1º ESO
2ª sesión do proxecto interxeracional co Centro de maiores de Afundación: 'Fálame da escola' 1ºBAC E e alumnado HMC de 1ºBAC C
Mércores 20 de Marzo 2019
Derradeira sesión neste curso do encontro con maiores do espazo +60 de Afundación. Organizado por Julián Ferrer do Departamento de Xeografía e Historia. Alumnado e maiores compartirán as súas experiencias, historias e soños para a escola pasada, presente e futura. De 9:35 a 11:15.
Xincana literaria para o alumnado de 1ºA e B da ESO
O martes 26 de febreiro, celebrando aínda que seña algo tarde o día de Rosalía. Organizada polos Departamentos de Normalización Lingüística e Lingua Galega e Literatura a través do Concello de Betanzos. A actividade desenvolverase no Ximnasio de 9:35 á 10:40 aproximadamente e virá da man do grupo de educación e dinamización sociocultural Xandobela. |
|
Betanzos. 800 aniversario
O pasado 13 de febreiro a vella cidade de Betanzos vestíase de gala para conmemorar o 800 aniversario da súa traslación dende Betanzos o Vello ata o Castro de Untia.
Como arranque dos actos que ese día tiveron lugar, a carón da Igrexa de San Martiño de Tiobre, o historiador e arquiveiro do Concello, Alfredo Erias, pronunciou unhas palabras para contextualizar o que estabamos a celebrar e o que celebraremos todo este ano que temos por diante.
800 aniversario da traslación de Betanzos o Vello ó Castro de Untia
palabras de Alfredo Erias en Tiobre
13-02-2019 ás 10 da mañá
Señora Alcaldesa de Betanzos, autoridades, amigos:
Tal día coma hoxe, hai xusto 800 anos, o rei Alfonso IX de León e Galicia concede unha carta ós poboadores de Betanzos de Tiobre, o que hoxe chamamos Betanzos o Vello (e que xa tiña desde 1162 o gremio de alfaiates ou xastres máis antigo de España), permitíndolles facer o que pediron: asentarse no veciño Castro de Untia, que pasaría a chamarse Vila Nova de Betanzos, despois Betanzos a secas e por derivación da confraría de Betanzos de los Caballeros que existía en san Francisco no século XV, aínda hai alguén que lle chama Betanzos de los Caballeros ou dos Cabaleiros. Pero como este Castro era por ese tempo propiedade do mosteiro de Sobrado, concede a este a cuarta parte de todas as rendas e proveitos da nova vila e a metade das capelas que se construísen.
.../...
A historia non para e a vida sigue, mentres a cidade de Betanzos se vai adaptando ós tempos sen perder a súa esencia máis íntima: a de estar conectada co seu entorno rural, coa súa comarca, como poucas poboacións.
É como se se resistira a esquecer a súa orixe de Tiobre. Por iso mesmo estamos hoxe aquí: para recordar ós nosos antepasados e aquel camiño que fixeron hai 800 anos e que sempre foi de ida e volta.
Moi agradecido!
Verémonos aquí mesmo dentro de cen anos.
NESTE ENLACE PODESE LER A INTERVENCIÓN COMPLETA DE ALFREDO EIRAS
E UN DÍA ANTES.... O 12 DE FEBREIRO
TAMÉN OS PEQUENOS DO AGUIAR QUIXEMOS CELEBRAR A EFEMÉRIDE
TRASLADÁNDONOS COA MESMA FESTA E ALEGRÍA DENDE TIOBRE ATA UNTIA
Escoitamos dos pregoeiros Martín Muiño e Óscar García o privilexio que nos concedía o traslado
Descubrimos estrelas de pedra marcando a orixe do camiño
Cruzamos pontes, resolvemos enigmas
Arribamos á cidade que agora cumple 800 x 12 meses
... /...
E aprestámonos a commemorar 800 anos betanceiros... que deron para moito:
. Para construir algunhas das máis fermosas igrexas góticas de Galiza
. Para ter que reconstruirmonos logo de pavorosos incendios.
. Para acoller a lideres da revolta irmandiña como Afonso de Carvallido, ou ao precursor do nacionalismo, Antolín Faraldo
. Para que indianos xenerosos como os García Naveira regalasen á cidade escolas, asilos e enciclopédicos parques do
Pasatempo
. Para escoitar a Lugris no primeiro mitin en galego que se escoitou en Galiza
. Para sentir polas rúas os sons do Turito ou a gaita do Vello Rilo
. Para ver pasearse ceibo polo Campo ao porco de san Martiño
. Para ser capital de provincia e Sé do Arquivo do Reino
. Para loitar con rexemento propio contra o francés ou ser zona de operacións do maquis Foucellas
. Para albergar unha puxante Irmandade da Fala
No Aguiar declarámonos dispostos para seguir facendo Betanzos outros 800 anos máis
Exposición dos grabados feitos polo alumnado de 1º da ESO na fundación CIEC
Enviado por Anónimo o Ven, 11/01/2019 - 01:15Os pasados 18 e 19 de decembro, o alumnado de 1º da ESO asistiu á fundación CIEC para a realización duns obradoiros de grabado da man de Marta Penalonga Chao, a súa profesora de Educación Plástica e Visual. Agradecer aos profesionais da fundación CIEC toda a súa atención para facer désta unha grata experiencia que nos fixo sentir coma na casa. Descobrimos tamén que para moitos/as dos nosos alumnos/as dábase continuidade a outros obradoiros similares desenvoltos na súa etapa no Vales Villamarín. Foi moi agradable ver coma os monitores se lembraban e valoraban que os alumnos/as xa reflexaban unha evolución á hora de enfrentarse á técnica de grabado á punta seca.
Efectivamente, como poderedes constatar a través das fotografías desta entrada, non podemos menos que felicitar a todos/as artistas e a Marta Penalonga profesora de Educación Plástica e Visual polo seu traballo. Parabéns artistas!
Preme na fotografía e navega cas frechas. Tamén podes atopar o álbum na galería fotográfica do centro.
Visita e obradoiros de grabado na Fundación CIEC
O martes 18 e mércores 19 o alumado de 1º da ESO realizará visitas-obradoiros na fundación CIEC (Centro Internacional da Estampa Contemporánea) de Betanzos. O Centro Internacional da Estampa Contemporánea é un fundación onde concorren creación, exposición, investigación e formación situado na "Casa Núñez" no centro do casco histórico brigantino.
|
|
O noso alumnado de 1º da ESO realizará obradoiros de grabado acompañados da súa profesora de educación plástica e visual Marta Penalonga Chao.
Grupo | Día | Horario |
1º C | martes 18 decembro | de 9:35 a 11:30 |
1º D | martes 18 decembro | de 11:30 a 13:25 |
1º A | mércores 19 decembro | de 9:35 a 11:30 |
1º B | mércores 19 decembro | de 11:30 a 13:25 |
Plan director. Charla sobre Novas Tecnoloxías para alumnado de 1º ESO
A principios da semana, no noso centro terán lugar unhas charlas dentro do Plan Director da Garda Civil para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus Entornos. Nesta ocasión as charlas estarán destinadas a alumnado de 1º da ESO para educar acerca do uso das Novas Tecnoloxías.
Luns 17 de Decembro | Martes 18 de decembro | ||
1º C | de 10:40 a 11:30 | 1ºA | de 10:40 a 11:30 |
1º D | de 11:30 a 12:20 | 1ºB | de 11:30 a 12:20 |
Espectáculo musical a cargo de Lydia Botana no Fórum Metropolitano para os 1º da ESO
Martes 20 de Novembro Organizado polo Departamento de Lingua Galega e Literatura para todos os 1º da ESO O espectáculo comezará ás 12:00 no Forum Metropolitano da Coruña. A saída está prevista sobre as 11:00 para chegar ás 13:25. |
Obradoiro para a Prevención de Drogodependencias para 1º de ESO.
Charla para 1º da ESO sobre a Prevención de Drogodependencias: prevención do consumo de cannabis organizada polo Concello de Betanzos. Martes 13 Novembro ESO 1º A 16:20 a 17:10 ESO 1º B 17:10 a 18:00 Xoves 15 Novembro ESO 1º C 10:40 a 11:30 ESO 1º D 11:30 a 12:20
|
|
Iniciación ao piragüismo 1º ESO A e C
ESO 1º A Luns 12:35 a 14:15
ESO 1º C Martes 16:20 a 18:00
Esta semana, tócalle o turno para iniciarse no piragüismo aos grupos de 1º A e 1º C da ESO. Repetir que ésta é unha actividade de dúas sesións-clase organizada polo Departamento de Educación Física.
É imprescindible levar bañador, camiseta, toalla,chanclas e unha muda para cambiarse.
Aínda que todo o alumnado terá un chaleco salva-vidas á hora de montar na piragua de tipo involcable, é interesante saber de antemán se o alumno/a sabe nadar. Cómpre avisar ao profesor/monitor.
Acompañan ao alumnado participante o profesor de educación física José Permuy Fraga e un monitor do Clube de Piragüismo Ría de Betanzos.
Lembrar ao alumnado que, na piragua non deben levar obxectos de valor que poidan caer ao auga e logo ser imposibles de recuperar, coma teléfonos móviles, etc.
Se premedes na imaxe podedes acceder á galería fotográfica onde se van engadindo as instantáneas que chegan do desenrolo da actividade.
Iniciación ao piragüismo 1º de ESO
ESO 1º D Xoves 10:40 a 12:20
ESO 1º B Venres 12:35 a 14:15
Actividade de dúas sesións-clase organizada polo Departamento de Educación Física. Suxeita á meteoroloxía e mareas.
É imprescindible levar bañador, camiseta, toalla,chanclas e unha muda para cambiarse.
Aínda que todo o alumnado terá un chaleco salva-vidas á hora de montar na piragua de tipo involcable, é interesante saber de antemán se o alumno/a sabe nadar. Cómpre avisar ao profesor/monitor.
Acompañan ao alumnado participante o profesor de educación física José Permuy Fraga e un monitor do Clube de Piragüismo Ría de Betanzos.
Lembrar ao alumnado que, na piragua non deben levar obxectos de valor que poidan caer ao auga e logo ser imposibles de recuperar, coma teléfonos móviles, etc.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »