Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Taboleiro

Presentación da escola de enxeñeiros INSA de Lyon

O pasado día 26 de xaneiro os  alumnos de 2º de bacharelato asistiron á presentación da escola INSA de Lyon (Francia) sobre estudos de enxeñería e saídas profesionais.

Un alumno e un profesor participan nunha reportaxe de V Tv en torno ao uso do móbil

Fai unhas datas un equipo de V Televisión Galicia entrevistou  ao alumno D. Guillermo Alonso-Jáudenes e ao profesor D. Luis Rodríguez González co gallo do uso do móbil nos centros académicos. Para ver a reportaxe fai clic na fotografía.


 

Os alumnos de 1ºESO D disfrutan o seu premio do Nadal

 

 

Os alumnos de 1ºESO D disfrutaron dun bo chocolate con churros como premio do pasado concurso navideño. Fai clic na foto para ver a celebración.

(fotos: Isabel Ruso)

Patinando sobre xeo, 2017

 

O Departamento de Educación Física organizou a actividade extraescolar   "Patinando sobre o xeo ". Nela participaron os alumnos de 1º, 2, e 3º da ESO.

Disfrutaron moito da actividade e, para corroboralo, engadimos un pequeno vídeo. 

(texto e video de Alfredo Haz)
Actualización: Engadimos tamén unha foto dos alumnos de  2º ESO A e B.
(autor : Baldomero Carballada)


 

Os alumnos de 2ºESO D disfrutan o seu premio do Nadal

Os alumnos de 2 D disfrutaron dun bo chocolate con churros como premio do concurso navideño de decoración das aulas.

(Texto e fotografía de Teresa Fraga)


 

Convocada a XII edición do Premio Literarios Rita Suárez Amado

Coa publicación das bases, facemos un chamamento á comunidade educativa para que as espallen entre o alumnado. A XII edición do Concurso Literario Rita Suárez Amado celebrarase no vindeiro mes de marzo, pero os traballos haberá que entregalos antes. 

Fai clic na imaxe para ter acceso ás bases.


 

O instituto Eusebio segundo Alba e Valentina

O curso pasado, e coma un traballo dentro da materia de TIC en 4º da ESO, as alumnas Alba Fernández e Valentina Sánchez, presentaron este video feito completamente por elas.

 

 

Prácticas de Bioloxía dos alumnos de primeiro de Bacharelato

Práctica de Observación da célula animal e vexetal, realizada o día 20 de decembro no laboratorio de Bioloxía do centro cos alumnos de 1º de Bacharelato A, coa profesora Alexia García, axudada por Alba Monteagudo e Catalina Romero.

Foto do grupo de 1º de Bacharelato A realizando a práctica.

Foto realizada por Lucía Yañez co seu móbil, da visión ó microscopio da preparación feita por eles das células da epiderme de cebola.

(Texto: Catalina Romero)

 

Unha alumna do Eusebio, premiada no VI concurso de viñetas

A Concellería de Xustiza Social e Coidados do Concello de A Coruña ven de comunicou que o xurado da VI Edición do concurso de Viñetas "Sen adiccións... un bo plan"  fallou como gañadora da Categoria 1 a viñeta presentada por Laura Villa Latas, alumna do IES P. Eusebio da Guarda. Dase a circunstancia de que houbo 420 participantes nesta edición de Viñetas.

A entrega dos premios levouse a cabo no Concello, na Praza de María Pita o día 20 de decembro ás 12:00 horas.

Parabéns!

 

(Texto: María Sande Vidal)


 

Video postal navideña para os amigos de Fontenilles

Aproveitando o descanso navideño e lembrando aos nosos amigos de Fontenilles, un grupo de alumnos de Francés grabaron este video para desexarlles o mellor cara ao vindeiro 2017, propósito que se fai extensible a toda a comunidade entorno ao noso instituto.

Meilleurs voeux pour 2017! 


 

Gañadores do concurso de tarxetas de felicitación

 

Postal gañadora: Laura Villa Latas. 1º ESO

 

Postal máis orixinal: Sara Oanes Romero. 1º ESO

Accésit: Paula Fiaño Villasenín. 2º ESO

Accésit: Nuria Hermida Rodríguez. 1º ESO

Accésit: Jorge Simón Cardelle. 1º ESO

Accésit: Carolina Sanmartín Pérez. 4º ESO

Gracias a todos os participantes. Bo Nadal!


 

Visita de 2º Bacharelato á Feira das Universidades

O 15 de decembro o alumnado de segundo de bacharelato, acompañado polos seus titores e a coordinadora, tivo a oportunidade de visitar UNITOUR, o Salón de Orientación Universitaria.

Este evento, do que xa se veñen celebradas dez edicións, é unha grande oportunidade para os alumnos, e tamén os pais, de achegarse ás distintas opcións de futuro universitario no noso país, da man dos representantes desas institucións.

Antes de partir ao evento, posaron nunha foto para o recordo:

Unha alumna gaña un premio 'Muralla de Lugo'

A alumna Marta Rodríguez Cobo ven de disfrutar dunha viaxe a París como parte do premio que gañara polo seu debuxo no certame "Premios Muralla de Lugo". O diario El Progreso de Lugo, como anfitrión do concurso, publicou unha reseña que podedes ver facendo clic aquí. Parabéns!

 


Dúas finalistas no concurso "Vive la energía" de Repsol

Dúas alumnas de segundo de bacharelato do Eusebio resultaron finalistas no concurso fotográfico "Vive la energía" que a fundación Repsol, en colaboración co MUNCYT convocou este mes de novembro.

As alumnas, Sara Gallardo de Artaza e Laura Míguez Garrido, defenderon o seu traballo de xeito que foi recoñecido polos organizadores. As súas fotos sairán publicadas no almanaque do 2017 que a compañía petrolífera editará. Parabéns!

 

 (Fotos e texto de Teresa Fraga)

XVII Concurso Hispanoamericano de Ortografía

O pasado 27 de outubro celebramos no Eusebio a fase de centro do XVII Concurso Hispanoamericano de Ortografía, na que participaron 30 alumnos de 2º de Bacharelato. O gañador, Ángel del Canto Facio, representou ao centro na fase autonómica, onde quedou SEGUNDO e suplente para representar a nosa Comunidade na competición nacional no caso de que o gañador non poida asistir. Parabéns Ángel e gracias a todo o alumnado que participou na fase de Centro.

 

Charo Vázquez Mourín


 

Dúas alumnas do Eusebio premiadas nun concurso do Hospital Materno Infantil

 

O pasado xoves día 17 de novembro, dúas alumnas de 1º D, Lía Cañás Cortés e Laura Villa Latas, gañadoras do concurso de debuxo do día do prematuro, acudiron a recibir o seu premio ao Hospital Materno Infantil onde foron recibidas estupendamente por todo o equipo de neonatoloxía. Alí disfrutaron dun día diferente. Parabéns!

 

 

(Texto e fotos: Teresa Fraga

Entrega da recadación do Maratón de Lectura 2016 á Cocina Económica

Foto: M. José M. Girón (coordinadora da actividade), Alberto Martí (presidente da Cocina Económica), Isabel Ruso (directora) e as representantes do alumnado no Consello Escolar, Lucia Aymerich e Mónica Gestal.

O pasado xoves fíxose entrega ao presidente da Cocina Económica D. Alberto Martí do diñeiro recadado no Maratón de Lectura, actividade que foi coordinada pola profesora Dña. M. José Martínez Girón.

 


 

África contada

Onte, día 11 de novembro, conmemorábase o día das librarías. Con tal motivo o departamento de francés quixo render tributo a este acontecemento e invitou a Samuel Mountoumnjou para que lles contara historias aos nosos alumnos. 

Este contacontos, de orixe camerunés, aínda que vive en España dende hai algúns anos, adícase tamén ao ensino. Nestes intres atópase en Galicia facendo unha xira por centros culturais e institutos propagando a literatura oral africana, na que el foi educado.  

Faise rapidamente co público e, en especial, cos rapaces dende que sae á escena ataviado coas roupas típicas do seu país e acompañado por diversos obxectos que servirán de ilustración para a compresión dos seus contos.

O venres deleitounos cun primeiro conto “L’éléphant qui perdit son oeil”  adaptado dunha fábula de orixe camerunesa, para pasar despois a un conto etíope “C’est qui le roi?

 

Os alumnos axudábano no seu labor, colaborando na interpretación das distintas personaxes. Axiña se conseguiu un nivel alto de complicidade co público asistente. Temos que dicir que pasamos un bo rato no día da conmemoración do Armisticio de 1918 que marca o final dos combates da primeira guerra mundial, día festivo en Francia. Pasámosvos algunhas fotos tomadas durante o acto.

 

(Estas fotos e outras poden verse facendo clic aquí)


 

Distribuir contido


by Dr. Radut