Xuntanza do Club de Lectura de Adultos Biblos-Aguiar 'Beleza Vermella' con Arantza Portabales

Reproducimos aquí as fotografías e comentarios publicados na conta de Facebook de Biblos Clube de Lectores a propósito da pasada reunión do Club de Lectura de Adultos Biblos-Aguiar. O libro comentado foi 'Beleza Vermella' de Arantza Portabales.

 

" De novo nos contaxiou o seu entusiasmo. Coincidindo no día coa saída ao mercado da edición en alemán de “Deixe a súa mensaxe despois do sinal”, a escritora Arantza Portabales estivo onte por segunda vez na libraría Biblos de Betanzos para participar na xuntanza mensual do Club de Lectura Biblos-Francisco Aguiar. En xaneiro de 2019 falounos polo miúdo de “Deixe a súa mensaxe” (que dende aquela foi tamén traducida ao hebreo) e onte esmigallou numerosos detalles arredor de “Beleza vermella” nunha entretida conversa na que os personaxes da novela desfilaron diante nosa coas súas luces e sombras. Arantza revelouse coma unha estratega á hora de dosificar a información que sustenta a narración e de modelar a psicoloxía dos personaxes, e eloxiou os seus acertos no momento de introducir golpes de efecto decisivos para a trama. "

 

 

Álbum: Reunións do Club de Lectura de Adultos Biblos-Aguiar -> xaneiro 'Beleza Vermella' Arantza Portabales