1º ESO
Iniciación ao piragüismo 1º de ESO
ESO 1º D Xoves 10:40 a 12:20
ESO 1º B Venres 12:35 a 14:15
Actividade de dúas sesións-clase organizada polo Departamento de Educación Física. Suxeita á meteoroloxía e mareas.
É imprescindible levar bañador, camiseta, toalla,chanclas e unha muda para cambiarse.
Aínda que todo o alumnado terá un chaleco salva-vidas á hora de montar na piragua de tipo involcable, é interesante saber de antemán se o alumno/a sabe nadar. Cómpre avisar ao profesor/monitor.
Acompañan ao alumnado participante o profesor de educación física José Permuy Fraga e un monitor do Clube de Piragüismo Ría de Betanzos.
Lembrar ao alumnado que, na piragua non deben levar obxectos de valor que poidan caer ao auga e logo ser imposibles de recuperar, coma teléfonos móviles, etc.
INTERMAREAL NA PRAIA DE ARNELA. 28 e 30 de maio 2018
DESCUBRIR, ASOMBRADOS A VIDA AGACHADA EN CADA MÍNIMO BURATO
CAMIÑAR ENTRE AS ROCHAS, SOBRE A AREA OU ENTRE AS POZAS ESCULCANDO INSOSPEITADOS MISTERIOS DA BIOLOXÍA
VALORAR A RIQUEZA DA BIODIVERSIDADE MOI PERTO DE NÓS
RESCATAR ALGÚN MÓBIL ( NON SUFICIENTEMENTE BEN GARDADO) DAS POZAS
REGRESAR CHEOS DE ALEGRÍA AÍNDA QUE CON ALGUNHA MOLLADURA EXTRA
O ANO PRÓXIMO, MÁIS!
Estudo da intermareal en Arnela (Sada)
O luns 28 e o mércores 30 deste mes de maio, o noso alumnado de 1º ESO participara nunha apaixoante descuberta: a da complexa vida que se agacha na zona intermareal.
Con tal motivo desprazaranse ata a Praia de Arnela ( o luns os grupos A e D; o mércores os grupos B e C) guiados por Chus Santamariña, Emilio Duque e Juan M. Neira.
Agardamos poder dar máis noticias dista actividade.
Obradoiro sobre Mª Victoria Moreno. Por Soledad Felloza
O Mércores 23 de maio ás 10,40 o alumnado de 1º da ESO participará no noso Salón de actos nun obradoiro sobre Mª Victoria Moreno.
A actividade está organizada polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística que coordina o compañeiro Xan Munín.
Piragüismo. Iniciación para 1º da ESO
Continuando co proxecto de achegar ao alumnado a propostas deportivas cercanas e asequibles, o Departamento de Educación Física organiza para o alumnado de ESO 1º B e C unha sesión de introducción ao piragüismo que terá lugar o martes 22 entre as 12,20h. e as 14 h.
Coordina o profesor Leonardo Piñeiro.
O Aguiar colaborando na loita contra as velutinas.
Os alumnos de 1º ESO D Sofía Marcote,Nerea Sandá e Daniel Feijoo colgando unha trampa para velutinas nunha camelia do instituto.
Esta trampa forma parte da campaña do concello de Betanzos para a captura de raíñas de velutinas e foinos cedida polo profesor José Antonio Varela García.
Trampa para velutinas feita polas alumnas de 1ºeso D Sofía Marcote de Bernardo e Nerea Sandá Faraldo
Carreira solidaria por BETANZOS. 20.IV.2018
O venres 20 de abril retomamos, teimudos, o que a climatoloxía impedíu ao remate do segundo trimestre.
Convocados polos compañeiros do colexio Vales Villamarín, o alumnado de 1º da ESO partirá disposto a correr por Betanzos nun esforzo físico e de solidariedade.
Nas pistas do Carregal, entre as 12,30 e as 13,30 o noso esforzo para facer de Betanzos un pobo solidario
Diálogos Scratch 2017-2018
Na optativa de Programación de 1º e 2º da ESO traballamos todos os anos un proxecto de diálogo orixinal feito co programa do MIT Scratch. Adoitamos a presentar na web do centro algún dos mellores.
por Lucas Carrera de 1º da ESO
por Manuel Pérez Manivesa 1º da ESO
profeticsbeta@gmail.com
Celebrando, anticipado o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
A nosa humilde ( non por ilo menos entusiasta) participación no Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, consitíu por parte de futuras científicas, na presentación ao resto dos seus compañeiros e compañeiras de pequenos experimentos científicos.
Convivindo con música e máscaras de antroido, a experiencia tivo lugar na Biblioteca durante os recreos do día 9 de febreiro e acompañouse cunha pequena exposición de publicacións alusivas ao tema da muller e a ciencia. Estiveron animadas e coordinadas pola nosa compañeira Chus Santamariña.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »