Educación Plástica e Visual

Entrega da mención de honra da Balconada co título 'Doce' na edición Betanzos 800 anos

O pasado 12 de agosto, na sala de plenos do Concello, as alumnas autoras da Balconada 'Doce' e o seu profesor J.M. Rey Bao, recolleron diplomas acreditativos e agasallos da mán da alcaldesa María Barral. Moi orgullosos deste gran logro. Parabéns!

fotografiando ao fotógrafo premiadas
premiados

 

A BALCONADA DAS ALUMNAS DO AGUIAR CONSEGUE UNHA MENCIÓN DE HONRA

 

Moi satisfeitos por este logro:
A balconada n.º 22, titulada Doce, realizada por grupo dalumnas de o IES Francisco Aguiar formado por Ana Boado, Celia Cernadas, Ana Pérez e Sonia Vázquez, baixo o asesoramento do profesor José Manuel Rey Bao, consegue unha Mención de Honra.
 
 
 
 
 Primeiro premio. Balconada número 15 “ Tempus fugit” da autora Aida Rodríguez Donoso

Balconada 2019 proposta do alumnado de 4ºESO para #Betanzos800 #Balconadas #2019oanodeBetanzos

Betanzos está xa engalanado coas Balconadas e, por segundo ano consecutivo o alumnado de Educación Plástica de 4º con José M. Rey Bao á fronte, presenta unha creación propia. Este ano, a proposta é un calendario agrícola inscrito no rosetón principal de Santa María do Azougue.

Balconada Balconada

 

Compartimos as fotografías da balconada na súa ubicación e de novo o álbum, con máis fotografías do proceso de creación, incluíndo unha espectacular (dou fé) tarta de iogur con rosetón de chocolate receta exclusiva de Sonia. Preme na imaxe para navegar polo álbum ou accede á nosa galería fotográfica

Álbum: Departamento de Plástica e Visual 2018-2019 -> Balconada 4ºESO

Preparandonos para as #Balconadas2019

Aínda que xa rematamos o curso, un pequeno grupo de alumnos/as de 4º da ESO continúa a vir a traballar ao centro. O seu traballo, algo con moito significado e cunha gran ilusión, unha balconada que agardamos entre a concurso na edición de Balconadas 800 aniversario. A proposta representa un calendario agrícola dentro do rosetón da igrexa de Santa Mª do Azouge. Noraboa a todos os participantes na súa elaboración polo seu bó facer e creatividade. 

Álbum: Departamento de Plástica e Visual 2018-2019 -> Balconada 4ºESO

Gañadores/as do Safari Fotopoético 2019

 

Se a fotografía axuda ás persoas a ver e a poesía a sentir, a fotopoesía, lévanos máis aló. O safari fotopoético en 3º da ESO é xa unha tradición con froitos que non deixan a ninguén indiferente.

Nesta ocasión, no 800 aniversario do traslado da vila de Betanzos centramos as fotopoesías en Betanzos e na figura da soldadeira do medievo María Balteira.

ban-de nº12 revista de banda deseñada do IES Francisco Aguiar #Betanzos800 #normalizaciónlingüística

ban-de12

Ola a todos! Xa estamos aquí de novo, un ano máis, para presentarvos o novo número de BD, a revista de banda deseñada do IES Francisco Aguiar. Este é un ano especial: Betanzos cumpre 800 anos e BD… vai camiño deles, de momento xa levamos 12, que non está mal.
O principal obxectivo do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística deste instituto é facer chegar e espallar a nosa lingua e a nosa cultura a todos os integrantes
da comunidade educativa; para tal fin entendemos que unha revista na que colaboran os alumnos e alumnas deste centro serve de forma atractiva e lúdica ao noso proxecto.
Como estamos de celebración, neste número ides atopar unha mostra de traballos que teñen como fío argumental a conmemoración dos 800 anos de vida de Betanzos. Son parte do traballo realizado polo alumnado de 3º ESO na área de Educación Plástica e Visual.
E como estamos soprando velas na nosa cidade, tamén lle dedicamos un apartado especial a outros aniversarios: os 90 anos de Popeye e Mickey Mouse, e os 60 de Mortadelo e Filemón (aínda que este, en realidade, foi o ano pasado).
Como vén sendo habitual, DB difunde a obra de autores importantes da banda deseñada. Dado que este número é unha homenaxe a Betanzos, faremos un percorrido polo traballo do noso autor máis recoñecido: Xosé Tomás.
En fin, esperamos que este pequeno traballo sexa do voso agrado, e ata o ano que vén, que celebraremos... 801 anos!

Preme na imaxe ou aquí para acceder á revista

Video dos 'Retratos' : Fotografías do alumnado de EPeV de 3º da ESO

Fotografías orixinais do alumnado de 3 ESO coordinador José Manuel Rey Bao. Actividade dentro do Plan Proxecta 'Fotografía en curso'. Enlace á web coas fotografías do alumnado preme aquí.

Video dos 'Espazos Baleiros' : Fotografías do alumnado de EPeV de 3º da ESO #proxectoterra

Fotografías orixinais do alumnado de 3 ESO coordinador José Manuel Rey Bao. Actividade dentro do Plan Proxecta 'Fotografía en curso'. Enlace á web  de ' Fotografía en curso ' coas fotografías do alumnado preme aquí.

Distribuir contido