Chegou aos nosos oídos

Chegou aos nosos oídos...Campamento Multideportivo Saudable

 

Chegou aos nosos oídos...por medio de Juan Carlos Prados, vello coñecido do Aguiar polos seus talleres anuais de Prevención de Condutas Adictivas, que se está a organizar un Campamento Multideportivo Saudable  no que participan varios concellos da bisbarra. 

CAMPAMENTO MULTIDEPORTIVO SAUDABLE 2018 

 

 

 

 

ACTIVIDADE:CAMPAMENTO MULTIDEPORTIVO SAUDABLE 

 

DATAS:     DO 02 DE XULLO AO 15 DE XULLO (DE LUNS A VENRES)

 

HORARIO: DE 9:30 A 13:30

 

COTA:ACTIVIDADE GRATUÍTA

 

IDADES: NENOS E NENAS DE 12 A 17 ANOS. (POR GRUPOS DE IDADE).

 

LUGAR:INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DO CARREGAL

 

PRAZAS: 60 PRAZAS, LIMITADAS POR ORDE DE INSCRICIÓN

MÍNIMO 15 PARTICIPANTES PARA REALIZAR A ACTIVIDADE.

 

ACTIVIDADES:DEPORTES DE EQUIPO, DEPORTES ALTERNATIVOS, DE AVENTURA E GRANDES XOGOS.

 

PRAZO INSCRICIÓN:DO 11 AO 28  DE XUÑO NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS.

PRAZA DO EMIGRANTE, 1. BETANZOS. TLF.: 981 77 07 07

 

INSCRICIÓNS:ASINADAS POLO/A PAI/NAI OU TITOR/A.

 

TARXETA SANITARIA:COPIA DA TARXETA SANITARIA COA SOLICITUDE DE INSCRICIÓN.

 

COLABORA:CONSELLERÍA DE SANIDADE – XUNTA DE GALICIA 

 

 

 

 

 

 

Delia Vázquez gaña o Certame de Banda Deseñada do Xelmirez1

 

 

 Delia Vázquez González ven de resultar gañadora do primeiro premio na súa categoría (12-16 anos) do Certame de  Banda Deseñada que convoca o Instituto Arcebispo Xelmirez 1 de Santiago de Compostela.

 

Un galardón máis que merecido para Delia no que se xunta  talento persoal  de alumnos e alumnas; unido ctraballo dun instituto como o Aguiar( especialmente seus departamentos de Educación Plástica e Normalización Lingüistica),  que se preza de publicar cada ano ( e van once edicións) unha revista de banda deseñada (BDban-de)...      Xa o puidemos disfrutar con Sarela Lorenzo e agora volvemos a reeditar ledicia cunha nova promesa da Banda Deseñada.

 

Parabéns á artista, á súa  familia e ao creativo Departamento de Educación Plástica e Visual na persoa do seu Xefe: Xosé Manuel Rey Bao.

 

Premiados no VI Certame de Banda deseñada AX1

Categoría de 12 a 16 anos:
Primeiro premio: O que ve. Autora: Delia Vázquez González, do IES Francisco Aguiar de Betanzos.
Segundo premio: Prexuízos virtuais. Autora: Raquel Cambeiro Fernández, do IES As Insuas de Muros.

Categoría de 16 anos ou máis:
Primeiro premio: Triste inocencia. Autora: Isela Rodríguez Mascato, do IES Xunqueira I de Pontevedra.
Segundo premio: Mosquitap. Autora: Anaïs Cerezal Pacho, do IES Xunqueira I de Pontevedra.

 

Agardamos que este recoñecemento sexa un impulso

para o camiño creativo de Delia

que agora comeza cheo de grandes esperanzas.

In memoriam Carmen Casillas Guisado

A Comunidade Educativa do IES Francisco Aguiar lamenta a perda de Carmen Casillas Guisado, boa docente e boa compañeira, e desexa acompañar nestes momentos de dor aos seus seres queridos.

 

Facémonos eco, tamén, das palabras dunha ex_alumna de Carmen que reflexan ben o sentir de todos nós:

 

"Cando camiñamos, e chocamos, con persoas que realmente aman o que fan, sentimos que nos tocan.

Profundo.

De maneiras que nunca chegarán a intelixir. 

 

Día moi triste para as persoas que participaron do premio de verte regalando coñecemento,

forxando identidades. 

 

Estarás sempre presente por descubrirme como invertir o mundo e dubidar.

 

 

Grazas."

Chegou aos nosos oídos....Iria Cano no Campeonato de España de patinaxe Solo Danza

Chegou aos nosos oídos... a participación da nosa ex alumna Iria Cano (primeira, e guapísima, pola esquerda) no Campeonato de España 2018 de Patinaxe na modalidade de Solo Danza. (enlace)

 

PARABÉNS, Iria!

 

PD: decididamente...ás veces que pouco sabemos da vida do noso alumnado máis aló das paredes da aula, e que agradablemente nos sorprenden

 

 

Lúa `Mosquetera' presenta o seu poemario, "Rasrás"

 

Cando o profesor David de Río propuxo que unha xoven poeta de Miño viñese a falar de poesía ao noso alumnado, unha chea de recordos acudiron á nosa memoria. 

A "mosquetera" que agora nos propón duelo literario á lúz da lúa flotaba ben viva na nosa memoria dos primeiros anos do século XXI. Indistinguible, para os menos observadores da súa irmá Zeltia, cursaba o Bacharelato nas aulas do Francisco Aguiar. Acordámonos de Lúa e Zeltia como activas escritoras; incansables colaboradoras da profesora Concha Delgado; Lúa  gañadora, xa daquela, dalgúns prestixiosos premios literarios escolares. Sempre na biblioteca esculcando entre o mellor da literatura. 

En abril de 2005 Lúa Mosquera Tenreiro (Alumna de 1º BAC) obtivo

o accésit en narrativa do Premio Minerva convocado polo Colexio Peleteiro de Santiago.

 

Pouco despois as inquedanzas artísticas orientáronse ao mundo do deseño de moda cunha interesante aposta de emprendemento, a casa Nicanora(enlace).

 

E agora ( 6 de xuño do 2018) , atopamos a Lúa de regreso ao Aguiar para presentar un emocionante libro de poemas.

Para falar de poesía ao alumnado novo.

Para ser ela mesma a que agora avive o entusiasmo pola literatura (pola verdade) recibido entre estas mesmas paredes. 

Para presentar a súa obra: "Rasrás"

 

booktrailer de "Rasrás"

Hora de Ler 33ª semana [3ª sesión]

Ilustración: Maria Hesse 

 

33ª SEMANA [3ª SESIÓN]

 

As suxestións de lectura desta semana quedan xeraquizadas por orde alfabético:

 

 

Sara Parga Pérez,

Giuseppe Scaraffia e

Amaia Tomé

 

Algo máis que un pracer literario voltar a ler ás nosas exalumnas escritoras!!!!

 

 

 

 

¡Hasta siempre Instituto!. A graduación 2018 na Voz de Galicia

PABLO PORTABALES 

26/05/2018 05:00 H

 

Y este jueves tuvo lugar el acto de graduación en el Francisco Aguiar de Betanzos.

Hubo actuaciones musicales, intervenciones de alumnos y profesores, «e entrega das insignias do instituto», comenta el director, Francisco Rodríguez.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2018/05/25/siempre-instituto/00031527265377866846272.htm

 

Así recolle Pablo Portabales a nosa graduación do xoves 24 en palabras necesariamente sintéticas para dar cabida a outros institutos.

 

Pero os que tivemos a fortuna de disfrutala "in situ"  sabemos poñer moitos detalles entrañables. 

 

 

Certo que houbo actuacións  musicais grazas a Blanca Bello, ao alumnado de BAC, a Amë e a Óscar. Actuacións que emocionaron,   "Mama mia" con botas plateadas incluidas (directamente ABBA) por parte de Blanca;   

 

 

decindo a todos que non nos mete medo o que veña por diante, que "non hai montaña suficiente grande " ("Ain't no mountain high enough") para os que alí estabamos;

 

 

ou a chamada a soltar amarras  sen chorar polo que deixamos atrás que Amë cantou (acompañada á guitarra por öscar e ao piano por Blanca) con "The Sign of the Times".

 

Claro que houbo discursos!

 

A voz grave e sempre impresionante de Francisco desvelou un dos grandes secretos: a xeración do 2018 pasaba a ser modelo para a xeración do 2019. 

 

Quen non ríu e emocionou coas palabras delicadas de Selene, coa alegría contaxiosa de Amë ou a enerxía de Tania!

 

 

Como non escoitar aos autoalcumados "xeración desastre" relatar as peripecias do paso polo Insti, o recordo para os que vivían tan lonxe ( ou en repúblicas independentes) que parecía mentira que viñesen ata Betanzos a recibir clases. Lidía de blanco elegante e impoluto; Andrea estilizada e altísima;  dinámica e alegre, como sempre, Lucía.

 

E sorprendernos co discurso de ciencias que María e Elías declamaron case sen mirar para o papel. As indubidables dotes para a escea de Elías, a voz serea e firme de María (impresionante). Un discurso impecablemente construido que nos levou da poesía  á risa  transportados sen resistencia posible  por un vendaval de emocións. 

 

E que dicir do discurso dos profes, de Cheché e Blanca. Ninguén podía esperar nada parecido. Cheché e Blanca falando distendidos, rindo e facendo rir sen "cortarse" por  poñer un nariz de pallaso, unha pamela de palla ou unha gorra de capitán de barco. Blanca e Cheché cantando os maitines que profetizaban a noite que viña por diante aos graduados,  ou animando con música de Orquesta Mondragón:"Viaje con nosotros "Francisco Aguiar". Viaje con nosotros a mil e un lugar.."

 

E logo de todo isto "entrega de insignias". Certo que se entregou este deseño que nos identifica e nos situa nesa cidade outa abrazada polos ríos Mandeo e Mendo que se funden na ría de Betanzos. Pero esa entrega era case o de menos,  porque o xeito en que o Aguiar quedaba  era xa en forma de vivencias fondas no alumnado e profesorado, en familias e amigos. 

 

 

Que logo fixesemos unha fotografía que nos reunía a todos, ou que rematásemos co  refrixerio ofrecido por Melania, era só un aparente final. De feito, moitos viñeron á mañá seguinte directos da festa coruñesa (algúns ataviados con calcetíns de cor  rosa... vai saber saidos de onde, outras termando por facer o horario escolar completo ata o final da mañá).  E agardamos que sigan viñendo cada vez que necesiten algo de nós ou simplesmente para facermonos saber que é das súas vidas. 

 

BOA VIAXE ! (agárdavos a vosa Itaca)

 Xeración do ano 2000

Promoción 2018 do "Aguiar"

 

 

 

Chegou aos nosos oídos...Fragas do Mandeo nominada a "héroes verdes"

CHEGOU ÁOS NOSO OÍDOS... que Fragas do Mandeo, Fondo de conservación da Natureza das Mariñas, e na que xoga un papel impulsor moi importante o noso compañeiro Juan M Neira, foi nomeada pola Casa Grande de Xanceda como HEROE VERDE Mereceu este recoñecemento polo seu labor dende 2010 para a recuperación do bosque autóctono na cunca do Mandeo.

A consecución diste galardón, da súa dotación económica será utilizado para mercar terras de monte no entorno do Mandeo, continuando co seu interesante labor. 

Aínda que por problemas alleos aos nosos compañeiros actualmente está desactivada a páxina de votación vola facemos saber por se queredes sumarvos, cando estea activa, ao apoio desta meritoria labor.

DENDE O AGUIAR, PARABÉNS PARA FRAGAS DO MANDEO

Distribuir contido