Animación á lectura

Hora de Ler. Semana do 26 ao 29 (4ª sesión)



4ª SEMANA [4ª SESIÓN] 

 

Nesta semana que precede ao día de defuntos, procuramos seguir a ler.
 
A proposta é imitar ao minino de Okada Chiaki. De seguro que anda a ler o conto de Otero Pedrayo O vello e máis o río, porque se tivera entre mans El gato negro de Edgar Allan Poe non tería esa faciana tan marcada pola serenidade.

Anticipando a celebración do Día das Bibliotecas. Libropiruleteando.

 

Deseño dos carteis: X.M. Rey Bao

O venres 23 de outubro o IES Francisco Aguiar adiántase con doce ledicia á celebración do Día das Bibliotecas.

Este día pasarse pola Biblio', seguir as pegadas que enchen andeis, corredores e patios... ten doce premio "libropiruletil".

Clubs de Lectura de 1º BAC.

Na fotografía están case todos.

Case.... porque despois aínda se anotou algún ao Club de Lectura de Primeiro de Bacharelato.

 

       Este ano son sesenta e oito, polo tanto, conseguir libros para todos estes lectores obriga a recorrer ao  

        inxenio.

 

 

         Os rapaces están organizados por parellas para que xoguen unha estimulante "carreira de relevos":

         o receptor do libro ten que ler con certa celeridade para pasar o relevo ao compañeiro ou compañeira 

         coa finalidade de que todos poidan chegar á xuntanza co libro lido.

 

 

Hora de ler. Semana do 19 ao 23 de outubro (3ª sesión)

Ilustración: Peter Blake
 

3ª SEMANA [3ª SESIÓN] 
 
Perplexidade...
Esa sensación pode acudir a nós despois de ler este conto de Luis María Pescetti que ninguén crería ou esta antoloxía de microrrelatos delirantes.
 
 

Hora de Ler. Semana do 13 ao 16 de outubro. (2ª sesión)

Ilustración:Louise Lee

2ª SEMANA [2ª SESIÓN] 

 
Nenos que xogan ao fútbol, nenos que tamén len... Por exemplo, este conto de Manuel Rivas sobre un gol á discriminación ou un conmovedor microrrelato de Arantza Portabales que vai na boa compañía dunha variación moi lograda da nosa alumna Irene García Pizarro.


 

Hora de Ler. 1ª semana 5 a 9 de outubro (1ª sesión)

Ilustración: David Pintor
1ª SEMANA [1ª SESIÓN]

 

   Este luns 5 de outubro, no IES Francisco Aguiar, retomaremos a actividade “Hora de ler” que se vén levando a cabo dende hai varios anos nos grupos da ESO.
   Esta actividade consiste en adicar os quince primeiros minutos da clase, segundo o calendario que estará exposto nas aulas, á lectura na aula (silenciosa e individual, colectiva e en voz alta, a gusto de cadaquén). "Hora de ler" non está dirixido en exclusiva a obras literaria, senón que ten cabida calquera tipo de texto que o profesor considere conveniente.
   Para cantos estean interesados, pais, nais, profesores alumnos ou alumnas... no blog da Biblioteca “Alto Risco” pódese atopar material dixitalizado para a lectura.
   
   Nesta outonal semana as follas das propostas de lectura conteñen dúas narracións: un relato de Yolanda Reyes que suscitará unha chea de reflexións sobre a migración, o éxodo e o exilio e, nun ton moito máis lixeiro, un relato de iniciación de Eduardo Sacheri tomado do seu libro La vida que pensamos. Cuentos de fútbol.
   
   Agradecemos a colaboración de profesorado e alumnado na posta en marcha desta actividade no convencemento de que será beneficiosa na adquisición e mellora da competencia lectora do noso alumnado.

 

O Equipo de Biblioteca.
 
 

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS AGUIAR

Ilustración: Shen Xinggong

  Durante o curso 2013/2014 o IES Francisco Aguiar comezou a feliz aventura dos Clubs de Lectura, unha aventura que o día 20 de marzo de 2014 se extendeu aos adultos que manteñen ou mantiñan algún vínculo co noso Instituto.

Estes días pasados os alumnos recibiron unha carta na que se podía ler que "que a lectura pode ser un axeitado instrumento para ir construíndo sintonía entre os diversos membros da comunidade educativa".

Pode ser que esa carta non chegara aínda ás vosas casas, polo tanto, sirva este recordatorio como invitación.


   O próximo luns 5 de outubro ás 19:00 teremos a primeira reunión, neste xa terceiro curso, do Club de Lectura Adultos Aguiar.

   Outra vez toca agradecer a Carmela González e a Tucho Calvo a súa hospitalidade e afán por dinamizar a vida cultural da nosa vila.


Luns 5 de outubro
19:00 horas
Rúa Santiago, 4



bibliofranciscoaguiar@gmail.com


 



 

Hora de ler. Curso 2015-2016

 

     O vindeiro luns 5 de outubro, no IES Francisco Aguiar,  retomaremos a actividade “Hora de ler” que se vén levando a cabo dende hai varios anos nos grupos da ESO.

 

     Esta actividade consiste en adicar os quince primeiros minutos da clase, segundo o calendario que estará exposto nas aulas, á lectura na aula (silenciosa e individual, colectiva e en voz alta, a gusto de cadaquén).  "Hora de ler" non está dirixido en exclusiva a obras literaria, senón que ten cabida calquera tipo de texto que o profesor considere conveniente.

 

 

      Para cantos estean interesados, pais, nais, profesores alumnos ou alumnas... no blog da Biblioteca “Alto Risco” pódese atopar material dixitalizado para a lectura .

 

 

     Agradecemos a colaboración de profesorado e alumnado na posta en marcha desta actividade no convencemento de que será beneficiosa na adquisición e mellora da competencia lectora do noso alumnado.

 

 

 

 

O Equipo de Biblioteca.

 

 

 

 

 

 

 

PRIMEIRO ANUNCIO DOS CLUBS DE LECTURA

Non temos aínda datos concretos...

pero si a confirmación de que no curso que estamos a comezar volven con forza ao Aguiar os Clubs de Lectura .

Polo de pronto,  ista é a imaxe que nos suxiren dende a Biblioteca:

ARRANCAN OS CLUBS...¡ÁNIMO!

 

Re_presentación dos "Cachorros de Ornitorrinco" en Biblos

Xa rematou o curso, non hai clases nin, por tanto,  o rebumbio típico das mañás no instituto ou dos recreos nos patios do Aguiar.  Pero a vida dos artistas non para.

Dicímolo porque o luns 22 de xuño a rapazada de 4º  da ESO que escribíu colectivamente o libro "Cachorros de Ornitorrinco" presentará novamente en Betanzos o seu volumen de microrrelatos. Será pola tarde, ás 20.00, na librería Biblos ( á que tanto debemos pola súa incondicional colaboración coa Biblioteca "Sebastián Buedo Jiménez" do IES Francisco Aguiar)

 

Desta volta a presentación incluirá tamén actuacións musicais e a lectura polos propios autores dalgúns dos microrrelatos que forman parte deste libro. Estarán tamén presentes os seus impulsores Raquel Vázquez e Francisco Rodríguez Coloma aos que non podemos menos que reiterar o agradecemento por tanto traballo desinteresado en favor da Biblioteca e da lectura i escritura.

 

Semella un bo plan para a tarde dun día no verán! Teremos tempo para ir á praia, seguir cunha lectura en Biblos de suxerentes microrrelatos e rematar cunha longa sobremesa en calquera das terrazas do casco vello betanceiro disfrutando do fresquiño das primeiras sombras e dunha conversa cos amigos.

Distribuir contido