Educación Física

Santo Domingo. Plan Proxecta. Proxectos deportivos PDC

Practicando baloncesto e buscando vocacións deportivas entre as nenas.

Álbum: Curso 2020-2021 -> Santo Domingo

Práctica de baloncesto. Plan Proxecta. Proxectos deportivos PDC


 

O plantel do equipo infantil feminino do Santo Domingo quedou bastante mermado pola pandemia. Por iso, o clube púxose en contacto co IES Francisco Aguiar para impartir unha sesión de baloncesto a todos os grupos de 1º e 2º de ESO.

O obxectivo da actividade era dar a coñecer a actividade desenvolvida polo clube e de paso intentar captar vocacións deportivas entre as nenas.

Esperamos que moitas nenas se animen a practicar baloncesto nas filas do Santo Domingo.

 

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO


Ruta de Sendeirismo Betanzos Caneiros Teixeiro Chelo
Plan Proxecta
Proxecto deportivo de centro

Leo Piñeiro
Departamento de Eduación Física


#Saltando_no_confinamento

23/05/2020 11:25
Etc/GMT+1

Proxecto Deportivo de Centro Plan Proxecta O Aguiar salta con Leo Piñeiro

Sente o pulo do Aguiar, na casa tamén hai deporte

Compartimos con vós este vídeo de alumnado de Educación Fisica de 2º e 4º da ESO do profesor Leonardo Piñeiro, ensinándonos á importancia do deporte para manter a nosa saúde tamén en tempos de confinamento.

 

pulo

sustantivo masculino

Forza que fai que algo se mova.

Sentide con nós o pulo do Aguiar.

Xornadas de iniciación ao Jugger cos 4º da ESO

Álbum: Departamento de Educación Física 19-20 -> Iniciación ao Jugger

Álbum na galería fotográfica da saída didáctica ao Monte do Gato de 1º da ESO

 

Rematadas as saídas con todos os 1º da ESO, pechamos o álbum que nos permitirá lembralas na galería. Premede nas frechas para navegar polas fotografías ou visitade o álbum da actividade na galería fotográfica do centro.

Álbum: Departamento de Educación Física 19-20 -> Monte do Gato 1º ESO

Saída ao Monte do Gato

 


monte do gato

Organizada por Adrián Salgado e José Valverde do departamento de Educación Física de 8:45 a 14:15.

 

Prevista se o tempo acompaña para os días:

mércores 22 xaneiro ESO 1º A e D

venres 24 xaneiro ESO 1º B e E

venres 31 xaneiro ESO 1º C

 

No caso de condicións metereolóxicas adversas as saídas adiaranse. Nese caso avisaríase con antelación ao alumnado e na web.

Actividades deportivas de fin de trimestre

Dentro da promoción de estilos de vida saudables, o departamento de Educación Física organizou diferentes actividades deportivas para amenizar o tan esperado fin do trimestre e a chegada das vacacións de Nadal.

Primeiro, organizaron unha divertida competición de brilé entre profesorado e alumnado.

brilé brile

E tamén organizaron un torneo de futbol sala interclases no pabellón.

futbol futbol

Podedes atopar máis fotos de todas as actividades do Nadal 2019 na galería fotográfica do centro.

Galería de imaxes actividade escalada 1º BAC no Rocódromo de Lugo

Premede nas frechas para navegar polas fotografías ou visitade o álbum da actividade na galería fotográfica do centro.

Álbum: Departamento de Educación Física 19-20 -> Rocódromo Lugo 1º BAC
Distribuir contido