Eventos
It's Easter time!
Projects made by students in 1st ESO to celebrate Easter.
A seriedade e concentración na lectura que amosa a neñina fotografiada por Antoni Arissa é a que precisa o lector das suxestións de lectura desta semana: Theodor Kallifatides e Manuel Rivas, dous autores que coinciden na honestidade creativa, a preocupación social e unha mirada ética sobre as dores que atenazan aos desfavorecidos.
Os grupos de 1º de ESO A e B visitarán o venres 10 de maio o Castro de Viladonga.
O alumnado de E2A practicará piragüismo no río Mandeo o vindeiro día 10 de maio.
O grupo de E4D ten un obradoiro de ciberactivismo, onde se abordarán as oportunidades que ofrecen as redes para a intervención social do alumnado.
O alumnado de E2C practicará piragüismo no río Mandeo o vindeiro día 10 de maio.
O alumnado de E2D practicará piragüismo no río Mandeo o vindeiro día 12 de maio.
Como en convocatorias anteriores, hai alumnos e alumnas do noso centro, fundamentalmente de 1º de Bacharelato, que van certificar o seu nivel de francés.
As probas orais do DELF B1 serán realizadas no noso centro, cunha examinadora que se despraza ao noso centro.
Os exames serán o xoves 12 de maio, desde as 10.00 até as 13.45.
O 30 de marzo dábamos conta da seguinte noticia: a alumna de 2º de BAC Sofía Veiga García resultaba ser a gañadora na fase autonómica do Consurso Parnaso de tradución do grego.
Poucos días antes da visita a Betanzos de Theodor Kallifatides recibimos, con xúbilo, a notificación de que o seu traballo mereceu a segunda posición a nivel nacional.
Na secuencia de fotografías que hoxe publicamos aparecen Sofía e o seu profesor, Francisco Calaza, e Sofía e Theodor Kallifatides.
Nas mans de Sofía un exemplar de Timandra, a última novela, adicada por Theodor Kallifatides con todo o afecto, rebosante de humanidade, que transmite este exemplar e venerable intelectual humanista.
Non atopamos mellor agasallo para Sofía que unha nova inxección de estímulo intelectual.
Parabéns a Sofía e a nosa felicitación a Francisco Calaza polo seu traballo.
O día 16 de maio foi escollido polo claustro como un dos festivos do centro, polo que terá a consideración de día festivo.
O 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, día non lectivo.
Este ano conmemoramos a vida e a obra de Florencio Gurriarán (1903-1987), escritor do Barco de Valdeorras, exiliado republicano afincado en México.
O 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, día non lectivo.
Este ano conmemoramos a vida e a obra de Florencio Gurriarán (1903-1987), escritor do Barco de Valdeorras, exiliado republicano afincado en México.
Esta semana ilustra o cartel de Hora de Ler a proposta artística de As letras de Florencio, unha adicada ao poeta Florencio Delgado Gurriarán onde o visitante saciará a súa curiosidade e atopará un múltiple mostrario de recursos para achegarse á súa obra.
O grupo de E3C sae de safari fotográfico, unha actividade organizada polo Departamento de Plástica. O alumnado sairá por quendas ao longo da mañá.
Ás 17:30 reúnese a Xunta de avaliación de 2º de BAcharelato. As notas da convocatoria extraordinaria será entregadas polas titoras e titores ás 20:15 na aula de cada grupo.
O grupo de E3B sae de safari fotográfico, unha actividade organizada polo Departamento de Plástica. O alumnado sairá por quendas ao longo da mañá.
O grupo de E3A sae de safari fotográfico, unha actividade organizada polo Departamento de Plástica. O alumnado sairá por quendas ao longo da mañá.
Darío Amor premia la excelencia en el 50.º aniversario de Naviera de Galicia
Todo eran nervios en el instituto Francisco Aguiar, de Betanzos, donde este jueves por la tarde el empresario Darío Amor quiso premiar la excelencia de los cinco alumnos de segundo de bachillerato que lograron la calificación de matrícula de honor este año académico. Los estudiantes reconocidos, todos nacidos en el año 2004, son cuatro chicas y un chico: Sofía Veiga García, Marieta Sánchez Rey, Mariña García Iglesias, María Vázquez Basteiro y Brais Cano Fariñas. Cada uno de ellos recibieron 900 euros, que podrán gastar libremente, ya que la entrega del dinero no quedó condicionada a ningún fin.
La iniciativa de Amor —prácticamente inexistente entre el empresariado gallego— tiene que ver con la coincidencia del 50.º aniversario de Naviera de Galicia. Fue fundada el 19 de febrero del año 1957 bajo la denominación de Naviera Reddis, y tenía domicilio en Ceuta. Con posterioridad, en el año 1972, fue adquirida por el grupo gallego Macogasa-DDY, pasando a denominarse entonces Naviera de Galicia. El empresario, betanceiro de nacimiento, destacó todos estos datos, al tiempo que recalcó que Naviera de Galicia posee cinco barcos de 5.500 a 7.500 toneladas de capacidad de carga. «Mantenemos la bandera española, y alrededor del 75 % de sus tripulantes son gallegos. Operamos prácticamente en todo el mundo, exceptuando China y Australia».
En el Francisco Aguiar estudian este curso 109 alumnos. El director del centro, Francisco Rodríguez Coloma, puso en valor el esfuerzo que el alumnado realiza para lograr nivel de máximo que le permita alcanzar la mejor calificación. También destacó la decisión del empresario, «quien desde un primer momento, al exponer su proyecto, argumentó que su objetivo era premiar la excelencia» entre los jóvenes.
Darío Amor (Betanzos, 27 de septiembre de 1944) es el menor de ocho hermanos y su padre falleció cuando él tenía 16. Ese acontecimiento familiar le obligó a dejar sus estudios en el Seminario de Santiago para ayudar a su madre. Quizá por su manera de ser —abierta, amigable y con mucha facilidad para ponerse en el lugar del otro— tuvo apoyos y suerte. Lo contrató un amigo de la familia en un aserradero, en donde trabajó en las oficinas; después se hizo delegado de Mapfre —siente pasión por Ignacio Hernando de Larramendi, primer ejecutivo de la aseguradora entre 1955 y 1990— y, con posterioridad, representante de una empresa a través de la que vendía papel higiénico ysacos de papel para piensos. Confesó en una entrevista publicada por La Voz que nunca pasó hambre, pero sí sabe lo que es no tener un cuarto de baño y lavarse en una palangana de hierro.
Sofía Vázquez, La Voz de Galicia, 20 de maio de 2022
O pasado xoves 18 de maio, por moito que fora esperable, sacudiunos a noticia coa que abrían as páxinas de cultura de todos os periódicos de España: o temperán falecemento de Domingo Villar.
No seu libro Amores o poeta latino Ovidio (43 a. C.- 17 d. C.) deixou escritas varias sentencias: carmina morte carent (verso 32): os versos nunca morren.
Ergo etiam cum me supremus adederit ignis, / vivam, parsque mei multa superstes erit. (versos 41-42): aínda cando o lume último me teña consumido / vivirei e unha boa parte de min seguirá existindo.
Sempre estará ocupando un lugar preferente na nosa memoria e no noso corazón a obra de Domingo Villar.
O grupo de E3D sae de safari fotográfico, unha actividade organizada polo Departamento de Plástica. O alumnado sairá por quendas ao longo da mañá.
Polo Correo do Vento tráenos o día 23 de maio o seu contacontos sobre Florencio Delgado Gurriarán. A actividade está dirixida a 1º de ESO e dous grupos de 2º de ESO.
OS LUMES QUE ESCONDE O XEO
Xosé Luís Mosquera Camba é un deses poetas que non pertence a ningún cenáculo nin segue escolas líricas á moda, mais cómpre non perder de vista. Leva publicando hai case vinte anos, sempre textos que gañaron algún certame, neste caso o Fiz Vergara Vilariño, o que debería facernos reflexionar sobre o papel dos premios, ou, mellor. sobre algunhas precariedades dun sistema tan debedor destas convocatorias. A súa orixinalidade ten que ver con estas cuestións, comunitarias pero tamén coas persoais. Artista visual e especialista en historia da arte, a súa poesía dialoga con outras disciplinas, sobre todo as plásticas aínda que aquí predominan as cinematográficas e musicais. Malia as diferenzas obvias entre libros, a súa produción ten unha gran coherencia interna que se sustenta na intertextualidade e na procura vangardista, sobre todo no que atinxe ao peso do onírico.
En Parhelio, fenómeno físico curioso que fai patente a materialidade das representacións, aparecen algunhas claves nos paratextos, como o prólogo do propio autor. Nel aclárase de onde procede o título e a influencia de Ingmar Bergman, o que en parte explica a preferencia pola amplitude da prosa, mais acaída á narratividade do cine. As tres partes do poemario toman o nome de tres filmes do cineasta. Neste senso, e se incluimos a escoita das suxestións musicais, a obra é unha experiencia artística completa. Aínda que é recomendábel ter visto as películas, non é necesario para entrar na atmosfera bergmariana. O existencialismo, a culpa, o perdón, as pulsións crimináis, a dificultade de amar ou a violencia nas relacións filiáis dan conta do pesimismo co que se olla a propia vida: «un camino que por momentos se fai / intransitable con tanta lama; tanta, tanta lama». Non se salva a ollada inquietante cara á infancia nunha idealización forzada, a linde fina entre normalidade e anomalía psicolóxica ou os límites da comunicación literaria, outro placebo que, malia a todo, forma parte da realidade. «Quen quere entender o poema con esta auga e con este frío e esta respiración descontrolada?», porque á fin é «O poema, un accidente».
Tanta gravidade está compensada por un certo sarcasmo á sueca, propio tamén do director, e por unha paixón por veces dura que alixeira un contido que puidese parecer excesivamente intelectual, mais que non o é. As recorrenencias e as variacións dalgúns motivos constantes, treman do leme para non deixarse arrasar polo «cabalo envolto en chamas», se é que o arrasamento lector é un problema. Non debería.
Inma Otero Varela, nòs Diario, 20 de maio de 2022.
O grupo de E3B vai practicar piragüismo no río Mandeo entre as 11:30 e as 13:25.
O alumnado de E2B practicará piragüismo no río Mandeo.
O alumnado do IES Francisco Aguiar non pode comer nin beber nas aulas.
Tamén é certo que son moi poucos os rapaces que, a esas idades, adoitan elixen beber café, té ou outras bebidas estimulantes en infusión cando están a ler.
Feita esta puntualización, todos saben que un libro abre a porta a outro libro.
A Empresa Gilsanz (á que agradecemos o servizo gratuito de transporte ao Campus da Coruña) comunica que o horario de saída da Avenida da Coruña (diante do Instituto) será ás 7:30 horas.
Esta é a única maneira que lle permite poder compatibilizar esta viaxe a Coruña cos seus servizos de transporte.