2º ESO
Segunda Xornada da Iniciativa XOGADE - Fútbol Sala Feminino
Unha selección de alumnado feminino de 2º de ESO particpa por segunda vez na Iniciativa XOGADE, consistente nun campionato de fútbol Sala feminino en Monfero.
Visita á EDAR da Coruña
O alumnado de 2º de ESO que particpa no Programa Prensa Escola visita as instalacións da EDAR da Coruña.
Xornada de Fútbol Sala feminino en Monfero
Enviado por Anónimo o Lun, 23/01/2023 - 17:53
A Consellaría de Educación promove o deporte xuvenil a través do programa "Xogade". Unha das iniciativas consiste na celebración dunhas xornadas dedicadas ao Fútbol Sala feminino.
Na primeira das xornadas, celebrada o pasado 19 de xaneiro, unha selección de alumnas de 2º de ESO do IES Francisco Aguiar participou en varios partidos, na categoría Infantil e Cadete, no Polideportivo de Monfero.
Campionato de fútbol Sala en Monfero
Unha selección de alumnas de 2º de ESO participou hoxe nun campionato de fútbol sala feminino celebrado en Monfero.
As rapazas do IES Francisco Aguiar pasárono moi ben. Haberá que repetir logo a experiencia!
Campionato de Fútbol Sala Feminino
Dentro da iniciativa "Xogade", unha campaña de actividade lúdico deportiva, unha selección de alumnas de 2º de ESO e de 3º de ESO participarán nun campionato de fútbol que se celebrará en Monfero.
Obradoiro sobre prevención da drogadicción para alumnado da ESO (2)
O alumnado de E1A recibe hoxe un obradoiro sobre drogas legais e sobre cannabis (no caso de E2A e E2B), a cargo do psicólogo do Concello, Juan Carlos Prados.
VISITA AO "MUSEO NACIONAL DE CIENCIA Y TECNOLOGÍA" (MUNCYT) DA CORUÑA
Enviado por Anónimo o Lun, 26/12/2022 - 11:22
Organizado polo departamento de Tecnoloxía os alumnos e alumnas de 2º da ESO realizaron unha visita ao MUNCYT da Coruña os días 20 e 21 de decembro de 2022.
Cada día, dividiuse o grupo en dous, realizando dúas actividades. A primeira foi un obradoiro de Óptica e cores, onde se traballou con prismas que descompoñen a luz en colores e hologramas, a partir de pantallas dixitais e outros efectos ópticos.
A segunda actividade foi unha visita guiada ao museo, con especial atención a unha exposición permanente co gallo dos cen anos da táboa periódica con diversas actividades interactivas.
Finalmente, comprobamos que a exposición de inventoras e inventores españois segue a incorporar novos membros.
Festival de Nadal
O alumnado de 2° de ESO asiste hoxe a un festival de Nadal, organizado polas compañeiras Elvira Castro e María José Pardo, no que participará tamén alumnado de 3° de ESO.
Cine en inglés no Teatro Alfonsetti
Os grupos de 1° e 2° de ESO asisten ao teatro Alfonsetti para ver unha película en inglés.
Concurso de postais de Nadal do Departamento de Inglés
Enviado por Anónimo o Xov, 15/12/2022 - 15:27- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »