Práctica de baloncesto. Plan Proxecta. Proxectos deportivos PDC


 

O plantel do equipo infantil feminino do Santo Domingo quedou bastante mermado pola pandemia. Por iso, o clube púxose en contacto co IES Francisco Aguiar para impartir unha sesión de baloncesto a todos os grupos de 1º e 2º de ESO.

O obxectivo da actividade era dar a coñecer a actividade desenvolvida polo clube e de paso intentar captar vocacións deportivas entre as nenas.

Esperamos que moitas nenas se animen a practicar baloncesto nas filas do Santo Domingo.