Eventos - Filtro:

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Marzo 14, 2022 »
LunMarMérXovVenSábDom
14
15
16
17
Start: 17/03/2022 19:53

 


A exposicion do XVI PREMIO XURXO LOBATO no IES Francisco Aguiar de Betanzos levou unha sorpresa ao noso alumno de 4º ESO, Hugo Carro Cortés que, tendo participado, non era consciente de que a súa fotografía fora seleccionada como Finalista.

 

Xurxo Lobato, moi xeneroso sempre, loubou a composición de Hugo que foi quen de capturar unha luz potente que, en palabras de Xurxo Lobato, converte a roupa tendida «nunha instalación semellante as que penden do teito dos museos de arte moderna».

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

18
19
Start: 19/03/2022 19:17

 

Brais Cano Fariñas recibiu de mans da alcaldesa de Betanzos, María Barral, e do concelleiro de deportes, Andrés Hermida, o recoñecemento á súa progresión deportiva na modalidade de patinaxe.

Parabéns a Brais que segue a estela da súa irmá Iria.

20
Start: 20/03/2022 11:39

 

 

 

    «Escribir poesía despois de Auschwitz é un acto de barbarie». 
    Esa é a sentencia coa que o filósofo alemán Theodor Adorno desexaba reprobar unha das máis terribles vilezas perpetradas polo home durante o século XX. 
   Como explicar que o químico xudeu italiano Primo Levi, vítima do holocausto, comezara a escribir poesía xustamente nada más saír de Auschwitz?
   A poesía é tan obstinada como a natureza que, coa primavera, asoma mesmo entre as ruinas da destruida cidade de Chernóbil.
   No ano 1992 escribía o poeta ruso Yevgeni Yevtushenko: «Cantos ideais foron cruelmente destruidos neste século XX, comezando polo disparo de Sarajevo, que foi unha bala contra os ideais do futuro! A Primeira Guerra Mundial, o Gulag, o holocausto, a guerra civil española, Hiroshima, Vietnam, Campuchea, Chile, Afganistán, o Ulster do Oriente Próximo, o propio Ulster, e agora de novo Sarajevo, son só algúns dos terribles acontecementos do século XX. Este século que matou tantos poetas e, simultáneamente, matou tamén o interese pola propia poesía».
   De non ter falecido no 2017, probablemente tería engadido a este inventario o topónimo de Ucrania. 
  Hoxe, 21 de marzo de 2022, equinoccio de primavera e día mundial da poesía, desexamos recordar que, para Yevtushenko,  a poesía é unha ferramenta para aprender a percibir con delicadeza a complexidade de mundo, unha ferramenta para aprender a ollar, con delicadeza, xenerosidade e empatía, o mundo: 
   «Porque aquel que leve na súa alma vivo a Lorca, asesinado pola intolerancia, el mesmo nunca será intolerante. Aquel que leve na súa alma vivo a Pasternak, asfixiado polos burócratas, el mesmo nunca será burócrata, e mentras que no mundo exista, aínda que sexa só unha nai que lle cante ao seu filliño unha nana, a poesía non morrerá á delicadeza da comprensión da vida».
Distribuir contido