FAUNA MÁXICA / 1º ESO

 
O alumnado de 1º de ESO anda a aprender sobre personaxes da nosa mitoloxía. Tamén leu varios textos da "Fauna máxica" de Álvaro Cunqueiro na súa obra  Escola de menciñeiros. Despois botouse a crear ata compoñer colectivamente este pequeno bestiario. 
Para ver as criaturas inventadas, preme nos nomes do seguinte índice:
 


1. A pillabina

13.A ra que hipnotiza

25.O  gapeiro

 2. O teperés

14. A Eli

26.O paxarefante

3. A lorsa

15.O rapoucho

27.O golficán

4. O loboto

16.O  bolborato

28.O T-Plus

 5. O xiraflante

17.O salburón

29. O guelirpe

6. O escaradentes

18.O raposobot

30.A tigreruga

 7. A pórcava voadora

19.A mantigoxa

31.O porcoruga

8.A pegallada

20.O paticervo

32.O tigrefante

9. O cocho-cacho

21.O xiritigre

33.O cabapato

10. A murmiga

22. O xirafante

34.O puritante

11.O escaratorpe

23. O serpón

35.O ornitotigris

12. O manolinho

24.O paticanfante

36. O hipopanda

 

Meteoescolas TIC: Climogramas con LibreOffice Calc

Dentro do traballo en Ofimática follas de Cálculo con LibreOffice Calc, os de 1º BAC TIC fixemos coma exercizo a elaboración dunha gráfica tipo climograma. 

Para seguir os nosos pasos podes consultar o titorial que se liga aquí.


Tamén compartimos neste pdf algúns exemplos dos resultados do noso traballo:

 

HORA DE LER

02/05/2021 16:02
Europe/Andorra

 

 

28ª SEMANA 

[4ª SESIÓN]

 

Sirvan as propostas de lectura (os microrrelatos de Gustavo Martín Garzo e unha pequena antoloxía de poemas) e o lenzo da pintora impresionista norteamericana Mary Cassatt como unha oportuna (ou oportunista) oda á maternidade.

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS: o primeiro CD de Diego Salgado

30/04/2021 09:10
Europe/Andorra

 

 

Na orla da promoción dos alumnos que remataron 2º de BAC no 2008 está, como corresponde, a fotografía de Diego Salgado. 

Actor, poeta e músico, ven de publicar o seu primeiro disco en solitario, xa como Diego Salgado: Growing Strong. É un album co-producido, mezclado e masterizado por Carlos Rodríguez Castro, vinculado á xestión cultural de festivais como O Son Do Camiño e a artistas como, Xoel Lopez, Rosalía, Luar na Lubre, Ivan Ferreiro ou Kepa Junkera.

Parabéns a Diego por tanta boa música neo-soul: A seguir medrando!!!!

Rapaces e rapazas gañadoras da Xincana Matemática. #Clubedeciencias

Logo da deliberación do xurado da xincana matemática do 21 de abril, queremos felicitar a parella gañadora e tamén aos e ás finalistas e agradecer, tamén, ás persoas colaboradoras de 4º ESO e a todas as persoas participantes.

Esperamos que disfrutasen coas probas e retos aos que se enfrontaron.

 

            1º PREMIO PARA A PARELLA FORMADA POR:

Adrián Grandal

Arón Bascoy

            2º PREMIO PARA A PARELLA FORMADA POR:

Henrique Barreiro
Manuel Santoro

            3º PREMIO PARA A PAREJA FORMADA POR:

Celia Sánchez
Joanna Martínez

Deixámosvos novamente o vínculo á Galería fotográfica Álbum: Club de Ciencia 2020-21 -> 03_Abril_Xincana Matemática: Meteoescolas incluido e… por fin a SOLUCIÓN ao reto proposto a todo o alumnado da ESO.

 

 

A vindeira semana haberá outro reto, para seguir activando neuronas…

 

Álbum: Club de Ciencia 2020-21 -> 03_Abril_Xincana Matemática: Meteoescolas incluído

De barcos tradicionais e 3D: Fasquía 3D modelos realizados por 1º BAC TIC

Da colaboración co CIFP Ferrolterra xurdiu o proxecto ''Fasquía 3D''  no que colabora o noso centro e que busca reproduccir en 3D, para logo poder imprimir, embarcacións tradicionais galegas.

Aínda á espera de imprimir os mellores dos nosos proxectos, feitos sen medidas rigorosas, pero sí coma unha aproximación do alumnado á riqueza naútica da nosa terra,  compartimos pequenas instantáneas do traballo do alumnado.

Álbum: Curso 2020-2021 -> Acurtando distancias no mar: de barcos tradicionais e outros barcos modelados en 3D

HORA DE LER

25/04/2021 12:02
Europe/Andorra

 

 

 HORA DE LER

 

27ª SEMANA 

[3ª SESIÓN]

As chuvias desta última semana de abril, axudarán a que flores e plantas agromen nos campos.

Os relatos de Francisco Castro e de Julio Llamazares outro tanto farán na imaxinación dos seus lectores.

Distribuir contido