Iniciación ao piragüismo para 1º ESO A
ESO 1º A Luns 12:35 a 14:15
Actividade de dúas sesións-clase organizada polo Departamento de Educación Física. Suxeita á meteoroloxía e mareas.
É imprescindible levar bañador, camiseta, toalla,chanclas e unha muda para cambiarse.
Aínda que todo o alumnado terá un chaleco salva-vidas á hora de montar na piragua de tipo involcable, é interesante saber de antemán se o alumno/a sabe nadar. Cómpre avisar ao profesor/monitor.
Acompañan ao alumnado participante o profesor de educación física José Permuy Fraga e un monitor do Clube de Piragüismo Ría de Betanzos.
Lembrar ao alumnado que, na piragua non deben levar obxectos de valor que poidan caer ao auga e logo ser imposibles de recuperar, coma teléfonos móviles, etc.
Non é obrigatoria, pero o alumnado que non asista a ela tén a obriga de asistir ás clases no centro de xeito habitual.
Preme na imaxe por se o alumno/a perdese a autorización e desexase volver a descargar o modelo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
SAÍDA 1º ESOA PIRAGüISMO EN BETANZOS.pdf | 192.6 KB |