Animación á lectura
Hora de Ler. Semana de 20 ao 24 de abril. (2ª sesión)
Abril con letras de loito
Hoxe, luns 13 de abril este mes de abril letras mil vístese de doble loito.
Perdemos na mesma a Günter Grass e ao uruguayo Eduardo Galeano. Autor iste moi lido no noso IES (por "culpa" do proxelectismo do profesor de economía, Juan Centeno)
Hora de lectura. Semana do 13 ao 17 de abril
Así, animados pola luz que a primavera nos regala nestes inusuais días en Galicia, aínda que sen parasol, poderíamos sentar tamén no campo, ou en calquera recuncho verde do Instituto Francisco Aguiar.
Concurso de minilibros
-
O concurso vai dirixido aos alumnos da ESO do IES Francisco Aguiar.
-
Os participantes presentarán un minilibro con texto propio (poesía, microrrelato). Poden atopar o titorial para a súa confección en Youtube.
-
Establécese unha única categoría. O xurado designará tres traballos gañadores.
-
Os premios consistirán nun vale para mercar material informático, audiovisual, didáctico ou educativo.
-
Os participantes, que poden presentar ata un máximo de 3 minilibros, obtarán a un único premio.
-
Os premios poderán ser declarados desertos.
-
O prazo de entrega remata o 21 de abril de 2015.
-
O xurado, designado polo Equipo da Biblioteca, estará integrado por distintos membros da comunidade educativa. Valorarán conxuntamente aspecto artístico e literario.
-
A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases.
Hora de Ler. Semana de 7 ao 10 de abril. (6ª sesión)
Ilustración: Quint Buchholz
Iº CONCURSO DE "ESOPÍAS". Biblioteca "Sebastián Buedo Jiménez" do IES Francisco Aguiar
BASES
- Poderá participar calquera alumno matriculado no IES Francisco Aguiar.
- Os participantes presentarán unha esopía inédita, en castelán ou galego, segundo a guía que se acompaña nesta convocatoria, e tendo en conta a definición desta: Esopía é un relato, comentario ou poema, de aproximadamente 140 carácteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π. A esopía terá un mínimo de cinco palabras. Admítense, en folla anexa, unha ilustración alusiva ao texto, con técnica gráfica libre.
- Establécense tres categorías nas que o xurado designará un gañador por categoría: Alumnos de primeiro e segundo da ESO / Alumnos de terceiro e cuarto da ESO, bacharelato e Ciclo Formativo.
- Os premios consistirán nun vale para mercar material informático, audiovisual, didáctico ou educativo.
- Os participantes, que poden presentar ata un máximo de 3 esopías, obterán a un único premio.
- Os premios poderán ser declarados desertos.
- O prazo de entrega remata o 17 de abril de 2015.
- As esopías, que deberán ser entregadas na Biblioteca, empregarán completamente cuberto o seguinte modelo descargable nesta ligazón.
- O xurado, designado polo Equipo da Biblioteca, estará integrado por distintos membros da comunidade educativa.
- A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como a decisión do xurado que será inapelable.
A esopía terá un mínimo de cinco palabras.
A plantilla para facer esopías ten, entre espazos en branco e letras, 140 caracteres.
Hai en total 24 palabras.
As comas, puntos e comas, dous puntos, apóstrofos… poden ocupar un espazo en branco.
Aínda quedan dous espazos para signos de interrogación ou exclamación, ao inicio ou ao final.
Hora de Ler. Semana de 23 a 27 de marzo. (5ª sesión)
Non hai dúbida.
Un libro sempre é unha porta aberta que nos aproxima a mundos que lindan cas páxinas que estamos a ler.
21. de marzo. Día mundial da Poesía
Preside Rosalía o rincón máis transitado da nosa Biblioteca
Hoxe, sábado 21 de marzo, coincidindo co equinoccio, conmemórase o Día Mundial da Poesía. Nós consideramos que a poesía contribúe, diariamente, a educar a mirada na contemplación do mundo. Polo tanto, somos ben conscientes de que a poesía é unha "poderosísisima" ferramenta para promover a sensibilidade.
Tendo en conta que os nosos clubes de lectura reúnense baixo o lema "Máis de cen as para voar", que outras palabras poderían encabezar mellor este eloxio que estes versos de Alejandra Pizarnik.
LA CARENCIA
Yo no sé de pájaros,
no conozco la historia del fuego.
Pero creo que mi soledad debería tener alas.
Tempo de lectura. Semana do 16 ao 20 de marzo. (4ª SESIÓN)
Tendo en conta que os nosos clubes de lectura reúnense baixo o lema "Máis de cen as para voar", que outras palabras poderían encabezar mellor este eloxio que estes versos de Alejandra Pizarnik.
Yo no sé de pájaros,
no conozco la historia del fuego.
Pero creo que mi soledad debería tener alas.
Chegou aos nosos oídos....conferencia de Xesús Fraga
Chegou aos nosos oídos ...que Xesús Fraga, escritor, exalumno do Aguiar e activo colaborador coa nosa biblioteca impartirá unha conferencia o vindeiro xoves 12 de marzo. Terá lugar no Salón Azul do Liceo ás 20:30 no Ciclo que organiza o Anuario Brigantino.
O título, De Betanzos a Untia. Memoria e ficción., permite sospeitar que falará da presencia da cidade real de Betanzos na súa obra de ficción. Dado que este ano os alumnos de 2º da ESO difrutaron coa lectura de "Reo", e moi probable que se as tarefas escolares e as actividades extraescolares o permiten, acudirán a escoitar a este escritor betanceiro, ilustre exalumno do noso IES.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- …
- seguinte ›
- última »