Educación Plástica e Visual

Cerimonia de entrega de premios do concurso "Betanzos en Detalle"

O xoves 22 de maio fixóse entrega dos premios do Concurso Betanzos en Detalle coa presenza das entidades organizadoras e colaboradoras: o Concello de Betanzos, a Asociación de Comerciantes de Betanzos (ACEBE), a Asociación de Amigos do Casco Histórico e o IES Francisco Aguiar.

 

 

Safari Fotopoético 2014. Xosé Mª Díaz Castro.

Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.
Xosé Mª Díaz Castro





A Biblioteca do IES Francisco Aguiar de Betanzos convoca a súa comunidade escolar a un Safari Fotopoético sumándose á homenaxe das Letras Galegas a Xosé María Díaz Castro.

Rexirase polas seguintes bases:
  1. Poden participar todos os alumnos e alumnas do IES Francisco Aguiar. Ábrese igualmente a toda comunidade escolar que desexe participar, nais-pais, persoal docente e non docente, ex-alumnos e ex-alumnas.
  2. As datas nas que se realizará o Safari Fotopoético estarán comprendidas entre o 17 e o 25 de maio do presente ano 2014.
  3. O día 26 de maio será a data límite para o envío / entrega das fotopoesías.
  4. As fotogrfías deberán ser orixinais e tomadas preferentemente no Casco Antigo de Betanzos. 
  5. As fotografías deben ilustrar algún verso ou idea das que se axuntarán a estas bases nesta pequena escolma poética.
  6. O texto do verso elexido debe aparecer integardo na propia imaxe.
  7. As imaxes a concurso poderán entregarse en formato dixital (pendirve ou CD) na Biblioteca do IES Francisco Aguiar, ou ben enviarse ao correo electrónico da Biblioteca [bibliofranciscoaguiar@gmail.com].
  8. O premio consistirá nunha camiseta coa impresión da imaxe gañadora.
  9. O Xurado estará presidido por un representante do Equipo Directivo, dous profesores/as (un membro do Equipo da Biblioteca, e outro membro dos Departamentos de Lingua Galega ou Educación Plástica) e un alumno/a (designado pola Xunta de Delegados).
  10. Os premios entregaránse avaliando os traballos presentados, segundo os seguintes criterios:
  • 50% pola calidade e orixinalidade da imaxe,
  • 40% pola adaptación deo texto á imaxe elexida, e
  • 10% polo enxeño e creatividade na inserción do texto.

Chegou aos nosos oídos... Obradoiro de Banda Deseñada, Xosé Tomas

 

Chegou aos nosos oídos... a convocatoria aberta a todos os públicos ( a partir de 9 anos) para un Obradoiro de Banda Deseñada que terá lugar na Biblioteca Municipal de Betanzos o vindeiro sábado 10 de maio a partir da 17.00 horas. Este obradoiro estará dirixido polo prestixioso ilustrador e ex-alumno do Francisco Aguiar, Xosé Tomás.

Un luxo poder contar con él que non debedes desperdiciar

Betanzos en Detalle

O traballo de varios anos do Departamento de Plástica, e do profesor Xosé Manuel Rey Bao, polo coñecemento e valoración do Casco Antigo de Betanzos  traenos hoxe a convocatoria dun concurso  que leva por título "Betanzos en Detalle"·

Preténdese con él aproveitar o traballo de alumnos e alumnas doutros cursos que plasmaron en fotografías unha ollada, demorada en pequenos detalles, do noso Casco Histórico.  Esas imaxes son as que se propoñen para ser descubertas  polos participantes.  En suma, trátase de descubrir "en detalle" a nosa cidade. 

Sumáronse a este empeño de coñecemento e valoración o Concello de Betanzos, a Asociación de Comerciantes (ACEBE) e máis a Asociación de Amigos do Casco Histórico. Agradecémoslles o seu incondicional apoio e  toda a colaboración amosada.

 

 

BASES DO CONCURSO “Betanzos ao detalle”

1. Para participar neste concurso so se precisa ser alumno/a do IES Francisco Aguiar.
2. O Concurso consiste na localización no casco antigo de Betanzos , dunha serie de detalles arquitectónicos e decorativos.
3. Ditos detalles serán propostos pola organización en bloques de tres, cunha periodicidade semanal e ao longo de 10 semanas. Serán expostos nas entradas do Institututo e na páxina web do IES Francisco Aguiar.
4. Cada participante recibirá unha cartilla na que deberá ir anotando, do xeito o máis preciso posible, a localización dos detalles propostos.A localización farase indicando a rúa e número e marcando no mapa que se adxunta na cartilla dito punto.
5. Considerarase gañador ou gañadora a aquel concursante que localice máior número de puntos ao longo do concurso. En caso de empate realizarase un sorteo

6. O premio entregarase nas celebración do Día das Letras Galegas en maio de 2014

Chegou aos nosos oídos...Jorge Vázquez, bágoas de cristal

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Non hai moito traiamos á nosa web a referencia de dous ex alumnas Lúa e Zeltia Mosquera adicadas á moda dende a súa empresa Nicanora. Hoxe seguimos no mesmo mundo porque grazas  ao facebook de Betanceiros en el mundo  ...

chegou aos nosos oídos...  que o deseñador de moda Jorge Vázquez , que forma parte da ilustre nómina de ex alumnos do IES Francisco Aguiar,  presentou recentemente a súa colección otoño inverno 2014-2015.

Mirade a eloxiosa crónica que del se fai no blog de moda de RTVE

Pintatiza. 1ª edición.

Como parte dos actos festivos do pasado 20 de decembro. Un grupo de alumnas e alumnos ( da grande canteira de debuxantes que temos) coordenados por X.M. Rey Bao,  levaron adiante unha preciosa actividade: Pintar escenas urbanas con xiz de cor sobre cartóns. 

A modo de presentación adxuntamos un vídeo grazas as imaxes que nos pasou Ana Acción ( unha das ideólogas do asunto) ...pero prometemos amplialo e melloralo cando dispoñamos das imaxes das outras fotógrafas ( que mesmo recolleron diversas fases do proceso)

 

Presentación da revista BD Bande

18 de Maio de 2011

Presentación da revista de banda deseñada BD Bande feita por alumnos e alumnas do centro e coordinada polo Departamento de Normalización Lingüística. Podes descargar a revista como arquivo adxunto ou leela no ISUU. Máis imaxes na Galería Fotográfica do centro.

presentación BD2011

Distribuir contido