Charla destinada a 1ºBAC A e B a cargo de Patricia Merino Pérez, Ingeniera de la energía y máster en Ciencia e Ingeniería de materiales. No salón de actos de 10:25 a 11:15. Coordinada por Chus Santamariña do departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

11 feb  Ilustración: Isabel Ruiz Ruiz é autora e ilustradora en ILUSTROPOS e directora de fotografía no GRUPO SPCIE FILMS . Na súa web podedes ver o seu maravilloso traballo.

 

2ª etapa do 'Camiño de Santiago' Bruma-Sigüeiro para 1º BAC C

O martes 12 de febreiro, os alumnos e alumnas de 1º BAC C realizarán a segunda etapa, do Camiño Inglés a Santiago de Compostela percorrendo o tramo entre Hospital de Bruma e Sigüeiro. Acompañan ao alumnado o sempre incansable Luis Gorrochategui e Adolfo Gabín dos departamentos de Filosofía e Matemáticas respectivamente.

 

Charla sobre transplantes para 1º de Bacharelato

 

transplantes

O vindeiro venres 1 de febreiro terá lugar unha charla sobre transplantes para alumnado de 1º de Bacharelato de 12:35 á 14:15 impartida por Alejandro Montero Salinas enfermero e coordinador de transplantes en el SERGAS.

Organizada por Beatriz García Pazos do departamento de Filosofía.

Primeiro encontro do proxecto interxeracional co Centro de maiores de Afundación: 'Fálame da escola' para 1ºBAC D

O vindeiro xoves 31 de xaneiro, continuamos cos sempre enriquecedores encontros cos maiores do centro de Betanzos do espazo +60 de Afundación . Desta volta, compartirán as súas experiencias na escola co alumnado de 1º de Bacharelato.

Grupo Día Horario
1ºBAC D xoves 31 de xaneiro de 9:35 a 11:15
1º BAC E/C venres 8 de febreiro de 11:45 a 13:25

A súa foi, sen dúbida, unha escola moi distinta á nosa, na que non había canóns, wifi ou ordenadores, pero que tiña en común cas novas xeracións a curiosidade e ganas de aprender.

Organizado por Julián Ferrer do Departamento de Xeografía e Historia.

falame da escola

 

 

Visita do alumnado de Anatomía Aplicada de 1ºBAC B e C ao laboratorio da Domus

laboratorio aberto domus

O vindeiro mércores 30 de xaneiro, o alumnado de Anatomía aplicada de 1º de Bacharelato dos grupos B e C asistirá toda a mañá ao " Laboratorio aberto da Domus"

O alumnado de 1º BAC A asistiu á mesma actividade o pasado 16 de xaneiro.


«Laboratorio aberto» é o espazo de experimentación da Domus onde o científico es ti. Está pensado para alumnos de Primaria, Secundaria, Bachillerato e Ciclos Formativos.

Os nosos alumnos realizarán un taller no que experimentarán se a vacuna da sida na que traballan os científicos do laboratorio IrsiCaixa podería ser eficaz para protexer á poboación de distintos continentes.

Charla 'Moléculas en acción' para alumnado 1º BAC Ciencias e 2º BAC Química

moléculas en acción

O vindeiro mércores 23 de xaneiro no salón de actos de 10:25 a 11:15 para alumnado de ciencias de 1º BAC e Química de 2º BAC.

Organizado polos Departamentos de Física e Química e Orientación. Dentro do programa 'A Ponte' da Universidade de Santiago de Compostela.

Charla a cargo do profesor José Ramón Leis Fidalgo. Consiste nunha serie de demostracións en vivo de experimentos de química e física e a explicación dos mesmos baseada na estrutura e propiedades das moléculas que os constitúen.

 

Visita do alumnado de 1º BAC A ao laboratorio aberto da Domus

Fotografías da visita do alumnado de 1º BAC de Bioloxía e Anatomía Aplicada ao laboratorio aberto da Domus.

Preme na imaxe (e navega cas frechas) para poder visonar as fotos do reto deste mes a resolución media. Tamén pódese acceder ao albúm da actividade na galeria fotografica do centro para visualizar as imaxes (clica logo nelas) á máxima resolución.

Álbum: Actividades 2018-2019 -> Visita ao laboratorio aberto da Domus 1º BAC

Visita do alumnado de 1ºBAC de Anatomía Aplicada ao laboratorio da Domus

laboratorio aberto domus

O alumnado de Anatomía aplicada de 1º de Bacharelato asistirá toda a mañá ao " Laboratorio aberto da Domus".    
«Laboratorio aberto» é o espazo de experimentación da Domus onde o científico son o alumnado. Está pensado para alumnos de Primaria, Secundaria, Bachillerato e Ciclos Formativos.

Realizarán un taller no que se experimenta se a vacuna da sida na que traballan os científicos do laboratorio IrsiCaixa podería ser eficaz para protexer á poboación de distintos continentes.
Datas para a realización desta actividade

1º BAC A

mércores 16 de xaneiro

alumnado de 1º B e C

de Anatomía Aplicada

mércores 30 de xaneiro

Cine Bohemian Rapsody alumnado de 1º BAC de Linguaxe e Práctica Musical

O vindeiro venres 14 de decembro  o alumnado de Linguaxe e Práctica Musical de 1º de BAC asistirá a unha proxección cinematografica en A Coruña para disfrutar ca película biográfica de Freddy Mercury e Queen.

Bohemian Rapsody

 

Charla sobre cambio climático e o desxeo dos polos para 1º BAC

carlos caraglia

O vindeiro martes 27 de novembro terá lugar unha charla acerca do cambio climático e o desxeo dos polos para todo 1º de BAC a cargo de Carlos Caraglia CEO de earth.360

Distribuir contido