Eventos - Filtro:
Mér | ||
---|---|---|
Start: 02/12/2020 11:13
A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez organiza un concurso artístico-literario.
Todos os alumnos que desexen participar farán unha ilustración relativa a un dos doce meses do ano. A ilustración levará un pé de imaxe cun pequeno texto en galego referido ao mes elexido. A disposición da páxina será horizontal.
Os traballos orixinais serán entregados aos profesores de Educación Plástica e Visual ou na Secretaría antes do mércores 16 de decembro.
Os doce mellores traballos elexidos servirán para compoñer un Calendario Aguiar para o próximo ano 2021. |