Actividades
Visita ao CIEC, Centro Internacional da Estampa
Ao longo da mañá do 10 de maio, o alumnado de 1º de ESO B visitará o CIEC, un centro de formación nas artes plásticas con dimensión internacional.
O obxectivo é promocionar e difundir entre o alumnado as artes plásticas en xeral e a arte gráfica en particular.
O grupo de 1º B visitará o CIEC as tres primeiras horas.
Visita ao CIEC, Centro Internacional da Estampa
Ao longo da mañá do 7 de maio, o alumnado de 1º de ESO A visitará o CIEC, un centro de formación nas artes plásticas con dimensión internacional.
O obxectivo é promocionar e difundir entre o alumnado as artes plásticas en xeral e a arte gráfica en particular.
O grupo de 1º A visitará o CIEC as tres primeiras horas.
Xuntanza do Club de Lectura de Adultos Biblos-Aguiar 'Beleza Vermella' con Arantza Portabales
Enviado por Pitusa o Mér, 15/01/2020 - 12:52Reproducimos aquí as fotografías e comentarios publicados na conta de Facebook de Biblos Clube de Lectores a propósito da pasada reunión do Club de Lectura de Adultos Biblos-Aguiar. O libro comentado foi 'Beleza Vermella' de Arantza Portabales.
" De novo nos contaxiou o seu entusiasmo. Coincidindo no día coa saída ao mercado da edición en alemán de “Deixe a súa mensaxe despois do sinal”, a escritora Arantza Portabales estivo onte por segunda vez na libraría Biblos de Betanzos para participar na xuntanza mensual do Club de Lectura Biblos-Francisco Aguiar. En xaneiro de 2019 falounos polo miúdo de “Deixe a súa mensaxe” (que dende aquela foi tamén traducida ao hebreo) e onte esmigallou numerosos detalles arredor de “Beleza vermella” nunha entretida conversa na que os personaxes da novela desfilaron diante nosa coas súas luces e sombras. Arantza revelouse coma unha estratega á hora de dosificar a información que sustenta a narración e de modelar a psicoloxía dos personaxes, e eloxiou os seus acertos no momento de introducir golpes de efecto decisivos para a trama. "
Machismos sen miopías. Obradoiro para pais, nais e docentes. Organizado polo Concello de Betanzos
Como todas e todos coñecemos, actualmente as novas tecnoloxías están transformando as formas nas que rapazas e rapaces se relacionan, e isto está a influir tamén na súa educación afectivo sexual, xa que a meirande parte do que coñecen sobre o sexo, está condicionado polo que observan en Internet. En numerosas ocasións, os contidos que visualizan son violentos, creando nas súas mentes unha idea errada de que a sexualidade debe producirse unicamente desa maneira.
O noso Concello, no seu afán de apostar polas políticas de igualdade e de apoio ás familias, vos convida a participar na actividade Machismos sen Miopías,organizada pola Deputación de A Coruña, na que se tratará o tema da pornografía dende o punto de vista educativo, de cara a previr situacións e condutas de risco en nenos, nenas e adolescentes. Esta actividade enmárcase dentro da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, e vai dixidida a toda a veciñanza.
O obradoiro terá lugar os días 19 e 26 de novembro, de 16:30 a 19:00, no Edificio de Servizos Sociais, sito na Praza do Emigrante s/n.
Podedes realizar as vosas inscricións ata completar aforo, tanto presencialmente como no teléfono 981770707 ou no correo electrónico marta.pineiro@betanzos.gal . A ficha de inscripción podela descargar aquí.
“ GRUPO DE NAIS E PAIS POLA SAÚDE ” 2019-2020 Unidade de Prevención de Condutas Adictivas. Agrupación de Concellos de Betanzos
Achegamos a información e a folla de inscrición na actividade gratuita da Unidade de Prevención de Condutas Adictivas 'Grupo de Pais Nais pola Saúde'.
"GRUPO DE NAIS E PAIS POLA SAÚDE ”
PROGRAMA DE PREVENCIÓN NO ÁMBITO FAMILIAR “MÁIS QUE UN TEITO” 2019 – 2020
ACTIVIDADE GRATUÍTA
PERIODICIDADE:unha xuntanza mensual de outubro de 2019 a xuño de 2020.
COMEZO: martes 29 de outubro de 2019. HORARIO: de 20:00 h a 21:00 h da tarde.
LUGAR: Salón Azul do Edificio Liceo. Praza Galicia,1. Concello de Betanzos.
Nas distintas reunións, co psicólogo da unidade, trataremos, entre todos e todas, aqueles temas que son de interese e preocupación para nais e pais á hora de educar aos nosos fillos e fillas, relacionados coa vida familiar e social coma son: normas e límites na familia, uso de internet e móbil, escola e familia, problemas de conduta e hábitos de vida saudables entre outros.
INSCRICIÓNS ATA O 25 DE OUTUBRO DE 2019
Club de lectura de Adultos Biblos Aguiar
Estimad@s lectores do Club de Lectura Biblos Aguiar:
Neste sexto ano de vida, comezaremos cunha xuntanza co escritor José Ovejero.
A proposta de lectura é a súa última novela: Insurrección [Galaxia Gutemberg, Madrid, 2019] da que xa podemos atopar na Libraría Biblos exemplares á venda.
Aínda está por concretar o día no que José Ovejero visite Betanzos: 6, 7 ou 8 de novembro.
Todos os interesados en participar no Club de Lectura poden contactar con nos mediante o correo da Biblioteca Ies Francisco Aguiar: bibliofranciscoaguiar@gmail.com ou mesmo expresando ese desexo na Libraría Biblos.
Ovejero, licenciado en Xeografía e Historia, traballou como intérprete. Cultiva todos os xéneros literarios: poesía, conto, novela, ensayo, libro de viaxes, teatro...
-
Premio Ciudad de Irún de Poesía 1993 por Biografía del explorador
-
Premio Grandes Viajeros 1998 por China para hipocondríacos
-
Premio Primavera de novela por Las vidas ajenas
-
Premio Anagrama de Ensayo 2012 con La ética de la crueldad
-
Premio Alfaguara de Novela 2013 por La invención del amor.
-
Premio Bento Spinoza de Ensayo 2014 por La ética de la crueldad.
-
Premio Setenil al mejor libro de cuentos por Mundo extraño.
#Paralelo36 de Raquel Vázquez no #clublecturaadultos Biblos-Aguiar
Enviado por Pitusa o Xov, 13/06/2019 - 10:14Compartimos una breve crónica da xuntanza de Xuño 2019 do club de lectura de adultos Biblos-Aguiar. Nesta volta compartiron o derradeiro libro de Raquel Vázquez, ex-alumna do Aguiar, que coma os vén tendo acostumados dende os seus tempos de estudante, brilla no seu traballo.
"A poeta e narradora Raquel Vázquez falounos por extenso do seu libro de contos “Paralelo 36”. Está publicado en Talentura e recolle un conxunto de textos de ficción realista co nexo de unión de se desenvolveren en lugares situados á altura de dúas liñas imaxinarias, o paralelo 36 norte e o paralelo 36 sur. Dezaseis historias polas que transitan vidas diferentes que, ao tempo, comparten arelas, dores, carencias. No encontro coa autora participaron as lectoras e lectores que forman parte do Club de Lectura Biblos-Francisco Aguiar."
Publicado no Facebook de Biblos Clube de Lectores
Venres 7 e sábado 8 de xuño: VII XORNADAS DE FORMACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOBRE A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Vª edición da Xornada de Orientación
Un ano máis o Departamento de Orientación, en colaboración con Vicedirección e o profesorado do Ciclo convoca ao alumnado de 1º e 2º BAC a unha Xornada de Orientación o vindeiro sábado 9 de marzo entre as 10.30 e as 13.00h.. E neste ano, coa colaboración no deseño da información de Carmen Nuñez, ex alumna, bióloga e ilustradora.
O Bacharelato é un momento de importantes decisións no relativo aos futuros estudos ou saídas profesionais.
O panorama educativo constantemente cambiante que estamos a vivir non facilita a toma de decisións aos interesados e ás súas familias
A nosa convocatoria
. Convidamos ao alumnado de 2º BAC que este ano rematará estudos de secundaria pero tamén ao de 1º BAC para que poida tomar decisións con maior perspectiva.
. Convidamos ao alumnado, pero tamén ás familias, convencidos de que nunha decisión así compre sumar puntos de vista.
. Convidamos fóra do horario lectivo para favorecer a asistencia tanto das familias como dos colaboradores/as.
. Convidamos non tanto a unhas charlas teóricas canto a un encontro con persoas que estudaron ou estudan aquilo no que podemos estar interesados/as.
. Convidamos non porque dispoñamos dun grande presuposto económico, senón porque atesouramos o inmenso capital humano dun Instituto de máis de medio século. Contaremos como colaboradores con ex-alumnos/as do IES Francisco Aguiar.
OS COLABORADORES/AS DA XORNADA
- Pedro Rey Prof. UDC
- Mª Jesús Pardo Profª.C.S. IES Aguiar
- Pablo Martínez/Carmen Valiño Mediciña USC
- Laura Nogueira Matemáticas UNED
- Carmen Núñez Bioloxía UDC
- Paula Gómez Biotecnoloxía USC
- Carlota Gómez. Enfermería UDC
- Sara Antelo Fisioterapia
- Lorena Castro Química UDC
- Isabel López Óptica USC
- Raquel Veiga Podoloxía UDC
- Joaquín Pérez Arquitectura UDC
- Icía Carro Informática UDC
- Nerea Leiras Enx.Desño.Industrial
- Yessica Fernández C.S Patronaxe e Moda(IES Paseo das Pontes)
- Ángel Amenedo C.S/C.M Electricidade (IES As Mariñas)
- Catuxa Gómez/Óscar Barreiro EducaciónPrimaria UDC
Paula García/Laura Antón EducaciónPrimaria UDC
- Paula Baroso EducaciónInfantil UDC
- Iria Pérez Pedagoxía USC
- Laura Galán Educación Social UDC
- Ainhoa Placer/Silvia Veiga Terapia Ocupacional. UDC
- Penélope Vidal Logopedia UDC
- Antonio Gzálz/Ezequiel Varela Historia USC
- Andrea Riveira Historia da Arte USC
- Lucía Tudó Socioloxía UDC
- Daniel Quintás CC. Políticas USC
- Sara Cadaveira/Lidia Roibás ADE+Dereito UDC
- Candela Montero Dereito UDC
- Adrián Mauri / María Vázquez ESAF/C.S.Admon e Finanzas(IES As Mariñas)
- Marina Muiño/Alicia García Comunicación Audiovisual UDC/USC
- Elías Teijo Publicidade CESUGA
- Silvia Soto/Pablo Ferrer INEF UDC
- Gala Illanes/Uxía Castelos Galego USC
- Lidia Gómez Galego(Español)USC
- Noelia Barbeito Español UDC
- Maia López Filosofía USC
- Selene Varela/Noelia Fraga Ling. Modernas USC
- Julio Lorenzo/Álvaro Pérez Forzas Armadas
- Óscar Alfeirán Escola Superior de Hostelería de Galicia
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »