Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
14
Start: 14/03/2022 10:35
End: 14/03/2022 12:15
Retomando os proxectos de colaboración co espazo +60 de Afundación en Betanzos, recibiremos a visita de persoas maiores, que terán un encontro co alumnado de 4º D. O obxectivo é contarlles as súas experiencias nunha escola que sen dúbida era moi diferente da época dos ordenadores e os móviles, aínda que igual de enriquecedora e formativa. Para observar críticamente e pensar acerca da sociedade que foi e a que nos toca vivir.
Start: 14/03/2022 14:00
End: 14/03/2022 16:00
O luns 14 de marzo, de 16h a 18h, o Clube de Ciencia reúnese na aula de informática, onde en colaboración co proxecto Meteoescolas o alumnado imprimirá unhas folerpas de neve na impresora 3D. | 15
Start: 15/03/2022 09:45
Os días 15 e 16 de marzo, os grupos de 3º de ESO visitarán na Coruña a exposición "Untold Stories", do fotógrafo Peter Lindbergh.
| 16
Start: 15/03/2022 09:45
End: 16/03/2022 12:15
Os días 15 e 16 de marzo, os grupos de 3º de ESO visitarán na Coruña a exposición "Untold Stories", do fotógrafo Peter Lindbergh.
| 17
Start: 17/03/2022 10:35
End: 17/03/2022 12:15
Retomando proxectos de colaboración co espazo +60 de Afundación en Betanzos, os maiores terán un encontro co alumnado de 4º C para contarlles as súas experiencias nunha escola que sen dúbida era moi diferente da época dos ordenadores e os móviles, aínda que igual de enriquecedora e formativa. Para observar críticamente e pensar acerca da sociedade que foi e a que nos toca vivir.
Start: 17/03/2022 20:53
Xurxo Lobato, moi xeneroso sempre, loubou a composición de Hugo que foi quen de capturar unha luz potente que, en palabras de Xurxo Lobato, converte a roupa tendida «nunha instalación semellante as que penden do teito dos museos de arte moderna».
| 18
Start: 18/03/2022 06:45
End: 18/03/2022 12:15
Os grupos de 1º de ESO A e B visitarán o Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate (Cabana de Bergantiños) para coñecer o emblemático mégalito e coñecer mellor o xeito de vida das poboacións prehistóricas na actual Costa de Morte.
Start: 18/03/2022 08:25
End: 18/03/2022 12:15
Retomando os proxectos de colaboración co espazo +60 de Afundación en Betanzos, os maiores terán un encontro co alumnado de 4º A e B para contarlles as súas experiencias nunha escola que sen dúbida era moi diferente da época dos ordenadores e os móviles, aínda que igual de enriquecedora e formativa. Para observar críticamente e pensar acerca da sociedade que foi e a que nos toca vivir.
| 19
Start: 19/03/2022 20:17
| 20
Start: 20/03/2022 12:39
«Escribir poesía despois de Auschwitz é un acto de barbarie».
Esa é a sentencia coa que o filósofo alemán Theodor Adorno desexaba reprobar unha das máis terribles vilezas perpetradas polo home durante o século XX.
Como explicar que o químico xudeu italiano Primo Levi, vítima do holocausto, comezara a escribir poesía xustamente nada más saír de Auschwitz?
A poesía é tan obstinada como a natureza que, coa primavera, asoma mesmo entre as ruinas da destruida cidade de Chernóbil.
No ano 1992 escribía o poeta ruso Yevgeni Yevtushenko: «Cantos ideais foron cruelmente destruidos neste século XX, comezando polo disparo de Sarajevo, que foi unha bala contra os ideais do futuro! A Primeira Guerra Mundial, o Gulag, o holocausto, a guerra civil española, Hiroshima, Vietnam, Campuchea, Chile, Afganistán, o Ulster do Oriente Próximo, o propio Ulster, e agora de novo Sarajevo, son só algúns dos terribles acontecementos do século XX. Este século que matou tantos poetas e, simultáneamente, matou tamén o interese pola propia poesía».
De non ter falecido no 2017, probablemente tería engadido a este inventario o topónimo de Ucrania.
Hoxe, 21 de marzo de 2022, equinoccio de primavera e día mundial da poesía, desexamos recordar que, para Yevtushenko, a poesía é unha ferramenta para aprender a percibir con delicadeza a complexidade de mundo, unha ferramenta para aprender a ollar, con delicadeza, xenerosidade e empatía, o mundo:
«Porque aquel que leve na súa alma vivo a Lorca, asesinado pola intolerancia, el mesmo nunca será intolerante. Aquel que leve na súa alma vivo a Pasternak, asfixiado polos burócratas, el mesmo nunca será burócrata, e mentras que no mundo exista, aínda que sexa só unha nai que lle cante ao seu filliño unha nana, a poesía non morrerá á delicadeza da comprensión da vida».
|