2º ESO
Proxecto Inventos Galegos. Exercicios con libre office Writer para Tecnoloxía 2º ESO
Enviado por Pitusa o Ven, 05/11/2021 - 09:33Con esta selección de traballos, que se van publicando nas redes do centro no mes da ciencia en galego, queremos visibilizar inventoras e inventores, científicos e científicas da nosa terra. Porque na Galiza trabállase moito e argállase ben. Coma proba estes traballos feitos polo alumnado no desdobre de Tecnoloxía. Prometemos máis entregas ao longo do mes.
|
|
|
|
|
|
O cambio climático. Scratch de David Baladrón & Cia
"Énchenos de orgullo e satisfacción" ensinar esta presentación en Scratch como parte dun traballo de xeografía sobre o clima de Galicia.
David Baladrón responsable final deste traballo (pero formando parte dun grupo con Lucas Carro, Ángela Castro, Lois González, Nahuel Hornos e Ánxela Manigrasso), presentanos a súa visión con Scratch dunha caricatura sobre o cambio climático.
A imaxe orixinal é unha viñeta de Ramón na súa serie de Hipo, Popo, Pota y Tamo.
PD. O resto dos traballos presentarémolos en sucesivas entradas
De e-téxtiles e paper circuits, proxectos para un ano hackobeo
Enviado por Pitusa o Mér, 23/06/2021 - 09:40Velaí van algunhas das divertidas propostas do alumnado de 2º ESO A e B para un ano hackobeo. Estas propostas de proxecto tecnolóxico en electricidade están realizadas non ao xeito convencional senon empregando fíos e tiras conductoras.
→ E-téxtiles: circuítos electrónicos integrados en téxtiles con fío, tea ou pintura condutora
→ Paper circuits: circuítos electrónicos integrados en papel utilizando a pintura ou o fío condutor
Campeonato Infantil de Baloncesto (masculino)
Betanzos acolleu entre o 12 e 18 de xuño o Campeonato Infantil de Baloncesto (masculino).
O IES Francisco Aguiar, e máis concretamente, algúns alumnos e alumnas de 2º de ESO achegáronse a ver algún partido e alí coincidiron co gran baloncestista galego Fernando Romay. Queda a foto para a lembranza do día.
Campeonato Infantil de Baloncesto (masculino)
Algúns alumnos e alumnas de 2º de ESO, que practican baloncesto habitualmente, acudirán co seu profesor de Educación Física a presenciar o Campionato de Baloncesto Infantil en Betanzos.
Campeonato Infantil de Baloncesto (masculino)
Algúns alumnos e alumnas de 2º de ESO, que practican baloncesto habitualmente, acudirán co seu profesor de Educación Física a presenciar o Campionato de Baloncesto Infantil en Betanzos.
Remando no Mandeo. Práctica de piraguismo
O día 22 de xuño o grupo de 2º de ESO C practicará piragüismo no río Mandeo.
Remando no Mandeo. Práctica de piraguismo
O día 21 de xuño o grupo de 2º de ESO D practicará piragüismo no río Mandeo.
Dixitalizamos os planos das nosas pontes en 2º ESO
Despois de entregadas as memorias das pontes de Tecnoloxía, estivemos un par de sesións antes das vacacións de Semana Santa para aprender a dixitalizar os nosos bocetos e croquis das pontes. Realizámolos co paquete ofimático Libre Office e, para moitos alumnos/as, foi a súa primeira incursión no debuxo con ordenador.
Compartimos aquí algún dos traballos realizados por Anne, Candela, Nerea, Miriam, Pablo R. Pablo G, Alejandro e Saúl.
Pontes 2º ESO álbume na galería fotográfica dos autores das maquetas (grupos A e B de momento)
Enviado por Pitusa o Lun, 22/03/2021 - 18:54Recén inaugurada a flamante primeira fase da exposición de proxectos 2º ESO ''Pontes: acurtando distancias'', chegou o momento de visibilizar ás enxeñeiras e aos arquitectos (e viceversa) que construiron estas pequenas obras de arte.
Velaquí a galería fotográfica de, de momento, 2º A e B.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »