Ciclo Superior
ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: UNHA MOREA DE PASOS CARA A IGUALDADE
Enviado por chus.pardo o Lun, 29/11/2021 - 07:43
O alumnado e profesorado do CS de Xestión de vendas e espazos comercial realizamos o 25 de novembro unha andaina de 12 km con punto de partida no IES Francisco Aguiar ata o espazo natural de Chelo, nun percorrido circular pasando polo campo dos Caneiros.
Con esta andaina reclamamos o fin da violencia de xénero e concienciar e sensibilizar á colectividade en materia de prevención de violencia sobre as mulleres, xa que a loita contra este tipo de violencia é un traballo de equipo, que involucre a toda a sociedade.
Saída de 2º de Ciclo Superior
O alumnado de 2º ano do Ciclo Formativo de Xestión de Vendas saiu onte a dar un paseo formativo polo centro urbano de Betanzos para coñecer a realidade do tecido comercial da vila.
O grupo visitou o mercado de produtos ecolóxicos, de tempada e tamén o mercado de abastos.
O obxectivo é que o alumnado coñeza e poña en valor a importancia que ten o comercio local e de proximidade, que promove unha economía máis sostible, xusta e equilibrada e contribúe a soster e mellorar a rendibilidade económica da vila.
CS XESTIÓN DE VENDAS E ESPAZOS COMERCIAIS: DESEÑO E EXECUCIÓN DOS ESCAPARATES ADAPTADOS Á PANDEMIA
Este curso está a ser moi diferente do habitual e obríganos a reinventarnos diariamente. Necesitamos aplicar novos puntos de vista e afrontar resultados descoñecidos, pero non por eso negativos. As crises obríganos a buscar “roteiros alternativos” en lugar de aferrarnos ás formas e solución de sempre, pero esto tamén nos permite abrir novas vías.
Os alumnos e alumnas do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais non pudieron executar as prácticas de Escaparatismo do modo habitual, co deseño, construcción física e exposición dos mesmos; no seu lugar abordaron o deseño e construcción a través de maquetas, das cales podemos ver unha mostra.
PARABÉNS Ó ALUMNADO DO CICLO XESTIÓN DE VENDAS E ESPAZOS COMERCIAIS QUE INICIADES A ESTADÍA EN EMPRESAS
Non estamos a pasar unha época fácil, pero o voso esforzo e dedicación dou os seus froitos. Nos últimos cursos o voso traballo consistiu en formarvos e agora esperamos que a estadía nas empresas vos ofreza a posibilidade de dar o mellor de vós e adquirir moitas máis habilidades.
Tócavos formar parte da xeración que terá que dar o mellor de sí para saír da situación que estamos a vivir, pero non dubidamos que tamén ides ter moitas oportunidades, aproveitadeas para medrar como profesionais e disfrutade do que fagades no futuro.
Tamén queremos agradecer a colaboración desinteresada e fundamental que ofrecen as empresas que vos acollen para realizar a vosa Formación en Centros de Traballo, un exemplo de actitude positiva e contribución social. Neste período colaboran con nós:
CONFERENCIA “ORBALLO; UNHA FILOSOFÍA EMPRESARIAL”
O 9 de Marzo o alumnado de 1º curso do Ciclo de Xestión de vendas e espazos comerciais desfrutou dunha conferencia a cargo de Óscar Torres, responsable de Comunicación e Marketing da empresa Orballo, unha pequena industria artesanal galega dedicada ó cultivo de plantas aromáticas e té en Galicia.
A través deste coloquio os nosos estudantes aproximáronse á visión da empresa, destacando a filosofía comercial dunha compañía que promove o cultivo e desenvolvemento de produtos responsables coa terra e os seus habitantes.
O longo da exposición Óscar fixo fincapé na importancia dos valores empresariais compartidos e uns principios claros e definidos para acadar un propósito común, todo isto sustentado nun compromiso co medio ambiente e unha forma de vida máis saudable.
A temática desenvolta permitiu vincular os coñecementos teóricos á realidade profesional actual achegando deste xeito o noso alumnado o mercado de traballo.
Grazas Óscar pola aportación que tanto nos enriqueceu, tanto académica como humanamente.
Conferencia sobre a contorna empresarial Genesal Energy
O pasado mércores 3 marzo, Ángeles Santos (directora de RR HH de Genesal Energy e xerente da Asociaciónde Empresarios de Bergondo) e Antón Pacín (compoñente do equipo de RR HH da citada empresa) efectuaron un achegamento ó tecido empresarial do contorno ó alumnado de 2º do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais.
A conferencia estruturouse en tres partes, a cada cal de maior interese:
- Aproximación ó tecido empresarial do Polígono de Bergondo, abordando os sectores principais ós que pertencen as compañías que forman parte do mesmo.
- Presentación de Genesal Energy, empresa do sector secundario altamente especializada na fabricación, instalación e mantemento de xeradores eléctricos.
- Por último, ofreceron unha visión do mercado laboral da zona e, sobre todo, das capacidades máis demandadas polas empresas, brindando orientacións importantes para a busca activa de emprego e recursos a utilizar para a mesma.
Desde o CS de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, moitas grazas por compartir con nós a vosa experiencia e coñecementos.
Conferencia da FUAC. Ciclo de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais
A Fundación Universidade da Coruña (FUAC) ten o compromiso de abrir a porta das empresas ós alumnos e alumnas titulados universitarios e de Formación Profesional, para facilitar a súa incorporación ó mundo laboral.
O día 25 de febreiro, Laura Suárez, técnica da área de Emprego da FUAC impartiu unha charla informativa sobre o programa de prácticas que a FUAC ofrece a titulados, na que informou ó alumnado do 2º curso do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais das principais características do programa e do procedemento para inscribirse na bolsa de emprego da entidade.
Unha oportunidade máis para os nosos alumnos que están a piques de comezar a súa formación en empresas.
INFORMACIÓN XERAL
Nos seguintes enlaces poderás atopar toda a información referente aos ciclos formativos
FP Ciclos Formativos: Información xeral |
|
CS DE XESTIÓN COMERCIAL E MARKETING |