Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
15
all day
Do 10 ao 16 de outubro o Departamento de Inglés organiza unha viaxe a Londres con alumnos/as de 4º da ESO. Acompañan ao alumnado Elvira Charlín, Ana Ruíz, Ana Vicos e José Antonio Varela.
| 16
Start: 10/10/2018 05:01
End: 16/10/2018 21:01
Do 10 ao 16 de outubro o Departamento de Inglés organiza unha viaxe a Londres con alumnos/as de 4º da ESO. Acompañan ao alumnado Elvira Charlín, Ana Ruíz, Ana Vicos e José Antonio Varela.
| 17
Start: 17/10/2018 07:45
O departamento de Educación Fisica promove unha actividade de descubremento da natureza próxima, de convivencia e de coñecemento do propio corpo. Trátase dunha rota de sendeirismo que se desenvolverá no Monte do Gato no Concello de Coiros.
O luns 15 de outubro será o alumnado de 2º da ESO A e B quen disfrute da exeriencia. Despois, o mércores 17 lle tocará o truno ao alumnado dos grupos C e D de 2º da ESO. Acompañan ao alumnado José A. Valverde Morán, Marta Penalonga Chao e José Permuy Fraga. Preme na imaxe por se o alumno/a perdese a autorización e desexase volver a descargar o modelo.
| 18
Start: 18/10/2018 09:40
ESO 1º D Xoves 10:40 a 12:20
Actividade de dúas sesións-clase organizada polo Departamento de Educación Física. Suxeita á meteoroloxía e mareas. É imprescindible levar bañador, camiseta, toalla,chanclas e unha muda para cambiarse. Aínda que todo o alumnado terá un chaleco salva-vidas á hora de montar na piragua de tipo involcable, é interesante saber de antemán se o alumno/a sabe nadar. Cómpre avisar ao profesor/monitor. Acompañan ao alumnado participante o profesor de educación física José Permuy Fraga e un monitor do Clube de Piragüismo Ría de Betanzos. Lembrar ao alumnado que, na piragua non deben levar obxectos de valor que poidan caer ao auga e logo ser imposibles de recuperar, coma teléfonos móviles, etc. Non é obrigatoria, pero o alumnado que non asista a ela tén a obriga de asistir ás clases no centro de xeito habitual.
Start: 18/10/2018 10:00
O alumnado de 1º de Bacharelato asistirá as 11:00 a representación teatral Eroski Paraíso da compañia Chévere Teatro. Organizado polo Departamento de Galego e o ENL (equipo de normalización lingüística) do centro.
Eroski Paraíso é un proxecto escénico construído sobre a promesa dun paraíso social feita por un Estado de Benestar que agora se desmorona. O paraíso prometido era en realidade un gran hipermercado. Este é o retrato dunha xeración que tivo todo ao alcance da man e andou pola vida como se andase polo corredor dun supermercado, sometida ás mesmas técnicas de márketing que se usan para influir nas decisións de compra. Start: 18/10/2018 16:30
Convócase aos pais/nais/titores do alumnado de 3º/4º da ESO e 1º/2º de BAC a unha reunión informativa cos titores dos grupos de alumnos o día 18 de outubro de 2018 nos horarios: Excepcionalmente 3º ESO D convoca á reunión o mércores 17 ás 16:30
Na reunión informarase acerca do Sixa Familias, das normas de organización e funcionamento do centro, dos diferentes protocolos de actuación en caso de indisposición dalgún alumno/a, etc.
| 19
Start: 19/10/2018 11:35
ESO 1º B Venres 12:35 a 14:15 Actividade de dúas sesións-clase organizada polo Departamento de Educación Física. Suxeita á meteoroloxía e mareas. É imprescindible levar bañador, camiseta, toalla,chanclas e unha muda para cambiarse. Aínda que todo o alumnado terá un chaleco salva-vidas á hora de montar na piragua de tipo involcable, é interesante saber de antemán se o alumno/a sabe nadar. Cómpre avisar ao profesor/monitor. Acompañan ao alumnado participante o profesor de educación física José Permuy Fraga e un monitor do Clube de Piragüismo Ría de Betanzos. Lembrar ao alumnado que, na piragua non deben levar obxectos de valor que poidan caer ao auga e logo ser imposibles de recuperar, coma teléfonos móviles, etc. Non é obrigatoria, pero o alumnado que non asista a ela tén a obriga de asistir ás clases no centro de xeito habitual.
| 20
| 21
|