22
Start: 22/10/2018 07:45
O departamento de Educación Fisica promove unha actividade de descubremento da natureza próxima, de convivencia e de coñecemento do propio corpo. Trátase dunha rota de sendeirismo que se desenvolverá no Monte do Gato no Concello de Coiros.
O luns 22 de outubro será o alumnado de 2º da ESO A e B quen disfrute da experiencia tras ser aprazada por mor da choiva o pasado luns 15
Acompañan ao alumnado José A. Valverde Morán, Pilar Vázquez Febrero e José Luis Gorrochategui Santos.
Start: 22/10/2018 11:35
|
Obradoiro de Educación Afectivo sexual para 4º da ESO ofrecido polo
Comité AntiSida da Coruña (CASCO).
De 12:35 a 14:15
Nesta primeira sesión tratarase o tema da:
DIVERSIDADE AFECTIVO SEXUAL
|
Start: 22/10/2018 11:35
ESO 1º A Luns 12:35 a 14:15
Actividade de dúas sesións-clase organizada polo Departamento de Educación Física. Suxeita á meteoroloxía e mareas.
É imprescindible levar bañador, camiseta, toalla,chanclas e unha muda para cambiarse.
Aínda que todo o alumnado terá un chaleco salva-vidas á hora de montar na piragua de tipo involcable, é interesante saber de antemán se o alumno/a sabe nadar. Cómpre avisar ao profesor/monitor.
Acompañan ao alumnado participante o profesor de educación física José Permuy Fraga e un monitor do Clube de Piragüismo Ría de Betanzos.
Lembrar ao alumnado que, na piragua non deben levar obxectos de valor que poidan caer ao auga e logo ser imposibles de recuperar, coma teléfonos móviles, etc.
Non é obrigatoria, pero o alumnado que non asista a ela tén a obriga de asistir ás clases no centro de xeito habitual.
Preme na imaxe por se o alumno/a perdese a autorización e desexase volver a descargar o modelo.
| 23
Start: 23/10/2018 10:45
Charla destinada ao alumnado de 1º de Bacharelato, apróx dunha hora de duración de 11:45 a 12:45
maría dolores faraldo botana
|
antolín sánchez presedo
|
carlos fernando branco parga
|
Deputada do PP pola provincia da Coruña na IX lexislatura, causou baixa o 9 de xullo de 2014.
Naceu en Betanzos (A Coruña) o 29 de marzo de 1959. Licenciouse en Medicina. É funcionaria da Administración xeral da Xunta de Galicia.
Militante do Partido Popular, do que foi secretaria de Organización na provincia da Coruña. Saíu elixida concelleira da Corporación Municipal de Betanzos nas eleccións locais de 1991, 1995, 1999 e 2003. Nos seguintes comicios municipais, os de 2007, accedeu á Alcaldía do Consistorio desta localidade. En 2011 foi vicepresidenta da Deputación Provincial da Coruña, e renunciou un ano máis tarde ao obter a acta de deputada no Parlamento de Galicia. Tamén ocupou os cargos de directora do Servizo Galego de Saúde e do Instituto Social da Mariña.
Na súa actividade parlamentaria pertenceu ás comisións de Educación e Cultura, de Relacións co Consello de Contas e de Control da Compañía da RTVG.
|
Deputado do PSdeG pola provincia da Coruña na I lexislatura, dende o 8 de febreiro de 1983, en substitución de Anxo Teixeiro Piñeiro, e na II, III e IV.
Naceu en Betanzos (A Coruña) o 5 de abril de 1955. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, exerce de avogado.
Militante do PSOE dende 1977, foi elixido concelleiro de Betanzos por este partido nas primeiras eleccións municipais en democracia, en 1979, e catro anos despois, asume o cargo de alcalde. Dentro do partido, no ano 1985, elixírono secretario xeral ata 1994. Entrou no goberno da Xunta como conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas, posto no que se mantivo dende 1987 ata 1990. Foi candidato á Presidencia da Xunta en 1983, pero non conseguiu bos resultados electorais e abandonou a primeira liña da política ata 2004, en que se presentou nas listas socialistas ó Parlamento Europeo; saíu elixido e renovou o escano para o período 2009-2014.
Na súa traxectoria no Parlamento, durante a I lexislatura, foi vogal da Comisión do Regulamento; e da Deputación Permanente. Na II lexislatura, vogal das comisións Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior; e do Regulamento; membro da Deputación Permanente e voceiro suplente do seu grupo. Na III lexislatura, formou parte como vogal da Comisión Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior; foi membro da Deputación Permanente e voceiro do seu grupo. Na IV lexislatura, foi vogal das comisións Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior; e do Regulamento, así como membro da Deputación Permanente. |
Deputado do BNG pola provincia da Coruña en dúas lexislaturas, na VII e na VIII; nesta última, substituíu a Anxo Manuel Quintana González a partir do 13 de setembro de 2011. Naceu nas Pontes (A Coruña) o 14 de xuño 1957. Sindicalista de Endesa. É membro do BNG desde 1995. Delegado sindical da CIG, desempeñou diversas funcións neste sindicato, entre elas, a de responsable de política industrial na Executiva Nacional da Federación de Químicas e Enerxía; representante no Plan de dinamización económica e industrial das Pontes e membro do Consello Confederal. No BNG, pertenceu ao Consello Local, ao Consello Comarcal de Ferrolterra e ao Consello Nacional. Na VII lexislatura foi portavoz na Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo; e secretario na Mesa da Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego e, na VIII lexislatura, foi portavoz da Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo. |
Start: 23/10/2018 15:20
|
Charla para 2º da ESO sobre Comunicación Emocional organizada polo Concello de Betanzos.
ESO 2º A 16:20 a 17:10
ESO 2º B 17:10 a 18:00
|
|
Start: 23/10/2018 15:20
ESO 1º C Martes 16:20 a 18:00
Actividade de dúas sesións-clase organizada polo Departamento de Educación Física. Suxeita á meteoroloxía e mareas.
É imprescindible levar bañador, camiseta, toalla,chanclas e unha muda para cambiarse.
Aínda que todo o alumnado terá un chaleco salva-vidas á hora de montar na piragua de tipo involcable, é interesante saber de antemán se o alumno/a sabe nadar. Cómpre avisar ao profesor/monitor.
Acompañan ao alumnado participante o profesor de educación física José Permuy Fraga e un monitor do Clube de Piragüismo Ría de Betanzos.
Lembrar ao alumnado que, na piragua non deben levar obxectos de valor que poidan caer ao auga e logo ser imposibles de recuperar, coma teléfonos móviles, etc.
Non é obrigatoria, pero o alumnado que non asista a ela tén a obriga de asistir ás clases no centro de xeito habitual.
| 24
Start: 24/10/2018 11:35
|
Obradoiro de Educación Afectivo sexual para 4º da ESO ofrecido polo
Comité AntiSida da Coruña (CASCO).
De 12:35 a 14:15
Nesta primeira sesión tratarase o tema da:
DIVERSIDADE AFECTIVO SEXUAL
|
| 25
Start: 24/10/2018 15:30
End: 25/10/2018 17:30
Start: 25/10/2018 08:35
|
Dentro do Plan Director para a mellora da convivencia nos centros escolares para 4º ESO. De 9:35 a 10:25
|
Start: 25/10/2018 09:20
|
Charla para 2º da ESO sobre a Prevención de Drogodependencias: prevención do consumo de cannabis organizada polo Concello de Betanzos.
ESO 2º A 10:40 a 11:30
ESO 2º B 11:30 a 12:20
|
|
Start: 25/10/2018 11:35
|
Obradoiro de Educación Afectivo sexual para 4º da ESO ofrecido polo
Comité AntiSida da Coruña (CASCO).
De 12:35 a 14:15
Nesta primeira sesión tratarase o tema da:
DIVERSIDADE AFECTIVO SEXUAL
|
| 26
Start: 26/10/2018 11:35
|
Obradoiro de Educación Afectivo sexual para 4º da ESO ofrecido polo
Comité AntiSida da Coruña (CASCO).
De 12:35 a 14:15
Nesta primeira sesión tratarase o tema da:
DIVERSIDADE AFECTIVO SEXUAL
|
| 27
| 28
|