1º Bacharelato
Reunión informativa Viaxe a Grecia xoves 2 de maio ás 17:00 no Aula de Idiomas
Convócase aos pais/nais/titores/titoras do alumnado participante na 'Viaxe a Grecia 2019' a unha reunión informativa o vindeiro xoves 2 de maio 2019 ás 17:00 horas no Aula de Idiomas do IES Francisco Aguiar
Encontro musical 2019 organizado por ASOMÚSICA para alumnado de LPM de 1º BAC
martes 30 abril 2019 Encontro organizado por Asomúsica,asociación de profesores de música de secundarie e bacharelato de Galicia, o alumnado de Linguaxe e Práctica Musical de 1º de Bacharelato asistirá ao Auditorio Abanca de Santiago de Compostela para, da mán da súa profesora Blanca Bello Sobral, interpretar algunha das pezas que preparan nas clases. |
Participación na carreira solidaria 'Km de solidariedade 2019' promovida por alumnado do IES As Mariñas
O derradeiro día antes das vacacións de Semana Santa, o alumnado de 1º de BAC do IES As Mariñas promoveu unha carreira para recaudar fondos para a ONG 'Save the children'. O noso alumnado de 1º de BAC quíxose sumar á esta solidaria iniciativa da man do seu profesor de educación física, Leonardo Piñeiro.
Participación dos 1ºBAC na 'Carreira escolar a prol do Dereito á Educación'
O venres 12 de abril de 11 a 12 horas terá lugar unha singular iniciativa para recaudar fondos para ONG 'Save the Children'. O alumnado de Educación Física de 1º de Bacharelato do IES 'As Mariñas' promove este proxecto co que colaboran o Concello de Betanzos e a asociación 'As vellas non paramos'.
O 'Aguiar' únese a esta iniciativa solidaria co alumnado de 1º de Bacharelato.
HORA DE LER 25ª SEMANA [1ª SESIÓN] E ENCONTRO DE ALUMNADO DE 1º BAC CON ANDRÉS NEUMAN
25ª SEMANA [1ª SESIÓN]
Día da poesía: 'Ninguén é poeta' a cargo do grupo Aldaolado para 1º BAC
Luns 18 de Marzo 2019
Celebración do día da poesía cunha actividade organizada por Xan Munín Neira, xefe do Departamento de Normalización Lingüística e profesor de Lingua Galega e Literatura en colaboración co Concello de Betanzos.
De 10:25 a 11:15 no salón de actos para todos os 1ºBAC
A actividade correrá a cargo do grupo Aldaolado do que vos animamos a ver moitas das súas actuacións que se atopan grabadas en vídeo na plataforma youtube.
XIX Festival de teatro Grecolatino en Lugo para alumnado de BAC de latín, grego e literatura universal.
LUNS 11 DE MARZO 2019Organizado polos Departamentos de Latín e Grego. O alumnado de 1º e 2º de BAC matriculado en latín, grego ou literatura universal, asistirá en Lugo a dúas representacións teatrais. Saída sobre as 10:30 e regreso a Betanzos ás 19:30. 12:00 Electra, de Eurípides, Grupo El Ruiseñor (A Coruña) 17:00 Gemelos, de Plauto, Grupo El Ruiseñor (A Coruña) |
Visita al MUPEGA do alumnado de HMC 1BAC e os maiores do espazo +60 de Afundación
Enviado por Anónimo o Xov, 21/02/2019 - 17:07O xoves 21 de febreiro o alumnado que cursa Historia do Mundo contemporáneo en 1º BAC, acompañado polos profesores Francisco J. Calaza e Julián Ferrer visitou o MUPEGA ( Museo Pedagóxico de Galicia)
Na visita contaron cuns acompañantes de luxo. 5 maiores do Centro " +60" de Betanzos acompañados pola súa coordenadora, Ana Doval percorreron o museo. Neste caso non como simples alumnos senón como auténticos expertos porque o que alí vían era, en moitos casos, o que eles viviran na súa etapa escolar.
Esta actividade encádrase no proxecto interxeneracional conxunto de Afundación e o noso instituto que leva por título "FALAMOS DA ESCOLA". Proxecto iste que comezou o ano pasado e do que o IES Francisco Aguiar foi pioneiro e impulsor. Compre neste senso sinalar que simultáneamente á visita reseñada, a nosa compañeira Delfina Ruibal participaba na presentación pública do proxecto que tivo lugar no Instituto Monte das Moas de A Coruña. (enlace á notica de prensa El Ideal) (Enlace a prensa La Voz)
CRTVGa
http://www.crtvg.es/informativos/maiores-e-alumnos-comparten-as-suas-experiencias-na-escola-4044298
Preme na imaxe para ver as fotografías.
Visita ao MUPEGA para o alumnado de Historia do mundo contemporáneo de 1º BAC
Visita ao MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia) en Santiago de Compostela. Para BAC1ºD, BAC 1ºE e alumnado de HMC de BAC 1ºC. Actividade complementaria ao Proxecto Interxeneracional 'Fálame da escola' con maiores de Betanzos e Afundación. de 8:45 a 11:30 |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »