Eventos
Claudia Pérez Villalta, alumna de 2º Bac C, quedou finalista no 19º Concurso de fotografía Xurxo Lobato, convocado pola Asociación de Amigos do IES Monelos da Coruña.
Coma a entrega de premios concindiu coa tarde da graduación, o propio Xurxo Lobato acercouse ao noso instituto co diploma e o premio. Grazas a el e PARABÉNS a Claudia!
Con data do 12 de abril de 2024 publicouse o extracto da Resolución da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024/25.
Podedes atopar toda a información en:https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html
As solicitudes débense cumplimentar mediante formulario accesible por internet na dirección www.educacionyfp.gob.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional na dirección https://sede.educacion.gob.es
O prazo de presentación de solicitudes extenderáse dende o día 30 de abril de 2024 ata o día 13 de setembro de 2024, ambos inclusive.
Ao longo do curso, o Departamento de Matemáticas foi o encargado da realización da toma de datos meteorolóxicos (tarefa realizada por alumnado de 1º e 2º ESO). A posterior análise de datos realizouse no bloque de Estatística, elaborando os informes e as gráficas correspondentes (1º ESO e 1º BAC). O alumnado de 1º da ESO representou de forma gráfica e con climogramas os datos obtidos na medición da estación meteorolóxica. Noutro nivel, pero no mesmo Bloque de Estatística e probabilidade, o alumnado de 1º de Bacharelato traballou con estes datos incidindo na parte de probabilidade: probabilidade de choiva en cada mes, probabilidade condicionada...
Como xa é tradición dentro do Programa, rematamos o curso coa elaboración de distintos climogramas empregando os datos recollidos na estación. O alumnado de matemáticas de 1⁰ ESO B,C,D e E adicou dúas sesións do Bloque de Estatística e Probabilidade a traballar cos datos: extracción da páxina web de MeteoGalicia, conversión de .csv a .odf, comprensión do significado de cada columna, análise e representación de diferentes gráficos coa folla de LibreOffice Calc... Como produto final, cada alumno tivo que entregar un climograma dun mes ou unha quincena escolleito por eles mesmos. Velaquí uns exemplos:
O alumnado de 3 ESO de proxecto competencial estivo a catalogar as numerosas árbores (cerca de 200!) que temos no no noso instituto. Abundan os plátanos e os chopos, destacan os catro cedros, gustan as froiteiras... e protexen os do sol os castaños de indias. Ademais, loureiros, aligustres, carballos e freixos confiren un vizoso aspecto ao noso fermoso patio. Só nos faltan os bancos de Teka para sentirnos en Hyde Park!
Para complementar a catalogación, a técnica de Turismo do Concello de Betanzos explicounos cousas curiosas relacionadas cos espazos verdes de Betanzos: que o parque actual ía ser un complexo deportivo; que a praza do concello tiña Magnolios (só queda o da foto) e que a Praza do Campo, onde se facía o mercado (e se fai), estaba tamén arborada.
Chegou o momento de solidificar coa nosa fala boa parte do refraneiro meteorolóxico que fomos creando ao longo do curso. Distintas voces da rapazada de 1⁰ e 4⁰ ESO soaron polos micros da radio da biblioteca pronunciando sabias palabras. Achegamos os audios nos que viven, por exemplo, indiscutibles sentencias como "ceo escamudo, vendaval seguro" ou "en xaneiro arde o berdueiro".
Novo número da revista de banda deseñada BD Bande feita por alumnos e alumnas do centro.
As profesoras Elvira Castro e Mª José Pardo organizaron, para 2º da ESO e coa colaboración de alumnado de outros niveis, un marabilloso festival de fin de curso. Estas fotos son só unha mostra das variadas actuacións que desfilaron polo escenario, moi aplaudidas. Non hai máis que botarlle un ollo ao programa!
Nun mundo globalizado, e no que os avances científicos son constantes, é importante ter mecanismos para crear novos termos que sexan duradeiros no tempo. Por iso, acudimos ao léxico do grego clásico. O alumnado de Fundamentos Léxico xogou a crear novos termos que ben poderían xurdir nun futuro.
Álex Abad Mourón, alumno de 2º de Bacharelato, recibiu o seu diploma pola participación na proba de lingua grega convocada polo departamento de Filoloxía Clásica da USC e a Sección Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos. Parabéns a Álex e tamén ao seu profesor de grego, Francisco Calaza.