SOFÍA VEIGA: SEGUNDO POSTO NACIONAL NO CONCURSO PARNASO
O 30 de marzo dábamos conta da seguinte noticia: a alumna de 2º de BAC Sofía Veiga García resultaba ser a gañadora na fase autonómica do Consurso Parnaso de tradución do grego.
Poucos días antes da visita a Betanzos de Theodor Kallifatides recibimos, con xúbilo, a notificación de que o seu traballo mereceu a segunda posición a nivel nacional.
Na secuencia de fotografías que hoxe publicamos aparecen Sofía e o seu profesor, Francisco Calaza, e Sofía e Theodor Kallifatides.
Nas mans de Sofía un exemplar de Timandra, a última novela, adicada por Theodor Kallifatides con todo o afecto, rebosante de humanidade, que transmite este exemplar e venerable intelectual humanista.
Non atopamos mellor agasallo para Sofía que unha nova inxección de estímulo intelectual.
Parabéns a Sofía e a nosa felicitación a Francisco Calaza polo seu traballo.