Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
14
| 15
| 16
| 17
Start: 17/03/2022 19:53
Xurxo Lobato, moi xeneroso sempre, loubou a composición de Hugo que foi quen de capturar unha luz potente que, en palabras de Xurxo Lobato, converte a roupa tendida «nunha instalación semellante as que penden do teito dos museos de arte moderna».
| 18
| 19
Start: 19/03/2022 19:17
| 20
Start: 20/03/2022 11:39
«Escribir poesía despois de Auschwitz é un acto de barbarie».
Esa é a sentencia coa que o filósofo alemán Theodor Adorno desexaba reprobar unha das máis terribles vilezas perpetradas polo home durante o século XX.
Como explicar que o químico xudeu italiano Primo Levi, vítima do holocausto, comezara a escribir poesía xustamente nada más saír de Auschwitz?
A poesía é tan obstinada como a natureza que, coa primavera, asoma mesmo entre as ruinas da destruida cidade de Chernóbil.
No ano 1992 escribía o poeta ruso Yevgeni Yevtushenko: «Cantos ideais foron cruelmente destruidos neste século XX, comezando polo disparo de Sarajevo, que foi unha bala contra os ideais do futuro! A Primeira Guerra Mundial, o Gulag, o holocausto, a guerra civil española, Hiroshima, Vietnam, Campuchea, Chile, Afganistán, o Ulster do Oriente Próximo, o propio Ulster, e agora de novo Sarajevo, son só algúns dos terribles acontecementos do século XX. Este século que matou tantos poetas e, simultáneamente, matou tamén o interese pola propia poesía».
De non ter falecido no 2017, probablemente tería engadido a este inventario o topónimo de Ucrania.
Hoxe, 21 de marzo de 2022, equinoccio de primavera e día mundial da poesía, desexamos recordar que, para Yevtushenko, a poesía é unha ferramenta para aprender a percibir con delicadeza a complexidade de mundo, unha ferramenta para aprender a ollar, con delicadeza, xenerosidade e empatía, o mundo:
«Porque aquel que leve na súa alma vivo a Lorca, asesinado pola intolerancia, el mesmo nunca será intolerante. Aquel que leve na súa alma vivo a Pasternak, asfixiado polos burócratas, el mesmo nunca será burócrata, e mentras que no mundo exista, aínda que sexa só unha nai que lle cante ao seu filliño unha nana, a poesía non morrerá á delicadeza da comprensión da vida».
|