Eventos
Lun | ||||
---|---|---|---|---|
Start: 22/10/2018 07:45
O departamento de Educación Fisica promove unha actividade de descubremento da natureza próxima, de convivencia e de coñecemento do propio corpo. Trátase dunha rota de sendeirismo que se desenvolverá no Monte do Gato no Concello de Coiros.
O luns 22 de outubro será o alumnado de 2º da ESO A e B quen disfrute da experiencia tras ser aprazada por mor da choiva o pasado luns 15 Acompañan ao alumnado José A. Valverde Morán, Pilar Vázquez Febrero e José Luis Gorrochategui Santos.
Start: 22/10/2018 11:35
ESO 1º A Luns 12:35 a 14:15
Actividade de dúas sesións-clase organizada polo Departamento de Educación Física. Suxeita á meteoroloxía e mareas. É imprescindible levar bañador, camiseta, toalla,chanclas e unha muda para cambiarse. Aínda que todo o alumnado terá un chaleco salva-vidas á hora de montar na piragua de tipo involcable, é interesante saber de antemán se o alumno/a sabe nadar. Cómpre avisar ao profesor/monitor. Acompañan ao alumnado participante o profesor de educación física José Permuy Fraga e un monitor do Clube de Piragüismo Ría de Betanzos. Lembrar ao alumnado que, na piragua non deben levar obxectos de valor que poidan caer ao auga e logo ser imposibles de recuperar, coma teléfonos móviles, etc. Non é obrigatoria, pero o alumnado que non asista a ela tén a obriga de asistir ás clases no centro de xeito habitual. Preme na imaxe por se o alumno/a perdese a autorización e desexase volver a descargar o modelo. Start: 22/10/2018 11:35
|