Eventos - Filtro:
Xov | ||
---|---|---|
Start: 08/07/2021 16:19
O equipo da Biblioteca do IES Francisco Aguiar congratúlase de poder anunciar que, este poemario do noso compañeiro Óscar García Ramos, Gañador do XXIV Premio de poesía Francisco Añón | (2020), está xa a disposición dos lectores nun lugar preferente da Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez.
Ollando as consecuencias do bacilo que como teipa no meu peito fura resulta inoportuna esta textura de mina de grafiito que destilo
O tempo intercostal en que cavilo non deita mandarinas mais escura materia saturada de tristura nostálxica humidade en peristilo
Achado pernicioso este cordame de negras cavidades que vulnera que fai do leit-motiv motivo infame
mesquino cando o poeta quixera tomar en efusión este derrame tirar a soidade que lacera. |