Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
17
all day
Ao longo do curso, o Departamento de Matemáticas foi o encargado da realización da toma de datos meteorolóxicos (tarefa realizada por alumnado de 1º e 2º ESO). A posterior análise de datos realizouse no bloque de Estatística, elaborando os informes e as gráficas correspondentes (1º ESO e 1º BAC). O alumnado de 1º da ESO representou de forma gráfica e con climogramas os datos obtidos na medición da estación meteorolóxica. Noutro nivel, pero no mesmo Bloque de Estatística e probabilidade, o alumnado de 1º de Bacharelato traballou con estes datos incidindo na parte de probabilidade: probabilidade de choiva en cada mes, probabilidade condicionada... | 18
all day
Como xa é tradición dentro do Programa, rematamos o curso coa elaboración de distintos climogramas empregando os datos recollidos na estación. O alumnado de matemáticas de 1⁰ ESO B,C,D e E adicou dúas sesións do Bloque de Estatística e Probabilidade a traballar cos datos: extracción da páxina web de MeteoGalicia, conversión de .csv a .odf, comprensión do significado de cada columna, análise e representación de diferentes gráficos coa folla de LibreOffice Calc... Como produto final, cada alumno tivo que entregar un climograma dun mes ou unha quincena escolleito por eles mesmos. Velaquí uns exemplos: | 19
all day
O alumnado de 3 ESO de proxecto competencial estivo a catalogar as numerosas árbores (cerca de 200!) que temos no no noso instituto. Abundan os plátanos e os chopos, destacan os catro cedros, gustan as froiteiras... e protexen os do sol os castaños de indias. Ademais, loureiros, aligustres, carballos e freixos confiren un vizoso aspecto ao noso fermoso patio. Só nos faltan os bancos de Teka para sentirnos en Hyde Park! Para complementar a catalogación, a técnica de Turismo do Concello de Betanzos explicounos cousas curiosas relacionadas cos espazos verdes de Betanzos: que o parque actual ía ser un complexo deportivo; que a praza do concello tiña Magnolios (só queda o da foto) e que a Praza do Campo, onde se facía o mercado (e se fai), estaba tamén arborada. all day
Chegou o momento de solidificar coa nosa fala boa parte do refraneiro meteorolóxico que fomos creando ao longo do curso. Distintas voces da rapazada de 1⁰ e 4⁰ ESO soaron polos micros da radio da biblioteca pronunciando sabias palabras. Achegamos os audios nos que viven, por exemplo, indiscutibles sentencias como "ceo escamudo, vendaval seguro" ou "en xaneiro arde o berdueiro". | 20
all day
| 21
all day
Novo número da revista de banda deseñada BD Bande feita por alumnos e alumnas do centro. all day
| 22
| 23
|