Eventos
Mar | ||||
---|---|---|---|---|
A libraría Biblos dende o 5 ata o 30 de setembro, organiza unha mostra fotográfica titulada "O Pasatempo: patrimonio en perigo" con imaxes tomadas poloo alumnado de 3º da ESO titorado polo incansable José Manuel Rey Bao do Departamento de Educación Plástica e Visual. Quedades todos convidados a visitala.
Na sala de exposicións Jesús Núñez do edificio Liceo, do 10 ao 28 de setembro, expoñeranse fotografías baixo título xenérico de "Rúas doentes". Son traballos orixinais do alumnado de 3º da ESO titorados por José Manuel Rey Bao do Departamento de Educación Plástica e Visual. O horario da mostra será de 10:00 h a 14:00 h e de 18:00 h a 20:00 h os días laborables e de 11:30 h a 14:00 h os sábados.
Viaxe cultural para alumnado de 2º de Bacharelato organizada por D. José A. Varela do 14 ao 19 de Setembro de 2018.
Na xornada de presentación do alumnado de Ensino Secundario Obrigatorio (ESO) haberá servizo de transporte escolar. Está previsto que os autobuses recollan ao alumnado nas paradas asignadas a cada quen co tempo suficiente para que poidan estar todos os cursos ás 11.30. Ao remate da xornada os mesmos autobuses sairán do Instituto ás 13,30 |