Ciclo Superior
Visita á sección de hipermercado de Eroski
O alumnado de ciclo visita o hipermercado Eroski para coñecer un caso real dunha política de implantación de produtos dentro dos lineais, así como a planificación e preparación de campañas de promoción como o Black Friday.
EMPRENDER: UNHA VIAXE HEROICA
Enviado por chus.pardo o Xov, 27/10/2022 - 09:33
O 13 de outubro os alumnos do CS de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais asistiron a unha conferencia sobre o espíritu emprendedor impartida por Angel Noguerol da Cámara de Comercio de A Coruña.
Na charla abordáronse as cualidades que debe reunir a persoa que decide emprender un negocio pola súa conta e o camino que debe seguir para poñer en marcha o seu proxecto, así como as diversas axudas (económicas e/ou de consultoría) que ofrecen as Institucións, con especial referencia ó programa España Emprende da Cámara de Comercio.
Nunha segunda parte relatáronse diversas experiencias emprendedodras de éxito que poden servir de referencia a futuros candidatos, como Angel Cycle Works.
Interesantísima xornada apra achegar o reto do empredemento á xente nova.
Experiencia de emprendemento
O alumnado do ciclo formativo de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais teñen unha conferencia sobre unha experiencia de emprendemento, co fin de coñecer experiencias de persoas emprendedoras e saber das tramitacións necesarias, así como as ferramentas precisas para o emprendemento.
CONFERENCIA ADICAE: OS RETOS DOS CONSUMIDORES NA ERA DIXITAL
Enviado por chus.pardo o Dom, 27/02/2022 - 19:59O pasado día 3 de febreiro levouse a cabo unha conferencia sobre os retos dos consumidores na era dixital a iniciativa do Dpto. de Comercio e Márketing do IES Francisco Aguiar, na que participaron o alumnado do Ciclo de Xestión de Vendas e Espazos Comercias e alumnado de Economía de 1º de BACH.
A sesión foi impartida por Técnicas de ADICAE, que é unha asociación especializada na protección, formación e información dos dereitos dos consumidores, cun interese especial no consumo financieiro.
O obxectivo era que os asistentes tomemos conciencia da necesidade de participar activamente na defensa dos nosos dereitos.
Na conferencia, que se desenvolveu de forma interactiva cos participantes recollendo antes de comenzar cada parte da exposición as percepcións do alumnado, abordáronse múltiples cuestións, entre as que destacaron o comercio electrónico e as principais actividades fraudulentas que poden vir asociadas ó mesmo, a financiación ó consumo, as características e vantaxes da economía circular ou o servizo de consulta e resolución de reclamacións dos consumidores relacionados con produtos e servizos financieiros ou de subministro de enerxía eléctrica ou de gas.
ESTRATEXIA COMUNICATIVA NA LINGUA DE SHAKESPEARE
Enviado por chus.pardo o Ven, 11/02/2022 - 11:08Dentro das actividades de comunicación que está a levar a cabo o alumnado de 2º curso do CS de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, co obxectivo de mellorar as estratexias comunicativas, usando a comunicación oral ante público con soltura e transmitindo credibilidade coa linguaxe corporal, a alumna Yaiza Freire Pereira realizou unha prensentación ante o alumnado de 1º curso do Ciclo.
A ponencia xirou ó redor da figura de Harry Potter en "20 Years of Magic", e desenvolveuse íntegramente en lingua inglesa (co hándicap que supón a expresión nunha lingua estranxeira),
Parabéns pola iniciativa e a defensa da mesma.
REFLEXIONAMOS SOBRE “ESTEREOTIPOS EN CONTIDO AUDIOVISUAL”
Enviado por chus.pardo o Mér, 02/02/2022 - 14:05
Gemma Castelo Martelo e Yaiza Freire Pereira, alumnas do CS de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, estiveron a realizar nas últimas semanas unha presentación sobre "Estereotipos en contido audiovisual" en todas as titorías 1º de ESO en colaboración co Departamento de Orientación.
A presentación centrouse nos estereotipos de xénero nas películas e series para público xuvenil, proporcionando ferramentas para que os alumnos podan identificar estes estereotipos e adopten unha actitude crítica na visualización deste tipo de contidos.
Por outra banda, para as alumnas que realizan a ponencia, trátase de mellorar a súa estratexia comunicativa, aprender a falar en público con naturalidade e soltura, utilizando unha linguaxe verbal e corporal como ferramenta de persuasión, para transmitir credibilidade; así como estar preparados para interactuar cun público desoñecido.
Parabéns pola iniciativa.
Charla de ADICAE sobre dereitos das persoas consumidoras
O 3 de febreiro remos no Salón de Actos unha charla de ADICAE (Asociación para a Defensa de Usuarios e COnsumidores) sobre a protección dos dereitos das persoas consumidoras.
En marcada nun módulo profesional do Ciclo de Xestión de vendas, asistirá tamén o alumnado de Economía de 1º de Bacharelato.
A charla ten tres obxectivos:
- Ofrecer información, axuda e orientación ao alumnado, como persoas consumidoras que son.
- Fomentar e divulgar formación sobre educación financeira e de consumo.
- Informar as persoas consumidoras sobre as redes sociais e a innovación dixital.
Implantación no punto de venda: visita a Eroski
Enviado por chus.pardo o Dom, 05/12/2021 - 18:31O 30 de novembro o alumnado do 2º curso do Ciclo Superior de Vendas e Espacios Comerciais, realizou unha visita didáctica ó Hipermercado EROSKI de Betanzos.
A visita foi guiada polo encargado do establecemento, Adolfo que compartiu co alumnado a distribución das distintas seccións da tenda, os métodos de implantación dos produtos nos lineais, a problemática da organización das promocións temporais e a organización loxística.
Tivemos a oportunidade de ver a posta en práctica nun establecemento comercial das técnicas de xestión e implantación do surtido de productos, organización de almacén, así como exemplos de resolución de problemas de abastecemento ou excesos de stocks.
Agradecemos a atención prestada por Adolfo, tanto polo tempo adicado como pola claridade das súas explicacións.
Charla informativa sobre bolsas de estudo para titulados, do FUAC
Unha persoa representante do FUAC visitará o centro para impartir unha charla informativa sobre as bolsas de estudo da FUAC para titulados en FP, explicando as características das mesmas.
Visita ao Supermercado Eroski de Betanzos
O alumnado de 2 curso de Ciclo Superior visita o Eroski Betanzos para analizar a organización do establecemento, ubicación de seccións, reparto de lineais e presentación de produtos, co fin de ver na práctica os coñecementos explicados na aula.