Eventos
O Departamento de Normalización Lingüística do IES Francisco Aguiar organiza para o grupo de 1º D de Bacharelato unha visita virtual á editorial de poesía "Medulia", co obxec tivo de dar a coñercer a forma de traballar dunha editorial de poesía.
MEDULIA, editorial galega, privada e independente, ofrece unha asistencia integral, tanto literaria como xurídica, a calquera autor/a que lle confíe o seu manuscrito desde o momento da entrega ata a publicación. E despois de publicado, continúa apoiando o seu desenvolvemento e promoción, sempre no propósito de dotar a cada obra da maior visibilidade e transcendencia.
O vindeiro 25 de marzo, das 08:45 ás 10:25, a asociación Sexpoint Casco, da Coruña, impartirá a segunda sesión do seu obradoiro sobre afectividade e doenzas de transmisión sexual.
Obradoiro de intervención socioeducativa, enfocado nas drogas legais (alcohol e tabaco), a cargo de Juan Carlos Prados, psicólogo da Unidade de Prevención de Condutas Aditivas do Concello de Betanzos.
- 1º A, de 9:34 a 10:25
- 1ºB, de 10:40 a 11:30
- 1ºC de 12:35 ás 13:25
Obradoiro de intervención socioeducativa, enfocado nas drogas legais (alcohol e tabaco) para 1º D e no cannabis, para 2ºA e 2ºB, a cargo de Juan Carlos Prados, psicólogo da Unidade de Prevención de Condutas Aditivas do Concello de Betanzos.
- 1º D, de 9:34 a 10:25
- 2ºA, de 10:40 a 11:30
- 2ºB de 12:35 ás 13:25
Obradoiro de intervención socioeducativa, enfocado no cannabis, a cargo de Juan Carlos Prados, psicólogo da Unidade de Prevención de Condutas Aditivas do Concello de Betanzos.
- 2º C, de 9:35 a 10:25
- 2º D, de 10:40 a 11:30
- 2º E de 12:35 ás 13:25
Ana González Oro
A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez organiza un Concurso de Fotografía co que eloxiar o hábito de ler.
Cada fotografía irá acompañada dunha frase relativa á lectura.
As fotografías serán enviadas ao correo electrónico da biblioteca [bibliofranciscoaguiar@gmail.com] en formato jpg.
No corpo do correo, o autor engadirá o texto que servirá de pé de foto: no exemplo premiado de Ana González Oro, a secuencia sería: [Un libro é un soño que ti podes ter nas túas mans].
A data límite de recepción de traballos será o 22 de abril.
O xurado reuniráse o 23 de abril, Día Mundial do Libro, para determinar os traballos merecedores de premio.
Obradoiro de intervención socioeducativa, enfocado nas drogas sintéticas, a cargo de Juan Carlos Prados, psicólogo da Unidade de Prevención de Condutas Aditivas do Concello de Betanzos.
- 3º A, de 9:34 a 10:25
- 3ºB, de 10:40 a 11:30
- 3ºC de 12:35 ás 13:25
O venres 16 de abril, a nosa compañeira Carmen Suárez, participará nos Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2020-2021 relatando a experiencia docente Betanzos 800 anos, merecedora do premio VI Concurso de Traballos por Proxectos.
A nosa gratitute a todo o alumnado e profesororado que participou, con tanto entusiasmo, nese traballo, e a Carmen por condensar, no seu momento, esa historia para a revista EDUGA (en colaboracion con Julián e Chus) e , hoxe, por verbalizala ante tantos compañeiros como exemplo de boas prácticas docentes.
HORA DE LER
26ª SEMANA [2ª SESIÓN]
Que podería pasar si...?
Como sería a literatura universal de non ser por este fidalgo tolo polas letras tan ben pintado por Albert Asensio!
Unha mostra da súa pegada: esta antoloxía de microrrelatos; e o primeiro capítulo desta primeira gran novela moderna, traducido ao galego por Valentín Arias López.
Obradoiro de intervención socioeducativa, enfocado na cocaína, a cargo de Juan Carlos Prados, psicólogo da Unidade de Prevención de Condutas Aditivas do Concello de Betanzos.
- 4º B, de 9:35 a 10:25
- 4ºC, de 10:25 a 11:15
- 4ºD de 12:35 ás 13:25
O vindeiro 19 de abril o grupo de 1º E de Bacharelato asistirá a un obradoiro de escrita creativa, organizada polo Departamento de Dinamización Lingüística.
Obradoiro de intervención socioeducativa, enfocado nas drogas sintéticas no caso de 3ºD, sobre afectividade sexual, no caso de 3ºE sobre cocaína no caso de 4ºA, a cargo de Juan Carlos Prados, psicólogo da Unidade de Prevención de Condutas Aditivas do Concello de Betanzos.
- 3ºD, de 9:34 a 10:25
- 3ºE, de 10:40 a 11:30
- 4ºA de 12:35 ás 13:25
O día 21 de abril é a quenda de 1º D de Bacharelato: asistirán a un obradoiro de escrita narrativa, organizado polo Departamento de Dinamización Lingüística.